Foros ›
VI CARREIRA POPULAR DOLMEN DE DOMBATE 21/09
Foros de debate / Carreiras Populares en Galicia
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
Kurty

Experto no foro
Experto no foro
26/03/05
492 Carreiras
3772 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 19 Set 2019, 18:28
Asunto: VI CARREIRA POPULAR DOLMEN DE DOMBATE 21/09

Como vexo que non hai ningún fio aberto sobre esta carreira, vouno abrir eu.
Esta carreira non a corrín nunca, así que busquei un pouco de información no foro doutros anos, e creo que é a típica carreira de pobo, moi ben organizada e cun recorrido dos "nosos", con subidas e baixadas e algunhas costiñas duras.
Así que se todo vai ben dentro de 46 horas coñeceremos esta carreira.

Un saudo.
papero

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
10/09/12
0 Carreiras
1447 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 19 Set 2019, 21:05
Asunto: Re: VI CARREIRA POPULAR DOLMEN DE DOMBATE 21/09

Pois tal como dis ten algunhas costas e pásase dúas veces por meta pero por diferentes sentidos. Esta muy ben organizada e é gratuíta. Tes que aparcar cerca dun km da saída e levante nun tren turístico...
maseda

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
3/03/11
0 Carreiras
1339 Mensaxes
A Coruña
Respostar citando Envío Xov, 19 Set 2019, 22:40
Asunto: Re: VI CARREIRA POPULAR DOLMEN DE DOMBATE 21/09

No te arrepentirás Kurty. Como dice Papero carrera muy bien organizada, con alguna cuesta aunque no muy duras. Al pasar por meta la segunda vuelta es un poco más corta. Camiseta de calidad muy chula. Al menos el año pasado. Y gratuita. Yo este año me la pierdo pero me quedaron ganas de volver. Para llegar está en un lugar un poco perdido. Mejor tirar de gps cuando sales de la autovia.
MIOTE

Maratoniano
Maratoniano
7/04/10
500 Carreiras
293 Mensaxes
PADRON
Respostar citando Envío Ven, 20 Set 2019, 15:51
Asunto: Re: VI CARREIRA POPULAR DOLMEN DE DOMBATE 21/09

Moi bonita e moi aconsellable. Creo que deberíamos ir e apoiar a este tipo de carreiras que non cobran por participar (os agasallos son o de menos); persoalmente só coñezo esa e a de Broña que fan os nosos amigos atletas de Outes. Aproveitade para visitar o Dolmen de Dombate !!!
Kurty

Experto no foro
Experto no foro
26/03/05
492 Carreiras
3772 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 20 Set 2019, 17:57
Asunto: Re: VI CARREIRA POPULAR DOLMEN DE DOMBATE 21/09

Graciñas polas respostas, pois haberá que facerlle unha visita o Dolmen de Dombate, que debe ser un dos de máis sona xunto co de Axeitos.

E posiblemente nos caia alguna chuvia, que xa imos bos de carreiras con moita calor Moi feliz
jabato

Maratoniano
Maratoniano
5/12/07
0 Carreiras
513 Mensaxes

Respostar citando Envío Sáb, 21 Set 2019, 7:20
Asunto: Re: VI CARREIRA POPULAR DOLMEN DE DOMBATE 21/09

Esta carreira corrina duas veces e gustame ,ten de todo costiñas rectas baixadas e bo ambiente ademais e gratuita como di Miope estas carreiras hay que arrimarlle o hombro,teñen moito valor a de broña e a de mesia tamen hay que currar moito para sacalas adiante,de ahi que oxe a pesar da chuvia os do cao un ano mais ali estaremos . Silbar Silbar
Gusaio

Maratoniano
Maratoniano
23/03/15
12 Carreiras
62 Mensaxes

Respostar citando Envío Sáb, 21 Set 2019, 7:45
Asunto: Re: VI CARREIRA POPULAR DOLMEN DE DOMBATE 21/09

Sabeis si el tren esta constantemente en funcionamiento? Vamos a la carrera de 10km y por no ir demasiado pronto
papero

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
10/09/12
0 Carreiras
1447 Mensaxes

Respostar citando Envío Sáb, 21 Set 2019, 11:54
Asunto: Re: VI CARREIRA POPULAR DOLMEN DE DOMBATE 21/09

Cuando empiezan las carreras para el tren.
Kurty

Experto no foro
Experto no foro
26/03/05
492 Carreiras
3772 Mensaxes

Respostar citando Envío Sáb, 21 Set 2019, 21:51
Asunto: Re: VI CARREIRA POPULAR DOLMEN DE DOMBATE 21/09

Pois descuberta esta carreira, encantoume a mesma, como ben me comentáchedes, unha organización de luxo a coste 0 para os corredores, e dar outro 0 como soe ser habitual nas carreiras gratuitas ou de moi baixa cuota ós que se anotaron e non viñeron correr sen causa xustificada, un 27'2 % de ausentes.
Respecto a carreira, un percorrido todo por pistas asfaltadas, pola contorna do Dolmen de Dombate, pasando por varias aldeas, ainda que ten varias costas, quitando un par delas o resto son moi corribles, o tempo respetounos ainda que nalgúns tramos facía algo de aire lateral, polo que era imposible escapar del.
Respecto a miña carreira moi contento, como non coñecía o percorrido sain algo reservón, e fun de menos a máis, facendo moi regular a carreira sendo os máis lentos o 3º e o 8ºKm. en 4'35" e o máis rápido o derradeiro, xa que ten bastante baixada e me saiu a 4'09".
Carreira máis que recomendable, e que deixo anotada na axenda para vindeiras edicións.
Maxi

Maratoniano
Maratoniano
13/10/11
0 Carreiras
1934 Mensaxes
Ordes, Sigüeiro e Guitiriz
Respostar citando Envío Dom, 22 Set 2019, 11:57
Asunto: Re: VI CARREIRA POPULAR DOLMEN DE DOMBATE 21/09

Pois outro ano máis a Dombate.

