JuanBellas escribió: | ||
Aquí tes o do ano pasado: https://es.wikiloc.com/rutas-carrera-por-montana/ii-trail-das-bestas-2018-26-km-30157859 |
kinholas escribió: |
Toda a info a tedes en www.traildasbestas.com |
Cita: |
Realizarase unha xornada “cero lixo”, na que se organizará un percorrido para todo aquel que queira participar e recoller o lixo que haxa nos trazados. |
PABLOCHAO escribió: |
Bótovos un cable mais ou menos ata onde sei e intento respostar as vosas preguntas: - Track de Maratón, de momento, podedes utilizar o da edición do 2018. Non vai ser exactamente igual (a priori este ano debería ter un pouquiño mais de desnivel e uns metriños menos de lonxitude) pero a diferencia non debería ser significativa. Digamos, así ao gordo, que a maratón será nun 95% coma a do ano pasado. - Respecto da distancia media, a dos 27 kms aproximadamente, a referencia do ano pasado non vos serve de case nada, xa que a metade do principio cambia por completo. Consérvase na súa totalidade a última parte (o que o ano pasado sería a partir do km 15, unha vez facías o cruce do río Eume). Se queredes cargar un track para ver, ou facer as vosas probas, o mellor é que empreguedes o da maratón a partir do km 17 aproximadamente,... goo.gl/maps/GL9w4hNggNunFqsi7 ...xa que a partir da Ponte dos Coruxos (nós coñecemola como ponte do Colviño), tanto a Maratón como a de 27 comparten recorrido. E a maiores só habería que engadir algo menos de 1 km de pista de terra, que é a distancia que hai dende a saída, en Coruxos, ata esa ponte. En teoría, colleranvos nun autobús na meta da Veiga en Muras, e levaranvos ata a saída que será en Coruxos. Dito doutra meneira,... sairedes do medio do monte, e cara o monte, primeiro por un trociño de pista de terra e despois xa camiño, sendeiro, monte aberto polos pasos dos animais, cara o corazón da Serra do Xistral... e non volveredes cheirar o asfalto nin a "civilización" ata o km 13 (da media distancia) que cruzaredes unha carretera rural. Ata ahí, sólo 100 metros dunha pista dos eólicos nun punto, e 100 metros noutro. E despois, pequenos sube e baixa constantes baixando ao carón do río Eume e polas súas fragas ata chegar a Muras. O desnivel, que alguén preguntaba tamén, non é elevado para este tipo de distancias. Anda aproximadamente polos 1200 positivos e algo mais dos 1300 negativos. Non é eso o que vos debería tirar para atrás. É unha carreira dentro da distancia, asequible,... non chupada, tampouco vos pensedes,... pero sí asequible. - Preguntavades tamén polos avituallamientos,... e desto non sei nada, pero pola referencia do ano anterior os da maratón estaban aproximadamente: - km 8, Alto da Amosa - km 17, Ponte de Coruxos. Este coincide co km 1 da media, polo que imaxino que aos desta distancia non lles tocará (pero non o sei). - km 23, Camposa do Xistral, que coincide aproximadamente co km 7 da media, e que supoño que si tocará tamén nesta distancia. - km. 32, o Buriz, que coincide aproximadamente co km. 16 da media distancia. Na páxina web da carreira, tedes a información da mesma, e aparecen os perfis, desniveis, etc. Ollo,... e esto é a miña opinión persoal,... creo que no desnivel peca un pouco de cauto e sería un "pelín" mais. A ver,... eu non vos vou garantizar que todos vades quedar plenamente satisfeitos, que cada persona é un mundo, e hai xente que lle gustan mais técnicas, tipo "gladiator race", outros que as queren con mais desnivel, outros mais corribles, etc... pero estou convencidísimo que vos vai gustar, porque bonita si que é. O mellor é que veñades e probedes,... jajajajajaja. |