Dom, 12 Mai 2019, 20:39
Asunto: Re: VI Circuito de Carreiras Correndo pola Costa da Morte 2019
A min xa me parecía que, polo visto na web, ía ser unha soa volta. Circuito moi ben descrito por Kurty: primeiros 4 picando para abaixo (algo menos o terceiro). Logo sube baixa do 5 ó 7, e de ahí hasta a meta desfacer o baixado.
Calor facía abondo: sorte que a min,sen excesos,me gusta. E a maiores do avitu pasado o km 5, a min ofreceume auga un dos voluntarios de protección civil entre o 7 e o 8 creo lembrar (eu ía bastante adiante e igual logo quedou sen elas).
Referente á organización moi ben todo coma nas 2 carreiras precedentes do circuito pero....... eu "quedei" sen camiseta
Resulta que se me pegaron as sábanas e cheguei sobre as 11:10 (a saída do 10k era ás 12) e cando fun recollela xa non quedaban tallas de adulto
E non fun o único.... A explicación que daban era que os cativos que correran primeiro levaran as tallas dos adultos, pero se estamos inscritos no circuito e confirmamos asistencia á carreira,por algo será non??
Ó final apañei unha para os meus sobriños.
En fin,haberá que madrugar mais na próxima
Abur meus