Lun, 02 Set 2019, 11:32
Asunto: Re: CORRESAN 2019?
Bós días.
Resulta complicado que ninguén rebata todo o que se dixo neste fío, pois moitas cousas non están faltas de razón, pero a verdade é que quizais debemos ter fé en que a partir de agora as cousas se planifiquen con maior antelación e se melloren algúns aspectos desde o respecto, como ben di MacRay, a xente que cada ano bota a andar o circuito, sexan de seguridade, organización, persoal técnico, ...; do que teño coñecemento, esa é a intención de todas as persoas que rodean este circuito, e sendo consciente do traballo que agora xenera en tan pouco espazo de tempo, tentemos poñer o noso grao de area e participar un ano máis. E a única forma de reivindicar certas melloras, porque se o deixamos morrer, entón todos sairemos perdendo.
Hoxe presentouse o circuito en Raxoi, e haberá Gala 2018. Nun ppio abrirase esta noite a inscrición na plataforma
www.carreirasgalegas.com e despois irase actualizando a páxina web
www.corresan.com .
Eu serei da partida porque me encanta o circuito, porque son da cidade e porque creo que é unha oportunidade.
Saúdos.
El verdadero significado de las cosas se encuentra al tratar de decir las mismas cosas con otras palabras (Charles Chaplin).