Foros ›
IV Trail Subida ao Pico Muralla - "Concello de Rianxo"
Foros de debate / Carreiras de Montaña
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
smdrianxo

Organización
Organización
13/06/16
0 Carreiras
98 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 15 Xul 2019, 11:46
Asunto: IV Trail Subida ao Pico Muralla - "Concello de Rianxo"

IV TRAIL SUBIDA AO PICO MURALLA "CONCELLO DE RIANXO"

Barbantia Roda e o Servizo de Deportes organizan o IV Trail Subida ao Pico Muralla - Concello de Rianxo
A proba celebrarase o 11 de agosto de 2019, domingo, e a saída da categoría absoluta será ás 10:30 h. A distancia é de 15 km cun desnivel acumulado de 671 m.
Tamén haberá unha andaina polo mesmo percorrido e que sairá ás 8:30 h.
A inscrición xa se pode formalizar en emeports.es, tanto para a andaina coma para o trail.
#deportes #rianxo #trail #pico #muralla #andaina

INSCRICIÓN


smdrianxo

Organización
Organización
13/06/16
0 Carreiras
98 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 23 Xul 2019, 15:48
Asunto: Re: IV Trail Subida ao Pico Muralla - "Concello de Rianxo"

Aínda nos estades inscrit@s no #TrailPicoMuralla ?
Estas son as categorías que poderán participar o vindeiro dia 11 de agosto.
Lembrade que as inscripción estarán abertas en @EME Sports ata o día 8 as 23:59 horas.
Inscripción eventos.emesports.es/i...ianxo/9704


mariano

Maratoniano
Maratoniano
18/01/11
0 Carreiras
441 Mensaxes
rianxo
Respostar citando Envío Sáb, 27 Xul 2019, 7:43
Asunto: Re: IV Trail Subida ao Pico Muralla - "Concello de Rianxo"

Carreira moi recomendable polo seu percorrido por sendas a beira do rio Te e as vistas dende a meta no Pico Muralla e na que a organización esta poñendo moitas ganas por mellorar e remendar erros de pasadas edicións. Animarse!!! Tamén hai andaina.
smdrianxo

Organización
Organización
13/06/16
0 Carreiras
98 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 05 Ago 2019, 10:57
Asunto: Re: IV Trail Subida ao Pico Muralla - "Concello de Rianxo"

3 ÚLTIMOS DÍAS DE INSCRICIÓN!!!
[/color]
O xoves ás 23:59 horas pechamos inscrición para o IV TRAIL / ANDAINA PICO MURALLA, si aínda non estás inscrit@, non agardes máis!

INSCRICIÓN: https://eventos.emesports.es/inscripcion/inscripcion_datos.php?id=9704




smdrianxo

Organización
Organización
13/06/16
0 Carreiras
98 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 06 Ago 2019, 18:25
Asunto: Re: IV Trail Subida ao Pico Muralla - "Concello de Rianxo"

2 DÍAS PARA PECHAR INSCRICIÓNS!!

Deixámosvos o mapa do TRAIL SUBIDA PICO MURALLA – CONCELLO DE RIANXO coas distintas sedes e lembrámosvos que o xoves 8 ás 23:59 horas pechamos inscricións.

Non vos quededes sin participar neste espectacular trail e inscribídvevos xa Frecha eventos.emesports.es/i...hp?id=9704


smdrianxo

Organización
Organización
13/06/16
0 Carreiras
98 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 08 Ago 2019, 18:26
Asunto: Re: IV Trail Subida ao Pico Muralla - "Concello de Rianxo"

ÚLTIMA CHAMADA !!
Hoxe ás 23:59 horas pechamos inscricións , Inscríbete xa en Eme Sports eventos.emesports.es/i...tos.php…


ivanno

Maratoniano
Maratoniano
14/12/08
139 Carreiras
887 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 09 Ago 2019, 14:04
Asunto: Re: IV Trail Subida ao Pico Muralla - "Concello de Rianxo"

Boas! Vexo que nas fotos de anos pasados todos levan hidratación. Aconsellades levar bidón? camelbak?

