Dom, 12 Mai 2019, 22:02
Asunto: Sorteo 2 dorsais Cross Cabo Udra (16/06): PECHADO
IV CROSS POPULAR - CABO UDRA
Domingo 16 de xuño de 2019
Que se sortea?
1 dorsal feminino e 1 dorsal masculino
i) É imprescindible indicar se se opta ao dorsal masculino ou feminino para que a mensaxe se teña en conta.
ii) A distancia será escollida pola persoa gañadora despois do sorteo (entre 4k e 10k).
Requisitos para poder participar:
Punto 4 do regulamento
Como participar?
Explícase no regulamento
REGULAMENTO
1. Os dorsais que se están a sortear foron doados amablemente polos organizadores da carreira:
Lugar: Beluso - Bueu, domingo 16 de xuño de 2019.
Web da carreira: crosscaboudra.com
Enlace ao calendario: http://www.correrengalicia.org/...
Enlace ao foro: http://www.correrengalicia.org/...
2. A promoción do sorteo realizarase na páxina web
www.correrengalicia.org e nas súas redes sociais.
IMPORTANTE: ampliouse o prazo de participación ata o 23/05/2019
3. O prazo para participar no sorteo será dende o 13/05/2019 ao 23/05/2019, ámbolos dous incluídos. Hora de finalización: 23:59 horas de dito xoves 23/05/2019. Na medida do posible intentaremos que os sorteos se organicen e se resolvan con antelación suficiente para que, no caso de non resultar agraciado, ter a oportunidade de inscribirse na carreira por conta propia e en prazo de coste normal.
4. Unicamente poderán participar no sorteo os usuarios que cumpran os seguintes requisitos:
i) Estar rexistrados en
www.correrengalicia.org antes do inicio do prazo para participar neste sorteo.
ii)
Estar dado de alta no Circuíto 2018-19 e ter o mesmo nick no foro e no circuíto antes do inicio do prazo para participar neste sorteo.
iii) Ter
algún punto na clasificación do Circuíto 2018/19 antes do inicio do prazo para participar neste sorteo (é dicir, non ter cero puntos)
ou, no seu defecto,
ter unha puntuación de polo menos 1000 puntos nalgún dos circuítos 2015/16, 2016/17 ou 2017/18.
iv)
Cumplir o punto 5 do regulamento, en referencia ao contido da mensaxe.
Os colaboradores de Correr en Galicia tamén poderán participar no sorteo, sempre e cando cumpran os requisitos anteriormente indicados.
5. Abrirase un fío para o sorteo da carreira en
www.correrengalicia.org (que é este mesmo), onde
as persoas participantes deberán escribir unha mensaxe cumprindo sempre os dous seguintes requisitos:
-Indicar de forma explícita o seu desexo de participar no sorteo.
-Comentar a súa experiencia previa na carreira (en caso de ter participado nalgunha edición anterior) ou explicar por que lles gustaría ir.
Non se aceptarán comentarios groseros ou con insultos. Estas mensaxes non serán tidos en conta como válidos para o sorteo, serán borrados do fío e a persoa autora dos mesmos será vetada para participar neste ou noutros sorteos que se realicen no futuro.
6. As persoas participantes poderán responder no período de tempo habilitado (do 13/05/2019 ao 23/05/2019). Non se terán en conta os comentarios fóra dese período e soamente se contabilizará un comentario por persoa (é dicir, pódese escribir no fío máis dunha vez pero isto non aumentará as posibilidades). Se non hai comentarios, o sorteo quedará deserto.
7. As persoas gañadoras serán seleccionadas de forma aleatoria e se publicará no propio fío ao día seguinte da finalización do sorteo. No punto 9 establécense as canles de comunicación coa persoa agraciada. Cando non se puidese contactar con dita persoa no prazo de 48 horas ou se reuniciara ao premio polo motivo que fose, publicarase o nome da persoa suplente seguindo por orde estricto un listado de suplentes obtido da mesma forma que se seleccionan aos gañadores. Novamente, contactarase con estas persoas a través dos medios establecidos.
8. Premio: o premio consiste na inscrición gratuíta á carreira. O premio será persoal e intransferible e non poderá canxearse por ningún outro elemento, nin efectivo nin especie.
A PERSOA GAÑADORA COMPROMÉTESE A NON CEDELO A UNHA TERCEIRA PERSOA.
Polo todo isto, as persoas xa inscritas na carreira non poderán participar no sorteo. Dado que nin poden ceder o dorsal a outra persoa nin se lles devolverá o importe da súa inscrición.
9. A publicación das persoas gañadoras, facendo mención ao seu nickname de Correr en Galicia, será realizada no propio fío do sorteo e, de ser posible, tamén nas redes sociais de
www.correrengalicia.org. Nesa mesma mensaxe no fío, explicarase o proceso para o envío dos datos. É responsablidade de toda persoa participante entrar no fío do sorteo nas 48 horas seguintes á finalización do sorteo. En caso de non ter resposta nestas 48 horas, o dorsal pasará ao primeiro suplente.
10. Confiamos na vosa boa vontade, se sodes premiados cun dorsal e non podedes asistir á carreira por calquer motivo de forza maior (lesión, enfermidade, familiar, ...) contactade con nós o antes posible para poder transferir ese dorsal a outra persoa.
Non se controlará a non asistencia á carreira nin se dito dorsal foi cedido a outra persoa para que usase, pero se esta información chega a algún dos colaboradores do circuíto e compróbase que así foi, esta persoa participante será amonestada e sancionada. A primeira amonestación conlevará a suspensión da participación temporal nos sorteos durante un mes. No caso de reincidir en trampas, a suspensión estenderase a toda a tempada 2018-19.
Última edición por O_Circuito o Dom, 26 Mai 2019, 23:42; editado 2 veces