Dom, 23 Xuñ 2019, 8:41
Asunto: Re: VI Circuito de Carreiras Correndo pola Costa da Morte 2019
Pois unha mais do circuito feita. A miña primeira nocturna e así así. Probablamente a chuvia a desluciu un pouco, pero e que por partes víase ben pouco (pareceume algo pobre a iluminación nunha carreira deste estilo,pero repito, era a miña primeira vez de noite e non teño con que comparar).
O circuito en si gustoume,moi na liña do resto con costinas e demais(menos duro que outros) e non se me fixo monótono que fosen 3 voltas. O que o fixo durecho foron a chuvia, e sobre todo o vento, que nalgunha subida,como non, daba de cara e custaba manter o ritmo por partida doble
Boa atención a corredores como adoita ser en todo o circuito, e saudos in person @s tol@s do foro que non lle tivemos medo á climatoloxía (Maseda, Amina e Litho). E as duchas con auga quentiña sen estar a ferver

e eso que por liarme a falar cheguei dos últimos ó poli.
A seguinte parada, para min, está no aire aínda, pero en xeral, estame a gustar moito moito o circuito e seguramente sexa un mais o próximo ano.
Abur meus