Saúdos
Rufino

Montañés
Montañés
10/09/12
0 Carreiras
1042 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 09 Ago 2019, 15:18
Asunto: Re: IV Trail Subida ao Pico Muralla - "Concello de Rianxo"

Boas, se te fixas no trazado case todo o desnivel está no tramo final da proba. O ano que participeí chegabas a meta situada no alto e despoís tiñas que voltar andando/trotando ou bén por una pista ou bén pola subida que viñas de facer ata chegar a carretera onde estaban os autobuses que nos levaban a meta os cales non sairon ata completarse a maior parte das prazas.
Penso que eran un par de kms se baixabas pola pista, ou menos se baixabas pola petada/subida final directamente.
Creo que ese ano na meta só che daban un botellín de auga.
Persoalmente recomendo levar o cinto de hiratación e meter algo que roer (barrita, frutos,....) non pensando durante a proba senón para tomar algo unha vez rematada a proba, que ó mellor aínda pasa un bo anaco ata que chegas de volta a saida/duchas. Incluso, se tés un bolsillo grande mete unha muda (camiseta) nunha bolsa para cambiar mentras agardas polo bus, xa que o ano que participeí nos collera algo o frio metras agardabamos polo autobús de volta, e iso que tivemos mellor tempo que o previsto para éste finde.
Ó mellor dende que participeí cambiaron certas cuestións.
Polo demaís proba bonita, bén organizada e totalmente recomendable.
Un saudo e sorte o domingo.
XoseM

Mods
Mods
21/10/08
0 Carreiras
2219 Mensaxes
Galiza
Respostar citando Envío Sáb, 10 Ago 2019, 5:30
Asunto: Re: IV Trail Subida ao Pico Muralla - "Concello de Rianxo"

moita sorte e que desfrutedes mañán! Este ano "non toca" Moi feliz

o final da carreira é jodidillo pero nin vai facer moita calor nin é tan longo, polo que na miña opinión, coa auga que da a organización alí arriba é suficiente. Si que comparto o que di Rufino de que igual te pilla o frío alí arriba se tardas en chegar ao bus un pouco máis abaixo, que está cerca, pero é un anaquiño que case é mellor facer trotando para que non te pille o frío.

sorte! e que saia todo ben Bailar

-- Chámame "ghose"
dagarku

Foreiro infantil
Foreiro infantil
29/12/06
0 Carreiras
55 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 11 Ago 2019, 19:51
Asunto: Re: IV Trail Subida ao Pico Muralla - "Concello de Rianxo"

Carreira moi recomendable. Recorrido ata o km 10 moi bonito e facil, seguindo o curso do río, pasado
este punto, sigue sendo bonito pero mais duroooooooo. Moi boa organización e gracias sobre todo
os voluntarios. Primeira vez que vou, pero non a última. Espero poder volver no 2020.
Maxi

Maratoniano
Maratoniano
13/10/11
0 Carreiras
1937 Mensaxes
Ordes, Sigüeiro e Guitiriz
Respostar citando Envío Mar, 13 Ago 2019, 17:17
Asunto: Re: IV Trail Subida ao Pico Muralla - "Concello de Rianxo"

O percorrido bonito, a subida quitaba o hipo, a organización de luxo. Pagou a pena facer esta carreira. Moi recomendable. Vémonos para o ano.

Club: ESPRINTES OURENSE.
www.esprintesourense.com
ivanno

Maratoniano
Maratoniano
14/12/08
139 Carreiras
887 Mensaxes

Respostar citando Envío Sáb, 17 Ago 2019, 7:45
Asunto: Re: IV Trail Subida ao Pico Muralla - "Concello de Rianxo"

Moi chulo este trail, o último km é matador.. Sorriso o ano que ven se podo volvo. Sabedes onde están colgados os resultados?
sito

Foreiro Senior
Foreiro Senior
5/06/09
459 Carreiras
563 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 26 Ago 2019, 10:30
Asunto: Re: IV Trail Subida ao Pico Muralla - "Concello de Rianxo"

Hola, alguen ten información das clasificación de este trail???
derek

Super Veterano
Super Veterano
25/04/06
0 Carreiras
2792 Mensaxes
Santiago de Compostela
Respostar citando Envío Lun, 26 Ago 2019, 11:03
Asunto: Re: IV Trail Subida ao Pico Muralla - "Concello de Rianxo"

Quedábame facer un comentario sobre esta proba. A verdad é que quedei sorprendido moi gratamente pola mesma. Entendera que era un Trail pistero 100% e todo o contrario: percorrido moi traballado, moito sendeiro serpenteando de río, subidas, baixadas, moi moi divertido.
Anotada na axenda para repetir seguro 100%. Parabéns á organización. Encantoume.

Sito, eu vin os resultados, alí in situ e tamén noutro sitio pero non me digas onde. Vou buscar. Saúdos.

El verdadero significado de las cosas se encuentra al tratar de decir las mismas cosas con otras palabras (Charles Chaplin).





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos