Mér, 07 Ago 2019, 10:35
Asunto: Re: III TRAIL DAS BESTAS [03/11/19]
Xa sei que non son "imparcial", pero si mo permitides,...
...recomendo que se tedes a mínima opción de meter no voso calendario este Trail o fagades e, principalmente, a distancia de 27 km. (Ollo,... que eu fago a maratón,... pero porque é o mesmo, só que con mais kms. aínda,... jajajaj).
Fijo que non vai ser a carreira máis dura do mundo, nin de Galicia, nin nada polo estilo (aínda que coma todo o que se fai no Xistral, esto estará determinado polo clima, xa que vos adentrades no "Reino da néboa"), pero SÍ que vai ser un trail BONITO de verdad.
- O asfalto, nin o ides cheirar. Prácticamente os metros que teñades xa rematando para chegar a Muras.
- Carreira "free eucaliptos". Vamos, que nin o primeiro. Teredes fragas de montaña onde veredes as do curso alto do Eume e pasaredes ao ladiño do seu nacemento (tamén do río Landro), teredes pinares "casi-centenarios", moitas queirogas (algún toxo e algunha silva tamén), pradarías en zona de humidal e turbera, etc.
- Teredes moitos camiños, sendas, poucas pistas, case nada de asfalto,... e algún que outro traxecto por monte aberto, seguindo as "rodeiras" que van deixando os animais.
- Subiredes un par de veces por riba dos 1.000 metros de altitude (que para unha serra do norte de Galicia, pois non está nada mal),... e se o tempo o permite veredes a vosa dereita e a vosa esquerda, o Xistral e o Cadramón.
- Aviso,... aínda que tan só cruzaredes 3 regatos pequenos,... o normal é que teñades un terreno moi húmido, con gran cantidade de auga.
- Teredes mais de 10 kms seguidos sen atisbar nin unha casa,... nin rastro dela.
- Teredes un terreno de gran beleza paisaxística sen grandísimos desniveis, nin de subida nin de baixada, e con poucas zonas técnicas,... pero no que sorprendentemente se fai difícil avanzar con velocidade.
- Estaredes no corazón dunha zona de gran valor ecolóxico, incluído dentro da Rede Natura 2000 como espazo de especial protección dos valores naturais e Lugar de Importancia Comunitaria.
- Algo que agradecemos todos os que corremos polo monte, que é unha marcaxe, polo menos ata o de agora, de 10 sobre 10.
...e ademais teredes o mesmo que esta proba vos ofrece para tódalas distancias: seguro de accidentes, abastecementos, agasallo da proba, reportaxe fotográfico, ludoteca para nenos, duchas (con auga quente para todos), o caldo, a cervexa, a larpeira,... e os callos se "dios" quereee!!!