Dom, 29 Set 2019, 10:19
Asunto: Re: Carreira Riveira 2019
Pois correndo outra vez un sábado pola tarde (creo que vou repetir en Brión o vindeiro), e mellor do esperado en Ribeira, xa que non me atopaba con moitas gañas.
Despois dun breve quecemento, fomos para o espigón, lugar de saida, creo que máis dun non se decatou de que este era o punto de partida e chegaron un pouco apurados y eso que se demorou a saida uns cantos minutos.
Coloqueime da metade cara atrás, e saida a toda mecha pola marea de corredores, a miña intención era ir a 4'30" para ir collendo ritmo, pero ese 1º Km. xa foi en 4'24" e sendo adiantado por bastantes corredores, o seguinte a 4'23" indo moi cómodo, pero no seguinte baixo algo o ritmo xa que parecía que (cousa máis que extrana) , me estaba vindo un punto ese en 4'26" e o seguinte en 4'24" e sen nengunha molestia, dos 4 seguintes clavei 3 en 4'22" e o outro en 4'24", como xa estamos no 8 e me atopo con forza decido aumentar o ritmo, saindo os 2 derradeiros en 4'16 e 4'09.
Pero hai que ver como corre a xente, a min saiume a 4'22" oficial, quedando de 126 de 264 chegad@s a meta.
Así que rematada a carreira avitualleime algo de líquido, son incapaz de comer nada ó rematar, e fun mollar, as pernas a rampa, e comentar como curiosidade que deixara a camiseta da carreira debaixo dunha lona dunha "dorna" (barco) para mudarme e cando fun, xa non estaba. Pero de todas formas que ben me sentaron eses 10 minutiños cas pernas en remollo.
Coma sempre darlle as grazas a organización, voluntarios e demáis colaboradores na carreira.