Xov, 11 Xul 2019, 16:14
Asunto: TRAIL DE VITRES
REGULAMENTO
1. HORARIO
Domingo, 22 de setembro de 2019. Pavillon deportivo de Santa Baia. Boiro.
Google Maps 42°38'35.7"N 8°53'35.5"W
As duchas estarán no lugar da saída.
Recollida de dorsais Trail: 08:15 hr a 09:15 hr
Saída do Trail: 09:30 hr
Recollida de dorsais Mini Trail: 08:45 hr a 09:45 hr
Saída do Mini Trail: 10:00 hr
Peche de meta: 14:30 hr
Entrega de Trofeos: 13:30 hr
2. INSCRIPCIONS
INSCRIPCION:
www.galitiming.com
Peche de inscripcións: XOVES 19 de setembro as 23:59 hr
Número máximo de participantes: 250
Precio de inscripción:
TRAIL: Primeiro tramo, ata o 29 de agosto. – 13 €uros.
Segundo tramo, do 01 o 19 de setembro.- 18 €uros.
MINI TRAIL: Primeiro tramo, ata o 29 de agosto.- 10 €uros.
Segundo tramo, do 01 0 19 de setembro.- 15 €uros.
(inclue seguro de RC e accidentes, bolsa do corredor, servizo de duchas,
avituallamentos durante a carreira e o final da mesma, servizo de cronometraxe,
dorsal personalizado, etc…)
Posibilidade de devolución do importe íntegro da inscripción, sempre que sexa
debidamente acreditada a imposibilidade de asistencia, ata o día 19 de setembro.
3. CATEGORIAS E PREMIOS
CATEGORIAS TRAIL:
3 primeiros corredores masculinos na clasificación absoluta.
3 primeiras corredoras femeninas na clasificación absoluta.
3 Veteranos masculino, de 43 anos en adiante.
3 Veteranas femenina, de 43 anos en adiante.
1 clasificado masculino empadronado no Concello de Boiro.
1 clasificado femenino empadronada no Concello de Boiro.
1 primeiro equipo MIXTO.
EQUIPOS MIXTOS: Para optar a esta clasificación todolos membros do equipo deben
estar inscritos co mesmo nome de equipo. Cada equipo debe ter un mínimo de 4
membros MIXTOS, e puntuaron os 4 mellores clasificados de cada equipo MIXTO (os 4
mellores equipos clasificados deben estar formados por homes e mulleres
conxuntamente). A puntuación será outorgada por riguroso orden de chegada, e
gañará o equipo con menor puntuación acumulada. En caso de empate gañará o que
teña mellor resultado individual.
CATEGORIAS MINITRAIL:
3 primeiros corredores masculinos na clasificación absoluta
3 primeiras corredoras femeninas na clasificación absoluta
1 primeiro equipo MIXTO.
1 clasificado masculino empadronado no Concello de Boiro.
1 clasificado femenino empadronada no Concello de Boiro.
EQUIPOS MIXTOS: Para optar a esta clasificación todolos membros do equipo deben
estar inscritos co mesmo nome de equipo. Cada equipo debe ter un mínimo de 4
membros MIXTOS, e puntuaron os 4 mellores clasificados de cada equipo MIXTO (os 4
mellores equipos clasificados deben estar formados por homes e mulleres
conxuntamente). A puntuación será outorgada por riguroso orden de chegada, e
gañará o equipo con menor puntuación acumulada. En caso de empate gañará o que
teña mellor resultado individual.
PREMIOS
- O único premio acumulativo será o do Concello de Boiro. O resto de trofeos NON SON
ACUMULATIVOS.
- Entrega de trofeos 13:30 hr.
AVITUALLAMIENTOS TRAIL
Avituallamento 1 – Km 7 Líquido e Sólido
Avituallamento 2 – Km 12 Líquido e Sólido
Avituallamento 3 – Km 19 Líquido e Sólido
Avituallamento final en META.
AVITUALLMENTO MINITRAIL
Avituallamento 1 – Km 7.
NOTA IMPORTANTE: RECOMENDASE USO DE SISTEMA PROPIO DE HIDRATACION. En caso de
que a Organización o considere oportuno polas condicións climatolóxicas, moveranse ou
aumentarase o número de avituallamentos.
TEMPOS DE PASO E CORTE
TRAIL:
Avituallamento 2 – Km 12
Avituallamento 3 – Km 19
Corte e meta: 14:30 (Tempo máx total 5 horas)
MINITRAIL:
Avituallamiento 1 – Km 7 (12:00 hr)
Corte e meta: 14:30 (Tempo máx total 4:30 hr)
NOTA IMPORTANTE: A Organización da carreira e o seu criterio poderá retirar da carreira a
calquera corredor cando consideren que este ten mermadas as súas capacidades físicas ou
técnicas como causa de fatiga, ou se as súas condicións non son apropiadas para continuar na
carreira.
SEÑALIZACIÓN E CONTROIS
O percorrido estará señalizado con cinta e sprai. Haberá referencias kilométricas en todos os
puntos posibles. Os puntos de control informarán en tempo real para facer un seguimento da
proba dende a liña de meta.
COMPETIDORES
Todo corredor ten a obriga de prestar socorro a outro participante que esté en perigo
ou accidentado, estando obrigado a comunicalo o control mais cercano
inmediatamente. A privación de auxilio será penalizada coa descalificación inmediata.
E obriga do corredor portar consigo calquer residuo que xenere: envases, papeis,
residuos orgánicos, etc..ata os lugares sinalados e habilitados pola organización.
Todo corredor deberá realizar o percorrido marcado e balizado pola organización. Non
respetalo ou non pasar por algún dos controis establecidos será causa de penalización
que será determinada pola Organización e que poderá ser dende amonestación ata a
descalificación total, segundo o caso.
Os participantes deberán seguir durante toda a carreira as instruccións dos membros
da Organización.
Os competidores deberán comportarse en todo momento deportivamente e
mostrarse respetosos cos demais deportistas, voluntarios e membros da organización.
Ademais, deberán ser respetuosos coas instalacións habilitadas para a proba.
Un corredor poderá retirarse sempre que él o desee, pero deberá facelo de acordó cos
seguintes puntos: Retirarase nun control poñendose en contacto con algún voluntario
ou membro da organización. O corredor asumirá toda responsabilidade dende que
avandone voluntariamente a proba. A organización facilitará na medida do posible, a
evacuación a zona de meta dos corredores que decidan abandonar.