Dom, 10 Nov 2019, 15:33
Asunto: Re: XL Carreira Popular de Negreira
Pois, corrín en Negreira unha vez máis, despois de varios anos de ausencia, pero o que non cambia é o clima, o do frío soe ser habitual e a choiva as veces, e este ano xuntaronse os dous.
Menos xente na saida da que puxen onte, xa que nos 697, estaban incluidos os de 5 e 10Kms.
Na de 10 rematamos 449 e na de 5, finalizaron 169, así que non fallou tanta xente.
Respecto a miña carreira, moi contento, xa non me acordaba do percorrido, xa que este debino correr só unha vez ou como moito 2.
Agora ten menos dureza, ainda que xa saimos cunha subidiña, despois ten outra subida algo máis longa antes de chegar ó km 2. e das duras de antes, só ten unha que coincide cos pasos polos kms. 4 e 8, que posr sorte non é moi longa, pero na 2ª volta fai mella, pero dende aquí ata meta, xa é todo baixar e llanear.
Eu de menos a máis, facendo máis rapida a segunda volta e mellorando os parciais en todos os kms. na 2ª volta. E con 44'11" netos máis que satisfeito.
A organización sigue sendo de luxo, con tdos os servicios que se poden ter, o único problema o das duchas, que cando cheguei, e non enredei moito xa saía fría, (supoño que os corredores dos 5 K. máis os primeiros da nosa deron boa conta dela).
Así que como xa estaba conxelado, cambieime e tirei para casa que está a menos de 30 minutos a ducharme.
Un saudo, e se todo vai ben, próxima parada na media de Vigo o vindeiro Domingo.