Mér, 07 Ago 2019, 21:36
Asunto: Re: XXXV Carreira Popular Concello de Meaño [08/09/19]
Meus queridos correlegas. Estou de volta.... pero no sentido carreirán, xa que despois de seis anos no dique seco (seco deportivamente falando, non no outro, que brebei ben para non deshidratarme
) volvín a correr unha carreira. Polo que espero que, en breve, nos vexamos nalgunha carreira, Meaño aparte.
Pois si. A pesar dos Xogos de Trono no Concello, que os houbo, a carreira segue a diante. Pero todos, os novos e os que sempre estivemos ahí, temos un obxetivo en común que é que esta carreira se faga, e, ademais, que sexa a mellor. Xa sabedes que os de Meaño somos teimudos a reo.
Sanmikel..... tranquilo, este ano levaralo premio (un ano atrasado) á fidelidade. Pero tranqui que xa che puxen ben o contador
Xoixe.... estabamos a pensar en facerche unha estatua ó corredor máis fiel.... pero non hai presuposto para facer unha á túa altura. Así que che daremos uns caramelos para que te sijas sentindo contento en Meaño
Para triunfar na vida, non é importante chegar o primeiro. Para triunfar simplemente hai que chegar, erguéndose cada vez que se cae no camiño.
asociaciongam.blogspot.com.es