Dom, 16 Xuñ 2019, 10:58
Asunto: Re: OS 21 DO CAMIÑO - VII EDICIÓN - PALAS-MELIDE - 15/06/
Pois unha nova edición desta magnífica carreira a 6ª de 7 edicións, onte chegamos con moita antelación a Melide, e foi montar no autobus e arrancar para Palas, alí charleta con gran cantidade de coñecidos, breve quezemento e para a saida, máis ou menos pola metade. Foi un día climatoloxicamente fabuloso para correr, nada de calor e nen pizca de vento.
Dous primeiros Kms. moi atrancados polo gran nº de corredores, pero non importa, esta carreira é moi longa e non hai que gastar de máis ó principio.
Fun moi cómodo ata chegar a primeira subida dura, a do 8, quedei un pouco atrancado nesas rampas, pero en canto collemos terreno favorable recuperei as sensacións.
Xa nos estamos acercando a temible subida do km.11, así que en canto comenzamos, decido agochar a cabeza e tirar para adiante, neste tramo alguns corredores andando i eu adiantando a un total de 28 neste quilometro e medio de subida.
Agora veñen uns Kms. con boas baixadas e algunhas subidas, pero os 4 derradeiros Kms. pódense facer duros cas subidas do polígono e a final de acceso a Melide.
Levando moi ben do 17 ó 20, pero o km. final fixóxeme bastante longo, rematando moi contento, xa que fixen unha carreira en xeral de menos a máis e sorprendido co posto, de 267, para 1h43'18" neto.
Despois gran avituallamento final, duchiña e a tomar un pulpo regado cunhas cerveziñas.
Esperemos para o ano seguir sendo da partida.