Lun, 28 Out 2019, 16:05
Asunto: Re: 42 CARREIRA PEDRESTE POPULAR DE SANTIAGO 27/10
Pois un ano máis e xa van 17, as derradeiras 15 consecutivas disfrutando desta carreira.
Como ben comentan por aquí, ben se nota o baixón en afluencia, pero ainda así onte fomos un bo nº.
Na saida, non hay as apreturas que había antaño para colocarse ben situado, eu puxenme máis ou menos na metade do caixón azul e había moito espazo máis adiante de ter querido colocarme mellor.
Perdida de 14" na saida e a escomenzar a subida con tranquilidade, 1º Km. en 5'03", outros anos iría desesperado por este paso, pero onte era un día para disfrutar, no 2º e 3º inconscientemente e polo favorables que son corro a uns ritmos de 4'22", demasiado rápidos e tento de controlar un pouco, pero seguimos con terreo favorable, e xa estamos no lugar onde se empeza a endurecer a proba, en Santiago de Chile, cara Praza de Vigo e dura subida cara Rosalía de Castro, aquí xa hai algúns corredores que están pagando o sair demasiado rápidos, a min esta subida tamén me chegou, e tento recuperar polo campus, pero en nada xa estamos na seguinte subida, que a min sempre se me fai moi dura coroar Pio XII, e algúns corredores van clavados.
Por Galeras a ralentizar, xa que pouco despois do avituallamento xa empezamos a subir pouco a pouco e non vou nada cómodo. Xiramos a dereita, trato de coller aire antes de encarar a subida de Vite, a cal se me fixo máis longa que en outros anos, pese a ir adiantando corredores.
Veña kurty, que xa estamos arriba, derradeiro arreón, pero cando chego arriba, non hai a forza doutros anos e decido baixar todo S. Roque recuperando, aquí os corredores xa empezan a ir como mísiles, e o entrar na zona vella aumentamos algo o ritmo,
que rápido se pasan eses 2 Kms, sen darse conta un xa está outro ano máis rematando na Praza do Obradoiro.
Tempo final de 54'36" oficial, o 3º máis lento, pero contentísimo coma sempre que corro esta carreira.