Lun, 16 Set 2019, 16:03
Asunto: VIII Carreira Popular de Taboada "Entre pazos e carballos"
Na Carreira Popular de Taboada poderás gozar dun percorrido entre as extraordinarias panorámicas de cor que agasalla o comezo do outono, as fermosas construcións do románico, a beleza das pendentes da Ribeira Sacra, e a grandeza de pazos e casonas. Situada a medio camiño entre Lugo e Ourense, agárdate un tesouro único. Para descubrilo achégate a correr por Taboada o 21 de setembro e ademáis levarás, entre moitos outros, un agasallo ecolóxico. E ó rematar poderás disfrutar dunha degustación de balde de produtos da zona e cervexa.
Para aqueles que queiran ir mais de vagar, poden optar por unha andaina guiada previa á carreira.
Todos os menores da familia (ata 16 anos) que rematen a súa carreira terán unha medalla e un avituallamento especial, e os máis rápidos levarán ademais un trofeo e unha ruta en cabalo.
Animádevos a vir!! O prazo para a inscripción remata este xoves 19.
Máis información en championchipnorte.