Xov, 21 Nov 2019, 20:23
Asunto: Re: Fechas Coruña 21k, Coruña 10 y Maratón Atlántica par
Por fin se saben as datas, a min a que me interesa é a da media, e gústame que a deixen en Febreiro (a primeiros de ano só temos Viana e Coruña), xa que maratóns non corro, aquí cada un da a sua opinión según lle conveña como é lóxico.
As datas nunca van convencer a tod@s, antes comentabase en contra de Abril, que tamén estaba o de Madrid, e facíase un mes despois de Barcelona.
Agora que hai que adestrar no verán, habendo en Europa maratóns multitudinarios en Setembro e Outubro (Berlín, Amsterdam, Frankfurt, Bruselas, Eindoven, Budapest etc.) e aquí en España, temos os pequenos maratóns de Logroño, Burgos, Ciudad Real e Alcalá de Henares). Se en Galicia fai calor no verán, xa me diredes o que pode facer en calquera destas outras localizacións de España.
Para min, tiñan que tentar darlle un cambio, xa que creo que vai en declive nos derradeiros anos , esperemos que sexa algo máis que cambialo a Outubro, e o fagan tamén na organización e sobre todo promoción.
Non sei se vos acordades, pero o maratón de Valencia hai anos facíase en Febreiro, igual que Sevilla, que lle estaba comendo as "papas", e agora co cambio a Outono, e as moitas variacións que fixeron, Valencia está considerado o mellor maratón de España, e adquirindo moito renombre a nivel europeo.