Dom, 07 Xul 2019, 18:11
Asunto: Re: IX Carreira Popular Concello de Cambados (10000homologado)
Xa de volta logo de debutar nesta carreira. Moi contento co resultado obtido. Circuito rápido, bo día climatolóxicamente falando, bo grupo e bo estado de forma deron como resultado a consecución da miña MMP na distacia.
Como ben comenta Gertiz,unha mágoa que a xente non se implique mais,porque o percorrido da para elo,e o día prestábase moito (había mais xente en Cee fai unhas semáns e eso que chovía a reo).
Saida puntual e bo avitu ó chegar pero,a modo de crítica constructiva,hai algunhas cousas que non remato de entender:
A primeira de todas e o xiro de 180° que se fai a poucos de sair(á altura do polideportivo) e que xusto coincide co troco de asfalto a terra,como se non fora abondo con ter que case parar para facelo,ainda por riba estar pendente de non esvarar ou meter o pe onde non se debe.
A segunda,e comentado na chegada con algunha xente: ¿¿¿como pode ser que un 10k homologado coma este,non teña marcados os puntos kilomètricos??? Que a quen vai correr polo posto ou non lle importe a marca vale, pero no meu caso particular(e supoño que non sería o único) que ía a por ela,pois è compricado regular. Menos mal que no paso por meta ia mirando e collín bo grupo que senón.....
E o terceiro: unhas cestas ou similar para botares a auga logo do avitu non estarían nada mal, para así non ter que tiralas ó chan.
Comento esto coa idea de poder mellorar esta carreira,porque me parecen "erros" dunha proba con pouca rodaxe, e en 9 edicións debería estar solucionados.
E quería facer mención especial e dar as gracias ó corredor que nos levou case toda a carreira tirando do grupo(Victor Riobo, seino polo video de chegada) e con moitos azos na última volta. Sen el a miña marca seguramente non sería a desexada.Moitas gracias por todo Victor; non sei se les este foro pero quería, a parte de darchas ó final da proba unha vez recuperado o alento, deixae constancia por escrito. Un pracer poder compartir km contigo
Abur meus