Sáb, 05 Out 2019, 4:48
Asunto: Respaldo Tema CnG
Executando o seguinte script descárgase unha copia local do
tema público do foro CnG escollido.
Dispoñible
en este repositorio como
respaldo.sh
Podes descargalo, copialo ou clonar o repositorio e modificalo ao teu gusto ou aportar melloras ou informar de fallos ou problemas.
Instruccións: ver o
README no repositorio.
***************************
Utilizar baixo a propia responsabilidade.
Probado en Arch e Debian, polo que debería funcionar en calquera ubuntu-de-la-vida que haxa por ahí e no SO de apple. Agradécese que se alguén que utilice
windows informe sobre o seu funcionamento e en caso de que o modifique
comparta os cambios para que a xente poida utilizalo.
Versión 0.1:
primeira versión
funcional, como se pode ver no
exemplo dun tema con dúas páxinas (no momento de executalo).
A descarga dos datos é correcta, pero en seguites versións eliminaranse as partes repetidas e os temas con centos de páxinas poderanse descargar por partes (ou repartilos durante a edición).
Como digo no README hai moitas melloras que facer principalmente na parte de
editar os datos descargados dándolles o formato axeitado, sobre todo para fíos moi longos como os dos diarios.
Os datos descargados son ficheiros de texto (html) polo que comentando o código da sección "editando os datos" terías o tema dividido nas súas páxinas e podes editalo ao teu gusto cun editor normal (quitar partes, crear novos menús, xuntar páxinas, crear un libro ou un pdf, etc)
A seguinte versión xa editará directamente os ficheiros, pero será unha edición xenérica, sobre todo de "limpeza" para que despois cada persoa poida utilizar os ficheiros ao seu gusto.
-- Chámame "ghose"