Foros ›
Autor
Mensaxe
Albergg

Maratoniano
Maratoniano
3/08/11
36 Carreiras
198 Mensaxes
Burela/Celeiro
Respostar citando Envío Lun, 15 Abr 2019, 9:45
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Moitas gracias tamén polos ánimos, foron de moita axuda. Dinme conta que eras ti no terceiro paso por Oza cando xa ía moi cascado.
Gracias de verdade.
VICTORALVAREZ

Experto no foro
Experto no foro
13/10/10
196 Carreiras
5440 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 15 Abr 2019, 11:13
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Muchas gracias por esos ánimos Suso Aplauso Aplauso

Me vinieron genial pues las estaba pasando putas Mr. Green

Todo un detalle acercarte hasta Coruña para animarnos. Crack!! Moi feliz
galaxian

Foreiro Senior
Foreiro Senior
30/11/15
121 Carreiras
425 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 16 Abr 2019, 15:11
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

sonsuso escribió:
MARATÓN VIG-BAY

Novo sub3h, pero un maratón moi complicado. Moi contento polo resultado, pois sabía que non ía ser fácil conseguilo, pero sobre todo por como xestionei a segunda parte da carreira. Tiven que parar dúas veces para estirar o xemelgo (km 21 e km 27), e case se me sube varias veces máis. Aínda que ao final puiden ir coidándoo un pouco e facer 2h59'07". Polo que moito máis que contento. Disfrutei, si, pero con certo punto de preocupación por se non a podía rematar. Por sorte houbo final feliz!
....
Bestial Aplauso Aplauso Aplauso Aplauso
sonsuso

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
9/10/11
0 Carreiras
1338 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Sáb, 27 Abr 2019, 12:38
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Gracias por pasarte Doctor! Sorriso

Boas Albergg! Debo dicir que non me din conta de que eras ti Silbar Nada que agradecer, un luxo poder estar alí animando! Aplauso

A ti si que che puña cara Victor jejeje Para o ano a ver se son da partida tamén Guiño

Gracias Galaxian! O próximo espero que sexa máis tranquilo xD

------------------

Pouco que actualizar. Dúas semanas pasaron da última mensaxe e nin un só metro de carreira. Tampouco fixen nada de deporte. Tiña pensado descansar polo aquiles, pero de forma máis activa (bici, natación, ximnasio). A ver se podo comezar o luns.

O aquiles parece case recuperado, pero non o noto como o outro. Nótoo máis sensible ou fráxil.

A idea é estar dúas semanas facendo deporte pero non correr, para ver se así recupera ben, e logo volver pouco a pouco. Só quero curalo ben, dame igual esperar unha semana máis ou unha menos.
fema

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
4/08/05
0 Carreiras
1483 Mensaxes
Santiago do Burgo, Culleredo
Respostar citando Envío Mér, 15 Mai 2019, 19:41
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Espero Sonsuso, que vayas mejor. La verdad es que las molestias del Aquiles son las más puñeteras, porque el descanso tampoco es la solución, por lo menos en mi experiencia. A recuperar, Veñaaaaa. Por cierto, voy aprovechar tu descripción de la Carrera de las Letras que siempre quise correr, y espero poder hacerlo este Viernes. Está muy detallada
sonsuso

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
9/10/11
0 Carreiras
1338 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Lun, 17 Xuñ 2019, 18:58
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

fema escribió:
Espero Sonsuso, que vayas mejor. La verdad es que las molestias del Aquiles son las más puñeteras, porque el descanso tampoco es la solución, por lo menos en mi experiencia. A recuperar, Veñaaaaa. Por cierto, voy aprovechar tu descripción de la Carrera de las Letras que siempre quise correr, y espero poder hacerlo este Viernes. Está muy detallada

Grazas pola mensaxe Lema! Logo conto un pouquiño como vai o do aquiles que levo moito sen actualizar. Pero vai un pouco na liña que ti dis, o descanso non está sendo o mellor tampouco.

Sobre o da Carreira das Letras, alégrome de que a empregues! Xa vin nese fío que comentaches algunha cousa. Espero que fose ben a carreira! Creo que lin algo no fío os días despois, pero xa non me lembro Muro
sonsuso

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
9/10/11
0 Carreiras
1338 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Lun, 17 Xuñ 2019, 19:11
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Dez semanas despois da maratón VigBay decidín poñer as zapatillas, e non foi para outra cousa que para correr unha media maratón Mr. Green

Acéptase todo tipo de críticas, blasfemias ou ataques á miña persoa. Non só serán benvidos, senón que evidentemente, teredes toda a razón.

Durante estes máis de dous meses, o único exercicio que fixen foi:
(a) 30 minutos de bicicleta estática acompañados duns pequenos estiramentos.
(b) Trepar polos ríos e cascadas que hai na parte portuguesa do Xurés.
(c) Xogar cuns nenos na praia durante tres minutos.

O apartado (a) tivo lugar a comezos de maio. Feito pouco destacable. Ata fun ao ximnasio con ilusión.

O apartado (b) sucedeu a finais de maio. Algún chapuzón non desexado a causa da miña torpeza ao saltar de pedra en pedra.

