Pulcinella escribió: |
A min dame o mesmo, pero Polbotrail ten moito éxito e non sei se vos convén estar a mal con eles Seguro que só lle fixestes iso? e que xa se teñen metido con vós en máis ocasións e non é por pensar mal, pero semella que tedes algunha cuestión persoal... digo eu, eh! Sei de xente que pensa que teñen un humor bastante tosco (por decilo dalgún xeito) e que a súa ironía moitas veces roza o mal gusto ... ademais de ser bastante machista ... pero nunca vira tanta manía con ninguén en particular ... nen dun xeito tan descarado... ou é impresión miña? |
GaliciaMaxicaTrail escribió: |
Por nós este tema está rematado. Para calquera dúbida que teñas podes dirixirte a nós por correo electrónico cando queras, e che respostaremos en privado encantados de faelo. Un saúdo Grazas polo teu aviso! |
Pulcinella escribió: |
Non participo moito no foro pero levo anos correndo por Galiza e Norte de Portugal e sei que non sodes do pior que hai... e por iso me extrañaba esa manía persecutoria. Todo aclarado... ou cando menos entendida a vosa postura. |
Pulcinella escribió: |
A min dame o mesmo, pero Polbotrail ten moito éxito e non sei se vos convén estar a mal con eles Seguro que só lle fixestes iso? e que xa se teñen metido con vós en máis ocasións e non é por pensar mal, pero semella que tedes algunha cuestión persoal... digo eu, eh! Sei de xente que pensa que teñen un humor bastante tosco (por decilo dalgún xeito) e que a súa ironía moitas veces roza o mal gusto ... ademais de ser bastante machista ... pero nunca vira tanta manía con ninguén en particular ... nen dun xeito tan descarado... ou é impresión miña? |
xabierdeparada escribió: |
Boas amig@s,pra mín a de GMTA é a verdadeira carreira polo Courel,o Demais son marketing e pamplinas. Desfrutemos do que nos agasallan os compañeiros de Galicia Máxica Trail. Eu pra no variar ando lesionado pero vémonos o domingo |
memphis_ESP escribió: |
O que quedei cas ganas de saber é o por qué de tanto hater desta organización tanto neste foro como no facebook. |
Rufino escribió: |
Boas, no meu caso fixen a proba de 33 kms e moi contento. Zona para aparcar, a proba bén sinalizada e os avituallamientos completos. O trazado moi bonito e a subida a Penaboa dura pero vaía vistas..... Po ano se podo voltareí. Un saudo. |