Ven, 22 Nov 2019, 22:15
Asunto: Re: Colaboración "anti-crisis"
Amina escribió: |
Bueno claro, lo del ancho de zapatilla también depende mucho del modelo.
Lo que yo percibo es lo siguiente:
Adidas Adizero Boston, ajustadas al pie
Adidas Solar Boost, anchas, similar a las New Balance 890
Espero que no te hicieses mucho daño en el resbalón |
Amina, normalmente as mixtas, como as Boston, van a ser axustadas ao pé, sexan da marca que sexan. O detalle é que se tes o pé ancho, iranche mellor as NB 890 v6, por exemplo.
Eu tamén pasei por Adidas, máis que nada por que é a marca que vende un veciño meu en Cedeira, na tenda de Cedeira Sport e quería mercarlle a él as zapas.
Pero non me foi ben.
As boston demasiado axustadas ao pé, e como ao correr o pé ensánchase mais, pois acabáronme dando moitos problemas.
As Solar Boost xa me ían algo mellor. Non son zapas para ritmos tan altos como as Boston, aínda que aguantan ben a 4 min/km, polo que soen ser máis amplias. E gustábanme porque son moi versátiles: tanto valen para rodar tranquilo como para meterlle caña rondando 4 min/km (fixérame con elas con vistas á media maratón Volta á Ría).
Pero o problema que tiven con elas foi outro; a altura do empeine. Algo que xa lera nalgunha review onde apuntaban que á xente que tivera empeine alto podíanlle causar dor nesa zona. A solución que lle vin foi meterlle unhas plantillas usadas é, polo tanto, máis finas. Así me quedaba o pé mais baixo.
Ao final entendín que non te tes que adaptar tí á zapatilla, senón que hai un modelo ahí fora especialmente feito para ti. Hai que buscalo.