Mér, 28 Ago 2019, 9:00
Asunto: XXXVII CARREIRA PEDESTRE POPULAR DA AMAÍA - FOTOS E GRAZAS!
O Concello de Brión organiza a XXXVII edición da súa carreira popular o sábado 5 de outubro de 2019 a partir das 17 horas na Carballeira de Santa Minia (Brión), baixo o control técnico do Comité Galego de Xuices da Federación Galega de Atletismo (Delegacion de Santiago), e na que poderan participar atletas tanto federados como non federados.
Esta carreira é unha proba oficial da FGA con distancia non homologada e está integrada dentro do VII Circuito de Carreiras Populares de Deputación de A Coruña que se desenvolverán ao longo do ano 2019.
SERVIZOS:
Duchas, no Pavillón Polideportivo de Brión.
Gardaroupa, situado na Casa da Cultura.
Avituallamentos: LÍQUIDO nun punto intermedio do circuito da carreira absoluta e LÍQUIDO na liña de meta para tódolos participantes.
Ambulancia e Médico, servizo médico-sanitario
Seguro de accidentes e de RC
CIRCUITOS:
A organización da XXXVII CARREIRA PEDESTRE POPULAR DA AMAÍA volverá a repetir o circuíto que se estrenou na pasada edición para os atletas que disputen a carreira absoluta. Trátase dun circuito de 4,75kms (98% asfalto e 2% terra en bó estado) que os participantes terán que completar duas veces (9,5kms). Coa planificación deste novo trazado preténdese que a carreira sexa mais visible e vistosa e ademais eliminase gran parte da dureza converténdose nunha carreira moito mais rápida e amena. En canto aos circuitos das carreiras de menores estarán situados nas inmediacións da Carballeira de Santa Minia.
HORARIOS
16:00 H. - RECOLLIDA DE DORSAIS
17:00 H. - CARREIRA PITUFOS/AS :: 100 M.
17:10 H. - CARREIRA PREBENXAMÍN :: 350 M.
17:20 H. - CARREIRA SUB 10 :: 500 M.
17:30 H. - CARREIRA SUB 12 :: 500 M.
17:45 H. - CARREIRA SUB 14 :: 1.500 M.
17:45 H. - CARREIRA SUB 16 :: 1.500 M.
18:00 H. - CARREIRA ABSOLUTA :: 9.500 M.
INSCRICIÓNS:
Inscricións: Na web:
www.carreirasgalegas.com ata o mércores 2 de outubro de 2019 as 14:00 hrs. NON SE ADMITIRAN INSCRICIÓNS FORA DO PRAZO ESTABLECIDO.
- CARREIRAS DE NENOS/AS [de PITUFOS a SUB 16]: Gratuíta
- CARREIRA ABSOLUTA [de SUB 18 a MASTER 6]: 5€
TROFEOS, PREMIOS E AGASALLOS:
Recibiran trofeo e premio en metálico os tres primerios homes e tres primeiras mulleres en cruzar a liña de meta. Os premios económicos establecense da seguinte maneira:
1º CLASIFICADO/A ABSOLUTO/A: 200€ + TROFEO
2º CLASIFICADO/A ABSOLUTO/A: 170€ + TROFEO
3º CLASIFICADO/A ABSOLUTO/A: 150€ + TROFEO
Outorgaranse trofeos aos tres primeiros clasificados de cada categoría tanto feminina como masculina, agás nas categorías PITUFO/A e PREBENXAMÍN que non serán competitivas.
Na carreira absoluta tamén recibiran trofeo os tres primeiros homes e tres primerias mulleres en cruzar a liña de meta empradroados no Concello de Brión (para optar a este premio os atletas deberán estar correctamente empadroados no Concello de Brión no momento de formalizar a inscrición)
Todos os participantes das categorías PITUFO/A E PREBENXAMÍN recibiran unha medalla conmemorativa.
Todos os participantes que consigan rematar a proba recibirán unha CAMISETA TÉCNICA agasallo da organización como recordo da súa participación.
Os PREMIOS NON SERÁN ACUMULATIVOS, de xeito que ningún corredor/a poderá recibir dous trofeos, exceptuando os correspondentes aos empadroados no Concello de Brión. A entrega de trofeos farase ao rematar todas as carreiras.
OUTRA INFO
WEB OFICIAL DA PROBA
Cartel 2019
Percorridos 2019
Regulamento completo da proba
Regulamento do VI Circuito provincial de carreiras populares Deputación Provincial de A Coruña
Galerías Fotográficas
CASA DA CULTURA - CONCELLO DE BRIÓN
Carballeira de Santa Minia, Nº 5 - 15865 - Brión
Tl. 981 50 99 08 - Fax. 981 50 99 69
concellodebrion @ gmail.com
Última edición por concellodebrion o Mér, 09 Out 2019, 8:37; editado 1 vez