sonsuso escribió: |
MARATÓN VIG-BAY Novo sub3h, pero un maratón moi complicado. Moi contento polo resultado, pois sabía que non ía ser fácil conseguilo, pero sobre todo por como xestionei a segunda parte da carreira. Tiven que parar dúas veces para estirar o xemelgo (km 21 e km 27), e case se me sube varias veces máis. Aínda que ao final puiden ir coidándoo un pouco e facer 2h59'07". Polo que moito máis que contento. Disfrutei, si, pero con certo punto de preocupación por se non a podía rematar. Por sorte houbo final feliz! .... |
fema escribió: |
Espero Sonsuso, que vayas mejor. La verdad es que las molestias del Aquiles son las más puñeteras, porque el descanso tampoco es la solución, por lo menos en mi experiencia. A recuperar, Veñaaaaa. Por cierto, voy aprovechar tu descripción de la Carrera de las Letras que siempre quise correr, y espero poder hacerlo este Viernes. Está muy detallada |
sonsuso escribió: |
Grazas grazas e grazas! Un día espectacular! Grazas a todas e cada unha das persoas que nos regalades unha festa como a do sábado. Grazas ao AD Cerne, a todas as persoas que dende a organización ou fóra dela aportan o seu graniño ese día, e sobre todo, a esas persoas que traballan durante un ano enteiro para que poidamos vivir algo así. De verdade, o que tedes non ten prezo! Se alguén quere saber o que é, que non lea ningunha crónica. Que vaia, que a viva, que a disfrute. É a única forma de saber o que é. Noraboa polo que conseguíchedes! |
sonsuso escribió: |
A partir de mañá comezarei só con natación, bici e exercicios para fortalecer a zona. Ademais dunha previsible visita ao fisio. Seguiremos informando! |
Cita: |
Un enorme pracer ter podido facer a miña décima maratón ao lado de dous grandes compañeiros como son Papabaloo e Lete. Cheguei o venres a Málaga, xa que aproveitei a ocasión para facer unha viaxe en familia. O sábado noite ceei cos compañeiros Papabaloo e Lete e, vendo que ían facer cada un deles, díxenlles que podía acompañalas o que o corpo me aguantase e así ir xuntos se lles parecía ben. Correría con Lete ata a media maratón, a ritmo de 3h10', e logo esperaría por Papabaloo para ir xuntos ata o final. Así foi. Saída con Lete a ritmo constante (4'26"-4'30"/km). Notaba que as patas non ían soltas, pero moi cómodo, sobre todo de peito. Así fomos ata o quilómetro 22, pasando a media maratón en 1h35'25". Como faláramos, aí o deixei marchar, e comecei a trotar moi moi suave varios quilómetros. Parando incluso para ir ao baño, para beber ben, etc. Foi ao redor do quilómetro 30 onde me alcanzou Papabaloo, que ía a ritmo de baixar de 3h30' como buscaba, pero coas forzas moi moi xustas. Así que a idea era clara, rematar o mellor que se puidese, disfrutando e saboreando a maratón. Porque é precisamente nestas ocasións cando hai que darlle valor a rematar unha maratón e ao jodido que pode ser se non tes o día. Así fomos ata o km 40, no que entramos ao centro de Málaga e comezamos a callejear. Vaia pasada! Así como os primeiros 23 km son moi cómodos e con ambiente, do 24 ao 38 son desanxelados, os dous quilómetros finais son espectaculares! Sobre todo ese quilómetro 42 pola rúa Larios e pola recta de meta, cun pasillo estreito de persoas. Animando, aplaudindo, chocando as mans. Isto é a maratón! Rematamos en 3h45'. O tempo era o de menos. Rematamos, disfrutamos e sufrimos os dous como poucas veces. Con Lete foi a diversión, ir cómodos, cantar, saudar, animar. 22 quilómetros relaxados e compartindo conversas e opinións. Con Papabaloo foi saber sufrir xuntos, compartir as dores dos dous, as ganas de chegar, os sentimentos. Con Lete pasei os nervios da saída, con Papabaloo vivín a emoción deses últimos metros. Moitas grazas rapaces, sen vos esta maratón non tería sido o que foi. Porque unha maratón é unha pequena historia. Moito máis que un tempo, moito máis que quilómetros. Unha pequena aventura chea de momentos e cousas que contar! |