Lun, 12 Ago 2019, 21:50
Asunto: Roteiro da Revolta do Umia
O vindeiro Sábado 31 de Agosto a asociación cultural e xuvenil Rio Gallo (Cuntis) xunto ca asociación Portavezal (aldea de Vilar de Mato) organiza un roteiro pola contorna do Río Umia coincidindo ca terceira edición da festa A REVOLTA DO UMIA.
Tedes o cartel xunto co programa e resto de información da festa na páxina de Facebook
www.facebook.com/augaviva/
Durante a ruta pasaremos por un tramo de vía romana e pequenos sendeiros que nos levarán a coñecer zonas de especial interés cultural e arqueolóxico cómo os petroglifos de Cequeril
Haberá dous percorridos con duas distancias (4km e 10km aproximadamente) que estarán debidamente sinalizados e permitirá que os andaríns circulen en velocidade libre atendendo o seu nivel físico persoal.
A participación é GRATUITA
e será preciso anotarse previamente nun formulario que recopilará os datos pertinentes para tramitar o seguro de accidente para a actividade.
DATA LÍMITE PARA ANOTARSE O XOVES DÍA 29 AS 22:00H.
FORMULARIO
forms.gle/FJ3UJpERvihhJ2VP7
Haberá servizo de autobuses tamen GRATUITO dende a vila de Cuntis a partir das 11:00h. Para voltar a vila o servizo de autobuses empezará a facer viaxes a partir das 14:30 h.