Ven, 20 Set 2019, 19:38
Asunto: Re: VI 21K Costa da Vela, Cangas (22/09/2019)
Creo recordar que cando eu corría esta carreira valía uns 13-15 para os 150 primeiros despois subía a cerca de 20 e o final subía a 25€, tamén recordo que non se devolvía a inscrición enteira en caso de baixa. Creo que os factores mais importantes para que baixara a participación foron por un lado a apertura de inscricións tan tardía (sen concellal de deportes non podíamos abrir inscricións), a subida de prezo e a coincidencia con outras probas.
Dito todo isto cada un e libre de aceptar pagar os 20€ (ou 25€ da última semana), eu e os meus compañeiros tamén somos corredores e vamos a moitas carreiras mais baratas, iguais e moito mais caras, pero o que non vexo normal e ter que responder no facebook, nos foros e noutras redes sociais acerca do prezo de inscrición, como dato que só vou contar neste foro o prezo por participante a estas alturas e de mais de 22€, contando que empezamos cobrando 20€ case perdemos cartos.
Por favor Kurty non o tomes como tema persoal polo teu comentario, mais ben vai polos comentarios en redes sociais pero e que necesitaba soltalo nalgún lado e creo que aquí o vades a entender mellor.
Para o ano baixaremos o prezo seguro¡¡¡(pero sen medalla finisher e sen camiseta 42K...total os que vamos as carreiras podemos prescindir destes pequenos detalles).
Un saúdo e vemonos mañá en dechatlon e o domingo na carreira¡¡