Dom, 26 Mai 2019, 14:23
Asunto: Re: VI Circuito de Carreiras Correndo pola Costa da Morte 2019
Outra carreira máis deste duro circuito, onte a calor ainda a fixo máis dura do que xa é de por sí.
Eu sigo na miña situación decadente cando hai moita calor (unha constante a partir de agora), xa me pasou en Mazaricos e onte en Dumbría.
Eu xa non me acordaba da dura subida que hai entre o Km1 e pico e o 2'4, (ainda que temos un pequeno descansiño duns 200 mts. cando cruzamos a estrada xeral); hai moitas costas que se fan duras, pero esta na 2ª volta fixo estragos, con varios corredores andando, a min parecíame que si me puxera a andar ia avanzar máis.
Eu como o estaba pasandoo mal, antes de rematar a 1ª volta decidín baixar o ritmo, xa que non ia nada cómodo, polo que pouco a pouco din rematada a carreira, sorprendido ao ver os resultados de que só fixen a 2ª volta 25 segundos máis lenta que a 1ª, e que recuperei 5 postos.
Próxima parada do circuito en 6 días en Zas, e cunhas previsións a día de hoxe de moita calor.