Dom, 01 Dec 2019, 20:49
Asunto: Re: XV CARREIRA POPULAR MAR DE BOIRO. 13º MEMORIAL PEPE BUC
Pois despois de varios anos de ausencia, volvín a correr en Boiro, xa non me acordaba de que é unha carreira ca sua dureza.
Ademáis é unha carreira con trampa, xa que os 3 primeiros Kms. son rapidisimos, saida desbocada para abaixo da marioría da xente, eu non vou nada cómodo, xa que cando ainda non ian 2 Kms. notei un amago de punto no costado, así que tratei de controlar a respiración, do 3 ó 4 é todo subida, non excesivamente dura pero longa. E despois xa ven un rompepernas total, con tendencia xeneralizada a subir, eu nas baixadas tentaba recuperar algo, pero a puntilla, xa ven no derradeiro Km. ca subida final ata a rotonda, eu e coma a min os que ian o redor costounos un mundo rematala, pero dende ahí ata meta, só queda baixada e terreo chan.
Sain co obxetivo de facer 42'59", pero saiume un 43'17" oficial, que tampouco está tan mal para uns 10 kms. escasos.
Un saudo e creo que a próxima parada vai ser a carreira de Touro dentro de 2 semanas, xa que Lugo quédame demasiado lonxe para correr tan só 10 Kms.