O apartado (c) foi o que tivo máis complicacións: síndrome do piramidal. Foi hai dúas semanas. Parece que o corpo non levaba ben iso de estar dous meses completamente sedentario, que cando me quixen agachar... zas! Así, as últimas dúas semanas paseinas evitando estar sentado e dándolle á zona calor e estiramentos.

Polo tanto, dous meses que viñeron de marabilla para desconectar e volver a correr con ganas, dous meses que non serviron para curar ao 100% o aquiles (precisamente, por estar totalmente parado e non fortalezelo), e dous meses que remataron coa mellor non maratón do ano: Os 21 do Camiño.

Sei que é unha cafrada, pero apetecíame ir para pasar o día coa xente e disfrutar da festa. Así que grupiño cómodo co único obxectivo de non lesionarse. Foron 1h56'. O aquiles non se queixou en ningún momento, agás nas subidas. Alí non se queixaba, pero si se deixaba querer. Quen si se queixaron foron os isquios e os cuádriceps desde o km 16-17, ían moi moi xustiños e cargados.

O aquiles ningunha molestia nin o día seguinte nin hoxe luns, así que grandes novas.

Polo resto pouquiño máis. Copio o que puxen no fío da carreira, que se pode resumir nunha palabra: grazas!

sonsuso escribió:
Grazas grazas e grazas!

Un día espectacular! Grazas a todas e cada unha das persoas que nos regalades unha festa como a do sábado. Grazas ao AD Cerne, a todas as persoas que dende a organización ou fóra dela aportan o seu graniño ese día, e sobre todo, a esas persoas que traballan durante un ano enteiro para que poidamos vivir algo así. De verdade, o que tedes non ten prezo!

Se alguén quere saber o que é, que non lea ningunha crónica. Que vaia, que a viva, que a disfrute. É a única forma de saber o que é.

Noraboa polo que conseguíchedes! Aplauso

sonsuso

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
9/10/11
0 Carreiras
1338 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Sáb, 14 Set 2019, 19:04
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

As molestias continúan. Non sei se pola inactividade, por sobreesforzos do verán, ou por que; pero salvo a media maratón de Palas-Melide, totalmente parado dende a maratón da VigBay. Xa van máis de 5 meses. Pode que sexa a inactividade, quen sabe. Fixen tres pequenos intentos (o máis longo de 5 km) hai 10 días e seguen as molestias.

A partir de mañá comezarei só con natación, bici e exercicios para fortalecer a zona. Ademais dunha previsible visita ao fisio. Seguiremos informando!

Apertas e moito ánimo e sorte neste comezo de tempada! Aplauso

PD: estiven completamente desconectado dos diarios nestes meses. Teño deberes dabondo para as próximas semanas Guiño
Amina

Experto no foro
Experto no foro
1/09/14
0 Carreiras
3053 Mensaxes
La ciudad de las piruletas y nubes de colores
Respostar citando Envío Dom, 15 Set 2019, 6:02
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

sonsuso escribió:

A partir de mañá comezarei só con natación, bici e exercicios para fortalecer a zona. Ademais dunha previsible visita ao fisio. Seguiremos informando!

Lo del fisio me parece una muy buena idea Suso. Hacen magia, llegas cojeando y al día siguiente estás corriendo. Espero que no sea nada. Ánimo!
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3267 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Dom, 15 Set 2019, 17:56
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Moito ánimo Suso. Que che dean en coa raíz das molestias. A clave é atopar a alguén que che saiba escoitar ben o corpo. Eu despois de moitísimo tempo din por fin cunha fisioterapeuta que logrou ver toada a miña problemática en conxunto, que me fixo sair da lesión , que me dirixiu a un bo podólogo, e logrou que o meu piramidal dereito deixara de dar problemas. A ver se ti tes a mesma sorte ou mellor.
Botámoste de menos
sonsuso

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
9/10/11
0 Carreiras
1338 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Lun, 16 Dec 2019, 19:26
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

204 quilómetros nos últimos 8 meses (dende a Maratón Vig-Bay), 0 quilómetros nos 16 días previos á maratón, trote suave de 20 minutos o día antes a primeira hora da mañá, e para a saída da maratón Mr. Green

Resumindo: tarada máxima!

Recupero o diario indo ao grano, sobre todo porque moito máis non se pode contar. Dinlle moitos meses de descanso ao aquiles e daba sensación de estar completamente recuperado pero seguía deixándose querer. Creo que non tanto por seguir mal, senón por non fortalecer ben a zona e coidala como é debido (ando de bailoteos varios pola noite compostelá e claro, pasa o que pasa Molón ). Entón entre que sempre tendía a coidalo e non forzar, e outras veces non tiña tempo ou aparecían plans mellores, pois os días ían pasando e así me presentei na maratón.

Único obxectivo da maratón: rematar e disfrutala. Rematar implicaba saber controlar e xestionar como facer unha carreira nesta situación, e disfrutala ía de saber saborear todo o que implica a maratón máis alá do reloxo. O segundo tíñao fácil, non ía ser un problema. O primeiro dábame medo.

