Lun, 23 Set 2019, 11:29
Asunto: Re: Meia Maratona do Porto 2019
Bos días, pois primeira participación nesta media maratón de porto. Despois do diluvio que caeu o sábado, día expectacular o domingo, todo despexado e con sol.
Era a primeira vez que me encontraba unha carreira na que o gardarroupa non está na saída, senón unicamente na chegada, e ao ser estas en sitios opostos, pois se querías cambiarte e ducharte ao final da proba, non quedaba outra que ir antes á chegada a deixar a mochila para a continuación coller un autobús da organización ata a saída.
Eu, como estaba aloxado no centro de Porto tirando máis ven arriba, decidín coller un autobús urbano que me levara ata a chegada xa que estaba a case 5 km. Así pois, madrugón mañanero, caminata de 10 minutos ata a parada, e logo de esperar alí uns minutos vexo un pequeno cartel que poñía que o domingo pola mañá a liña estaba suspendida por discurrir polo percorrido da carreira. Xa empezamos ben, dixen.
Nese mesmo intre apareceu unha rapaza que tamén ia correr e tiña pensado coller o mesmo autobús, entón decidimos facer o percorrido andando.
A rapaza era de orixe Polaca co cal fómonos entendéndonos como puidemos, perdémonos un par de veces e eso fíxonos perder aínda máis tempo e o final non nos quedou outra que poñernos a correr coas mochilas ao lombo senón non chegabamos.
Despois de 3 kilómetros e pico correndo a bo ritmo, chegamos ao gardarroupa a tempo para deixar as mochilas e coller un dos últimos autobuses que nos levaban á saída, eso si, cunha sudada impresionante.
Na saída xa non fixen quencemento, só recuperarme do trote anterior, e a esperar que non me pasara factura na carreira.
Dase a saída e saímos xuntos a rapaza e máis eu, ela márcame o ritmo, o seu ritmo é un pelín máis rápido que o meu pero aguanto ben, xa que nos movemos entre 4:40 e 5 cando hai atasco. Imos pasando xente en zig-zag xa que saímos no último caixón pois ela así o tiña marcado no dorsal, aínda que a súa marca era polo que lle entendín bastante superior. Pasados os primeiros kilómetros, nos que é bastante dificil correr porque vas encaixonado, xa corremos máis libres, pero doume conta de que sudo unha barbaridade, máis que nunca, e penso “coidado, aquí debemos estar cunha humidade terrible”.
A rapaza, que corre como unha gacela, vai continuamente pendente de min e pregúntame constantemente si vou “ok”, eu dígolle “ok” pero pensaba para min “se foras un pouco máis amodo, iría máis ok” jeje, e indícolle coa man que se quere que tire para adiante, pero ela decide ir comigo.
Así van pasando os kilómetros, imos os dous ao par, a bo ritmo e adiantando xente continuamente, pero a partir do 13 xa empezo a flaquear, pouco entreno este ano, non hai fondo, na entrada da ponte que fai un pequeniño repeito xa noto que se está acabando a gasolina e aínda quedan uns kilómetros, e con tanta humidade vou sufrir ao final, entón decido baixar ritmo e que a rapaza continue ao seu, como sei que non vai querer deixarme e eu non quero perxudicala, fágome o despistado e deixo de adiantar, desta vez faime caso e segue sola a bo ritmo. No 16 baixo outro pouco e os dous últimos kilómetros fagoos sufrindo como nunca, e xa na reserva total, pero entro en meta contento, aínda que despois cun pouco de pena porque non volvín a ver a rapaza Polaca que tirou de min case toda a carreira e non puiden darlle as gracias.
O que si quero e darllas a Correr en Galicia polo sorteo do dorsal.
Saúdos