Dom, 01 Dec 2019, 18:49
Asunto: Re: XXXIV Media Maratón Volta a Ría-Memorial Adolfo Ros 1-12-19
vacatola escribió: |
Esperamos crónicas! |
Os augures, os malos, anunciaban vendabales, raios, centelas... algún que outro desastre natural de inconstestabel caracter intempestivo e, cinco minutos antes da carreira, os augures, os malos, se frotaban as mas, as rodillas, incluso penso que abatían as orellas a modo de palmas.
Non obstante, a xente se arremolinou na saida de meta, e desafiando aos malos, augures, centos de pernas tolas comenzaron a batir a corteza terrestre provocando o espanto das nubes e das centelas.
O sonriso de Hercules, que debe ser running, ao menos fora da temporada de levantamento de columnas, iluminou aos tolos do asfalto, e a Ría de Ferrol foi testigo dunha procesión sin ídolos nin guías.... por 34 vez consecutiva.
Eu corrín a miña terceira volta, dez anos despois da primeira e, podo decir claramente que no hai tres sin catro.... Ou como era?