Ven, 09 Ago 2019, 15:18
Asunto: Re: IV Trail Subida ao Pico Muralla - "Concello de Rianxo"
Boas, se te fixas no trazado case todo o desnivel está no tramo final da proba. O ano que participeí chegabas a meta situada no alto e despoís tiñas que voltar andando/trotando ou bén por una pista ou bén pola subida que viñas de facer ata chegar a carretera onde estaban os autobuses que nos levaban a meta os cales non sairon ata completarse a maior parte das prazas.
Penso que eran un par de kms se baixabas pola pista, ou menos se baixabas pola petada/subida final directamente.
Creo que ese ano na meta só che daban un botellín de auga.
Persoalmente recomendo levar o cinto de hiratación e meter algo que roer (barrita, frutos,....) non pensando durante a proba senón para tomar algo unha vez rematada a proba, que ó mellor aínda pasa un bo anaco ata que chegas de volta a saida/duchas. Incluso, se tés un bolsillo grande mete unha muda (camiseta) nunha bolsa para cambiar mentras agardas polo bus, xa que o ano que participeí nos collera algo o frio metras agardabamos polo autobús de volta, e iso que tivemos mellor tempo que o previsto para éste finde.
Ó mellor dende que participeí cambiaron certas cuestións.
Polo demaís proba bonita, bén organizada e totalmente recomendable.
Un saudo e sorte o domingo.