Aquí comeza o breve relato:

Cita:
Un enorme pracer ter podido facer a miña décima maratón ao lado de dous grandes compañeiros como son Papabaloo e Lete.

Cheguei o venres a Málaga, xa que aproveitei a ocasión para facer unha viaxe en familia. O sábado noite ceei cos compañeiros Papabaloo e Lete e, vendo que ían facer cada un deles, díxenlles que podía acompañalas o que o corpo me aguantase e así ir xuntos se lles parecía ben. Correría con Lete ata a media maratón, a ritmo de 3h10', e logo esperaría por Papabaloo para ir xuntos ata o final. Así foi.

Saída con Lete a ritmo constante (4'26"-4'30"/km). Notaba que as patas non ían soltas, pero moi cómodo, sobre todo de peito. Así fomos ata o quilómetro 22, pasando a media maratón en 1h35'25". Como faláramos, aí o deixei marchar, e comecei a trotar moi moi suave varios quilómetros. Parando incluso para ir ao baño, para beber ben, etc. Foi ao redor do quilómetro 30 onde me alcanzou Papabaloo, que ía a ritmo de baixar de 3h30' como buscaba, pero coas forzas moi moi xustas. Así que a idea era clara, rematar o mellor que se puidese, disfrutando e saboreando a maratón. Porque é precisamente nestas ocasións cando hai que darlle valor a rematar unha maratón e ao jodido que pode ser se non tes o día. Así fomos ata o km 40, no que entramos ao centro de Málaga e comezamos a callejear. Vaia pasada! Así como os primeiros 23 km son moi cómodos e con ambiente, do 24 ao 38 son desanxelados, os dous quilómetros finais son espectaculares! Sobre todo ese quilómetro 42 pola rúa Larios e pola recta de meta, cun pasillo estreito de persoas. Animando, aplaudindo, chocando as mans. Isto é a maratón!

Rematamos en 3h45'. O tempo era o de menos. Rematamos, disfrutamos e sufrimos os dous como poucas veces.

Con Lete foi a diversión, ir cómodos, cantar, saudar, animar. 22 quilómetros relaxados e compartindo conversas e opinións. Con Papabaloo foi saber sufrir xuntos, compartir as dores dos dous, as ganas de chegar, os sentimentos. Con Lete pasei os nervios da saída, con Papabaloo vivín a emoción deses últimos metros. Moitas grazas rapaces, sen vos esta maratón non tería sido o que foi. Porque unha maratón é unha pequena historia. Moito máis que un tempo, moito máis que quilómetros. Unha pequena aventura chea de momentos e cousas que contar!

Esta foi pequena historia da miña décima maratón Sorriso

Agora descansar, recuperarse ben, intentar recuperar e facer ben as cousas co aquiles (o descanso non é o único) e logo xa se verá.

Apertas!
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3267 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Lun, 16 Dec 2019, 22:58
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Algo desta aventura xa a vivín polo Carmawhatsap, pero que alegría podela repasar no teu diario, así limpo de arañeiras e outra vez en activo.
A seguir disfrutando e a seguir coidando o Aquiles
cK13

Montañés
Montañés
26/11/15
0 Carreiras
2123 Mensaxes
Caldas de Reis
Respostar citando Envío Mar, 17 Dec 2019, 6:19
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Un exceso de descanso pode ser ata contraproducente......Anímote a que non te pares: Se non podes voar, corre. Se non podes correr, camiña. Se non podes camiñar, arrástrate. Pero sexa coma sexa, non te pares....avanza.
sonsuso

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
9/10/11
0 Carreiras
1338 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Mér, 25 Dec 2019, 12:39
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Graciñas polas mensaxes Meigalicix e CK13!

A seguir coidando o aquiles, pero como di CK13, sen parar. Creo que ese foi o principal motivo polo cal non o curei de todo ou non mellorei como debía neste tempo. Esta semana e pico da maratón si que non fixen nada, porque entre a universidade e as ceas non din abasto jejej Pero agora pouquiño a pouco haberá que volver Silbar
sonsuso

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
9/10/11
0 Carreiras
1338 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Dom, 29 Dec 2019, 18:13
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Remata un ano raro. Tan só 86 días activos (nos que fixen algún quilómetro) par un total de 1.012 km, cando no ano anterior cheguei aos 2.125 km. De feito, a miña participación este ano en carreiras resúmese en dúas maratóns, tres medias maratóns, dous trails de máis de 20km, un 10k e unha contrareloxo por equipos. Así que pouco que contar. Poucos quilómetros e carreiras, pero as que fixen disfrutando moito (e sufrindo tamén, como na maratón VigBay a pesar do sub3h).

Para o ano que vén só me propoño ter máis continuidade e esquecer de todo as molestias no aquiles. A ver se o conseguimos Molón

Deixovos pro aquí a ligazón ás crónicas dos catro compañeiros de equipo que fomos á última Maratón de Málaga, por se queredes botarlle un ollo: fío do C.A.R. Marisqueiro.

Bo ano 2020 xentiña! Bailar





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Non podes descargar arquivos