Mar, 01 Out 2019, 8:35
Asunto: Re: Circuito GMTA 2019
8nando8 escribió: |
Yo que corrí el trail corto puedo decir que maravilloso y trabajado recorrido por parte de la organización, pero que en 17 km solo haya habido un único avituallamiento... Y por último decir que no hubo detalle finisher como decia la información de inscripción (si hubo medallas para los del trail largo). Creo que por el casi mismo precio de inscripción que los del trail, podiamos haber llevado medallas finisher todos para casa como si paso en el trail de moaña de enero.
Un saludo. |
Bo día!
En GMTA levamos varios anos marcando avituallamentos por tramos próximos aos 9 - 10 km (ou incluso máis distancia se hai problema para achegar o material a ese punto kilométrico) porque consideramos que é unha distancia asumible a pesares de que a tendencia en moitas carreiras en Galicia e facelos cada 4 ou 5 km.
Este mesmo ano o Mini Trail do Courel, por exemplo, tiña un único avituallamento no km 10,4 e no Gran Trail había catro e abastecementos e final con distancias intermedias de 9,1 km - 8,8 km - 10,3 km e 9.5 km mentres que o Trail tiña o primeiro no 10,4 e a distancia entre os outros era de 9,2 km - 9,7 km e 4,7 (a única distancia verdadeiramente curta).
En relación ao "
detalle finisher" temos que aclarar que houbo un problema de loxística e unha das caixas de medallas non chegou a vir dende a fábrica, co que, da totalidade das medallas que estaban pedidas apenas chegaron para a proba que menos participantes tiña, que era o Trail, e no momento tomouse a decisión de cubrir o que se podía cubrir co que había.
Dende aquí queremos
pedir desculpas ![Rezar Rezar](images/smiles/eusa_pray.gif)
por este incidente e tentaremos entregar en persoa ou enviar a donde se nos indique polo medio que mellor podamos as medallas que se nos reclamen, pois non temos unha lista exhaustiva de a quen non se lle entregou.
Aproveitamos este comentario tamén para
explicar o problema da distancia que saíu a maiores no Mini Trail porque vamos pedir explicacións e tomar medidas para que non volva a pasar algo así.
En principio a nosa intención era un mini de 15 km, tal e como figuraba na web de inscricións. Cando estabamos limpando o percorrido atopamos que talaran dúas ladeiras completas do monte polo que tiñamos que pasar, e buscamos unha alternativa que nos levou a ter algo máis de 16 km (en todo caso máis cerca dos 16 que dos 17)... así que puxemos 16 na páxina web oficial, que é donde está toda a información exacta sobre a proba.
Consideramos que un só kilómetro de diferencia non sería maior problema para a maior parte dos corredores e por iso non fixemos nengún comunicado a maiores sobre este cambio de última hora.
O problema de distancia agravouse porque quen balizou o primeiro tramo da proba púxose creativo sobre o terreo e alterou dous tramos do percorrido previsto inicialmente adornándoo con desvíos que non fixeron máis que aumentar a distancia orixinal en máis de 800 metros.
Evidentemente non pudemos avisar dese cambio por absoluto descoñecemento pola nosa parte xa que descubrimos aínda onte á tarde esta variación cando fomos desbalizar o tramo de subida inicial (entre a parte traseira da igrexa e o desvío do Traiil e do Mini con relación ao Canitrail) que non se pudo facer o día da proba porque os do Canitrail baixaban de novo por onde se subía ao comezo, de modo que as cintas tiñan que quedar para a baixada.
Por iso
pedimos agora públicamente desculpas ![Rezar Rezar](images/smiles/eusa_pray.gif)
polos varios kilómetros a máis do Mini Trail e tomaremos as medidas oportunas para que algo así non volva a suceder.
Polo que se refire ao Canitrail, alguén cambiou un tramo crucial de cintas e a persoa que tiña que dirixir o paso dos corredores atopouse con que non só non pasou ninguén por onde se lle dixera que tiña que pasar, senón que a primeira corredora do Canitrail sorprendeuna aparecendo por onde tiña que aparecer de volta. Evidentemente non sabía como reaccionar e, diante do problema, chamounos para explicar o sucedido e se lle deron as indicacións máis axeitadas sen saber moi ben cal fora o problema. A pobre voluntaria actuóu do mellor xeito posible con rapidez e se mandou alguén a corrixir o problema inmediatamente.