Que decir, desta carreira. O trato e o coidado có que a fan ben merece desprazarse ata alí a pasar unha boa tarde de sábado.

Si señores, boa tarde de sábado, xa que contra todo pronóstico (saíndo da casa con choiva e vento) non esperabamos atoparnos con tan bó tempo para correr. Nada de choiva, o sol saíndo entre as nubes para darnos o calor xusto, algunha lixeira rafaga de vento e a temperatura ideal para correr. Un pracer coincidir con gran cantidade de foreiros e coñecidos que participaban desta prova.

Como sempre, a organización a altura (camiseta técnica orixinal, avituallamentos completos, gardarroupa, cruces vixiados e camiños cortados, cronometraxe, e o tren chucuchú para levarnos dende o aparcamento, habilitado e controlado por voluntarios, ata o lugar do evento). Todo agasallado pola organización (nos só tivemos que poñer as gañas e o desprazamento). Agradecerlle a todolos voluntarios o seu traballo. Mágoa que houbese xente que non soubese apreciar iste agasallo e se anotou para logo non participar, ainda que son consciente de que algúns non puideron ir por problemas de última hora, pero seguro que eran minoría.

E como nón... o dolmen esperándonos cada ano, como leva facendo dende milleiros de anos.

Club: ESPRINTES OURENSE.
www.esprintesourense.com
patowc

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
3/10/12
0 Carreiras
206 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 22 Set 2019, 13:53
Asunto: Re: VI CARREIRA POPULAR DOLMEN DE DOMBATE 21/09

Coincido en todo o escrito por Kurty e Maxi. Paga moito a pena participar. O dolmen, o tren, a camiseta de calidade, o percorrido, a organización... e todo sen gastar un peso. En canto ós ausentes, podería ser de axuda limitar a camiseta ós que rematasen a proba.

Mágoa de escarallarme no km 6. Boa excusa para darlle á bici e á natación!
papero

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
10/09/12
0 Carreiras
1447 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 22 Set 2019, 15:25
Asunto: Re: VI CARREIRA POPULAR DOLMEN DE DOMBATE 21/09

Gran carreira, perfectamente organizada. Gratis e de regalo unha camiseta das máis orixinais e de calidade.
Gracias por todo. Aínda que non me queda muy cerca intentarei voltar para o ano por cuarta vez consecutiva.

Moitas gracias tamén os fotógrafos que fan máis grande a carreira Ferreiro, Víctor Hugo....
Eloy

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
15/11/14
116 Carreiras
322 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 22 Set 2019, 16:28
Asunto: Re: VI CARREIRA POPULAR DOLMEN DE DOMBATE 21/09

A miña primeira participación e subscribo tódolo dito anteriormente, unha carreira estupenda, unha magnífica visita guiada ao dolmen e un trato perfecto por parte de todos.
Grazas á organización, protección civil e voluntariado que a fan posible.

PS: Para que logo digan que os "runners" imos de fosforito, nesta ocasión fumos de camuflaxe. Ríndose
vacatola

Foreiro Senior
Foreiro Senior
19/12/08
0 Carreiras
500 Mensaxes
Oleiros
Respostar citando Envío Lun, 23 Set 2019, 7:52
Asunto: Re: VI CARREIRA POPULAR DOLMEN DE DOMBATE 21/09

patowc escribió:
...Mágoa de escarallarme no km 6. Boa excusa para darlle á bici e á natación!

Experimentar, experimentar...o da bici e a natación chámase experimentar e igual (igual) ata te sorprendes no C 10

Día 1 natación, día 2 acondicinamento físico de corpo enteiro, día 3 bici e a repetir o ciclo. 4 ciclos en total ata C 10 e a ver qué pasa.

Dombate, cuarta participación e bate que bate. Un ano máis, un ano peor.
Fáiseme complicada esta carreira, se saío rápido mal, se saío lento mal, se saio conservador mal....resúltame especialmente dura a segunda volta e non sei porqué...en fins para o ano repetimos e outra vez a intentalo.

Carreira chula, coste 0, máis non se pode pedir!!!
Aplauso Aplauso Aplauso
mac-ray

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
30/05/11
0 Carreiras
1311 Mensaxes
Santiago de Compostela
Respostar citando Envío Lun, 23 Set 2019, 8:45
Asunto: Re: VI CARREIRA POPULAR DOLMEN DE DOMBATE 21/09

Proba que sempre cumpre coas expectativas, debemos valorar o esforzo e sobre todo o cariño que lle poñen os organizadores, avituallamento completo, camiseta chula de calidade, aparcamento a 800 metros con tre indo e vindo ata meta, Dolmen aberto para visitar, clasificacións e premios ao instante, baños alí mesmo, trofeos artesanos da zona, percorrido entretido e máis que ben controlado, incluso este ano puxeron un clima propicio, ah, e gratuita !! pois haberá que voltar para o ano...

www.youtube.com/channe...subscriber





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos