Foros ›
XXXIV Media Maratón Volta a Ría-Memorial Adolfo Ros 1-12-19
Foros de debate / Carreiras Populares en Galicia
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
RaAmon

Maratoniano
Maratoniano
1/05/09
45 Carreiras
200 Mensaxes
Carballo (A Coruña)
Respostar citando Envío Dom, 01 Dec 2019, 19:28
Asunto: Re: XXXIV Media Maratón Volta a Ría-Memorial Adolfo Ros 1-12-19

Tortux escribió:
https://www.rockthesport.com/es/evento/xxxiv-carreira-popular-volta-a-ria-memorial-ado/clasificaciones

Moitas grazas, Tortux Guiño
trasno16

Maratoniano
Maratoniano
21/06/16
100 Carreiras
103 Mensaxes
Ferrolterra
Respostar citando Envío Dom, 01 Dec 2019, 23:28
Asunto: Re: XXXIV Media Maratón Volta a Ría-Memorial Adolfo Ros 1-12-19

4ª consecutiva y círculo cerrado, ahora a empezar otro.
Para mí es muy especial correr por las calles por las que pasé desde niño, así que no puedo ser muy objetivo, pero me parece maravillosa esta carrera.
Sí es verdad que me sorprendió que de vuelta a casa regresé a la Carretera de Castilla desde Santa Cecilia y ya venía el furgón recogiendo los conos. Me gustaría que se diera más margen a los corredores, cerrar a las 2h30 minutos, aunque implique salir a las 09:30 por ejemplo. Me parece muy restrictivo este límite actual y creo que con más margen aumentaría la participación, yo al menos conozco a una persona que no se atreve a apuntarse por miedo a que después de correr la mayoría de la carrera lo echen del recorrido.
Para mí el único pero a una fantástica organización. Nos vemos en 2020!
vacatola

Foreiro Senior
Foreiro Senior
19/12/08
0 Carreiras
500 Mensaxes
Oleiros
Respostar citando Envío Lun, 02 Dec 2019, 10:51
Asunto: Re: XXXIV Media Maratón Volta a Ría-Memorial Adolfo Ros 1-12-19

vacatola escribió:
Esperamos crónicas!

Levanteime una hora antes do previsto. Almorcei con más calma do habitual e saín.

Ao chegar ao coche decateime de que deixara o teléfono na casa, así que volta para atrás que imos con tempo.
Subo no ascensor é…quedome atrapado. Sí, como nas películas.

Son as sete da maña, así que tampouco era plan de alarmas e ruído. Despois de un minuto de pánico inicial intento abrir as portas.As portas non se abren porén o ascensor fai una especie de “reinicio” e funciona.
Quencemento ok. Xa teño as pulsacións a tope.

Iniciamos viaxe. Salta a reserva. Enchémolo depósito (así a lo loco, porque yo lo valgo), “mira, parece que tienes una rueda muy bajita”. Perfecto, miramos a presión das rodas e xa se acaba de ir a hora de marxe por terme erguido cedo.

Chegamos a Ferrol sobre as 9:15 pero como comentan a entrega dos dorsais van con retraso.
Cola post-dorsal, ropeiro, última micción. Vexo a Maxi, “mira fai este estirmaiento para...”

-”E o concellal de deporte sera o encargado de dar a saída”...QUEEEEEEEEEEEEEE...veña á carreira para a saída.
Entro por diante, como o campeón que son, é dicir, pedindo perdón por meterme alí e saltiño vai, saltiño ven a modo de quencemento.

Placa, primeira baixada de saúdos, que tal, que tol, que ben, que mal, como vas (viñen en coche) -tú tranquilo que queda mucho, en la subida esto se limpia, a ver en las Pías, tú a lo tuyo (que será lo suyo?, será también lo mío?), e tras estes célebres comentarios intento manter ritmo media.

Cólleme Álvaro12 (o dos comentarios despiadados, malo, malísimos) e Jotaeme (o que non ata as zapatillas por menos de 15 quilómetros) e vacatola no medio...algo non funciona...ERROR MARCADOR NO DEFINIDO. Rajamos brevemente e xa parece que as cousas se aclaran mentres vemos marchar a Álvaro.

Pasámola ponte, xiro a dereita, empezamos a subir. Pásame Juan Bellas, foreiro moi activo no fío da “Volta á Ría”. El non sabe que son eu, pero eu sí sei quen é el. O nome na parte “datraás” da camiseta dame unha pista.
Mentres vou pensando nas nikevaporfly serán non será, adiantámonos varias veces, agora ti, agora eu, agora estoutro e agora aqueloutro (que para iso te-lo Celga 4)...primeiro avituallamento, groliño e poñer ritmo de crucero que queda moito…

Km 7 – veñaaaaaaaaaaa mira o tempo…. ERROR MARCADOR NO DEFINIDO...Ben, definido sí, pero para mal. Estes tempos meus non son para facer tempo, pero tampouco para irme case dous minutos por enriba do previsto no primeiro tercio…Bah, bah, bah...tonterías isto é porque estás subindo. Ego te absolvo e xa veremos nas pías.

Todo dito. No segundo avituallamento, bebo un pouco e me tiro para abaixo como un loco atormentado.

Nas Pías facemos un mini grupo que non acaba de funcionar. Unha mágoa porque ir en un grupo a esas alturas (sobre a metade da carreira) íanos axudar a todos. Pero, por falta de entendemento, ansiedade ou demáis non acaba de saír adiante. O que sae adiante é outra vez Juan Bellas e eu detrás.
E así, detrás del, vexo que temos á segunda clasificada a uns 100 metros. Mini obxectivo, vou intentar achegarme a ela, sen derrearme, recortando metro a metro e deixar que vaian pasando os quilómetros.

Antes do quilómetro 14 deixo atrás a Juan Bellas e antes do 15 á segunda clasificada, máis ou menos na costa de Bazán, e metémonos en Ferrol down town.
Acó o adoquinado xa me empeza a matar pero como vou xustiño de forzas, aturo como sexa sen zig-zaguear.

Plaza de España, frío, vento, auga e non hai onde abrigarse así que braceo, mini rampa de baixada, non esvares no paso de cebra e pregunto os señores biciclistas -Cánto queda? - Máis ou menos 3 ou 4 quilómetros. -Hmmm, xa...pero máis ou menos 3 ou máis ou menos 4???. Bueno, esta é a última subida! . Escollo morte e tiro para arriba para intentar facer ese sub 1,30 .

Agora non hai grupos, hai liñas, mini-adiantamentos, intentos de seguir un ritmo. Cada un sube co que lle queda. Intentando dalo todo. Eu noto que o frío me fixo bastante máis efecto que de costume, as pernas teñen forza pero van moi duras, noto os pés mollados...non sei cando noto tantas cousas e que ben de todo non vou. En fin, última subida e non...queda outra baixada e outra subida e outra baixada pero esta vez de moral.

A verdade é que viña a esta media coa idea de preparar un pouco C 21, de facer tiradas longas en condicións de carreira e que pensaba baixar de 1,30 case sen querer (un pouco optimista demais eu ) pero cando vexo o queda deixome ir. Non quero sufrir, quero acabar, deixome ir e apreto ao final para entrar en 1,31 pelao que me deixa un pouco así en terra de ninguén.

Excelente carreira que non defrauda ano tras ano
Amina

Experto no foro
Experto no foro
1/09/14
0 Carreiras
3053 Mensaxes
La ciudad de las piruletas y nubes de colores
Respostar citando Envío Lun, 02 Dec 2019, 13:43
Asunto: Re: XXXIV Media Maratón Volta a Ría-Memorial Adolfo Ros 1-12-19

vacatola escribió:

Levanteime una hora antes do previsto. Almorcei con más calma do habitual e saín

(...)

A veces todo se tuerce, pero lo importante es tomarlo con humor. Me ha encantado. Gracias por hacerme reír, me declaro fan de tus crónicas Sorriso
JuanBellas

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
21/08/18
59 Carreiras
1184 Mensaxes
Cedeira
Respostar citando Envío Lun, 02 Dec 2019, 15:29
Asunto: Re: XXXIV Media Maratón Volta a Ría-Memorial Adolfo Ros 1-

Esta era a miña segunda media maratón. Non a segunda Volta á ría, senón a segunda en total. Empecei o ano pasado animado por un compañeiro de traballo.

É un pouco complicado xa que a noite anterior tiven turno de noite no traballo e non chegas nas mellores condicións, precisamente.

Pero é curioso. Son as tantas da noite no traballo, tes sono, estás cansado e, se pensas nos kms que che quedan por diante velo como algo realmente complicado. Pero non me digades que é, supoño que a adrenalina....ese cosquilleo que se vai apoderando de ti conformes chega a hora da carreira....pero o caso é que no momento de dar a saída xa nin te lembras de sono, cansancio nin gaitas.

Saíndo de traballar ás 7 da mañá, tras afeitarme (sempre corro recén afeitado) quería almorzar algo suave un par de horas antes.

Das múltiples probas que levo facendo, atopo que me vai moi ben un vasiño pequeno de arroz branco (o resto dos días é integral, pero aquí non interesa comer moita fibra, por aquilo de non ter que visitar o W.C. no momento mais inesperado), uns 80 g que preparo na olla express mentres me afeito. Así non se pega nada nin tes que estar pendente de remexelo ben.

A ese arroz, unha vez feito, añádolle dúas claras de ovo un pouco batidas (que teño conxeladas en cubiteiras para así administralas mellor). Mezclas todo ben e pa dentro.

O feito de añadirlle unha proteína responde a que así irá soltando a glucosa mais lentamente (sempre é mellor comer pasta con bonito, por exemplo, que só con tomate).

Ese prato de arroz compleméntoo con algo mais líquido. No meu caso con algo de coseita propia: Chocolátano, e que podedes ver aquí a receita: https://recetasbellas.com/2016/03/22/chocolate-platano-chocolatano/
Séntame moi ben esa combinación de chocolate é plátano.

Todo iso dúas horas antes de correr. Hai quen necesita mais tempo, 3 ou 4 horas, outros menos...cada persoa é un mundo.

Logo entorno a unha hora antes da carreira éntrame moi ben un té roxo.

Con esas, a iso das 9 pasadas, salgo para a zona da saída, que queda a case 3 kms de casa.

O día amañeceu cuberto, ameazando choiva, pero calmado, inda que daban mellores presaxios para o momento da carreira. Cruzamos os dedos.

O día anterior deixara o coche polas rúas próximas, paro así poder gardar a chaqueta do chándal que levaba mentres ía quentando no traxecto dende a miña casa.

Chegamos aló un pouco antes das 9 e media e aínda están montando un dos pórticos de chegada. Ummmmm.....será alí a chegada, ou será mais adiante?....non vaia a ser que pare entes de tempo.... Pensando

Pero non, só nun deles hai control do tempo, polo que a cousa está clara.

Empezan a chegar os compañeiros de ruta e damos unhas voltas arredor do concello, cando empeza a caer unha boa 15 ou 20 minutos antes do inicio da carreira....vaia por deus...

Por sorte vai remitindo e xa non volverá en toda a carreira apenas unhas poucas gotas mais adiante.

Cheguei a esta carreira sen moitas esperanzas de nada. Apenas saín a correr ultimamente, e esta é unha distancia que require que aclimates o corpo con antelación a "algo similar", tiradas de, polo menos 15-16 km.

E iso foi algo que eu non fixera ultimamente. Entre a choiva destas últimas semanas e que non andaba moi enriba de ánimos....pois iso, que me plantei na carreira sen demasiadas expectativas.

Si é certo que rondaba a miña cabeza a idea de baixar da hora e media (o ano pasado fixera 1:35), pero para iso necesitaba andar, mais ben correr, por debaixo de 4:20 e non o tiña tan claro.

Empezamos a carreira e, ao ser nunha pequena costa abaixo, é mais fácil que te embales e vaias a un ritmo maior do aconsellable.

Noutra carreira con menos xente, igual sí, pero aquí, ao haber tant@s, 700, e ser a saída algo estreita abarcando só un carril, provoca que vaias bastante preto dos demais, có que resulta máis fácil tamén manter o ritmo.

A cousa vaise estirando e ahí xa vexo que vou a un ritmo adecuado de "catro e pouco"

De tódolos xeitos, estou empezando a correr por potencia, con Stryd, e mais que fixarme no ritmo, que tamén, o que controlaba eran os valores de vatios que ía desenrolando, procurando meterme nun rango do cal tiña unhas alertas no reloxo para que me avisara se me saía.

Este é un circuíto con continuas subidas e baixadas, moi suaves a maioría, e que a dureza que imprimen ao subilas ven marcado mais polo momento no que che toca subilas, xa que cada ano sae dun sitio distinto (o ano que ven sairá de Neda). E por iso que, por exemplo, a subida ao Puntal, entre Neda e Fene, faise mellor este ano que queda a pouco mais de 5 km, que cando salga de Fene, por exemplo, que xa case queda ao final.

Tiña algo de preocupación por como nos trataría o vento, sobre todo pola zona das Pías, inda que tamén por outros lados (o ano pasado en Neda foi tremendo). Todo depende de que lado veña. Pero non....a verdade é que puidemos desfrutar dunha mañá realmente boa, desas que apetece bastante saír a pasear....un paseo de 21 kms.... Guiño

O primeiro avituallamento estaba en Neda a uns 5 km. Ahí tiña pensado beber algo de auga, para logo tomar un xel xa no segundo, polo km 10 antes das pías.

Eu sempre bebo bastante mal dos botellíns en carreira. Necesitaría parar....pero vai a ser que non. Polo que vin por internet un método que parecía ter sentido: beber por unha palla das que dan nos bares. Dito é feito. Levei unha no bolsillo do pantalón, e teño que dicir que se bebe moito mellor, sen necesidade de parar. Tan só debes vaciar un pouco de auga, colocar a palliña dento da botella e colocar a man como tapando a boca da mesma. Vas dando sorbos e bébese realmente ben e fácil. Moito mellor que con eses soft pack nos que a auga sae a presión, polo menos eu.

Pasado o Puntal sen moitos agobios, procurando que a potencia non se me salga dos márxenes que pretendía, baixando algo o ritmo loxicamente, encaro Fene e xa tomo ahí un xel. Non sabía se tomaría un segundo mais adiante, pero quería aproveitar que no km 10 había outro avituallamento para aproveitar e tomar ese xel e logo beber (coa palliña....)

Todo vai transcorrindo con normalidade, con valores de potencia adecuados, ritmos por debaixo de 4:20, e cruzamos As Pías nun día realmente agradable, nada que ver con outras veces que teño vido por aquí a adestrar, ou mesmamente o ano pasado.

Pasamos Caranza, e eu sempre digo que é unha zoa algo falsa, xa que parece que vas case en chao, pero ten unhas "ondulacións2 que pican o seu, sumadas aos kms que xa traer contigo, uns 15.

É ese momento, entorno ao km 15-16 cando xa empezo a notar algo de flaqueza nas pernas. Supoño que terá que ver có feito de non saír nada ultimamente, pero a partir da zona na que entras por Esteiro xa os ritmos son algo peores, por enriba de 4:20.

Toca subir a costa da porta da antiga Bazán, actual Navantia, costa curta pero moi empinada. Procuro subila con zancadas curtas, tratando de non sumar mais cansancio e buscando saír o menos cansado ao final, que aínda quedan uns kms.

Pero xa noto que as pulsación se me van moi cerca do meu máximo, a valores por enriba dos 170, e ahí a única forma de recuperarte algo e baixar o ritmo tratando de recuperar algo de alento.

Logo está a pequena subida pola Rúa Madalena en Ferrol que tamén me castiga algo.

Pasamos a Praza de España e, curiosamente, ahí si que se nota mais o vento, non moi forte, pero si o suficiente como para meter algo mais de dificultade na carreira, xa con 18 kms no lombo.

Ahí xa noto eu que as forzas non son as que deberan e o ritmo está mais cerca de 4:30 que de 4:20.

Vaime pasando algunha xente, todos novos e que fanme sentir mais veterán se cabe.....

Continúan as ondulacións ata chegar á Ponte das Cabras, no km 20. Sabía que ese último km ía ser tremendo, en subida. Porque é unha subida respetable é porque é o último km.

Pero claro, o que ten de malo tamén o ten de bo, no sentido de que, precisamente por ser ese último km sacas forzas de onde non tes. Así todo subín por alí a ritmo de 5 min/km.

Ao final quedei nas portas de baixar desa hora e media por minuto e medio pero, ao mesmo tempo, saín satisfeito, motivado para prepararme de verdade cara á vindeira media, que será, se nada se torce, a da Coruña en febreiro, que quero aproveitar que estou librando ese día.

Estas carreiras, con tantos kms, teñen algo especial que ven no pack desa dureza que provocan eses kms precisamente. Vívelas dunha maneira diferente, desfrutando desa dureza, por incrible que pareza.

É por iso que cada vez síntome mais a gusto en carreiras de longa distancia, a partir de 10k, ou mesmo Trails, que non en carreiras de 5k, por exemplo.

Agora toca preparar ben a media da Coruña. Temos 2 meses e medio.

Máis lonxe, máis rápido, máis feliz.
www.recetasbellas.com
JuanBellas

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
21/08/18
59 Carreiras
1184 Mensaxes
Cedeira
Respostar citando Envío Lun, 02 Dec 2019, 15:40
Asunto: Re: XXXIV Media Maratón Volta a Ría-Memorial Adolfo Ros 1-

Por certo, o de poñer o nome na espalda da camiseta foi unha idea que me deu Amina en C10. Pareceume perfecto para identificarme nas carreiras con toda esa xente que compartes momentos de internet pero que non coñeces en persoa.

Dende aquela xa van uns cantos, de por aquí ou de Strava, que me saúdan.

Antes esquecéuseme. Aquí tedes a carreira en Strava:
https://www.strava.com/activities/2903719051
Amina

Experto no foro
Experto no foro
1/09/14
0 Carreiras
3053 Mensaxes
La ciudad de las piruletas y nubes de colores
Respostar citando Envío Lun, 02 Dec 2019, 16:31
Asunto: Re: XXXIV Media Maratón Volta a Ría-Memorial Adolfo Ros 1-

JuanBellas escribió:

Ese prato de arroz compleméntoo con algo mais líquido. No meu caso con algo de coseita propia: Chocolátano, e que podedes ver aquí a receita: https://recetasbellas.com/2016/03/22/chocolate-platano-chocolatano/

Tes un blog de recetas de cocina!! O que se descubre lendo as crónicas das carreiras Sorriso

JuanBellas escribió:
Por certo, o de poñer o nome na espalda da camiseta foi unha idea que me deu Amina en C10. Pareceume perfecto para identificarme nas carreiras con toda esa xente que compartes momentos de internet pero que non coñeces en persoa.

E así foi coma te recoñecín eu jajaja

Gracias por compartir a túa crónica da media Volta a ría Sorriso
JuanBellas

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
21/08/18
59 Carreiras
1184 Mensaxes
Cedeira
Respostar citando Envío Lun, 02 Dec 2019, 16:38
Asunto: Re: XXXIV Media Maratón Volta a Ría-Memorial Adolfo Ros 1-

Amina escribió:
JuanBellas escribió:

Ese prato de arroz compleméntoo con algo mais líquido. No meu caso con algo de coseita propia: Chocolátano, e que podedes ver aquí a receita: https://recetasbellas.com/2016/03/22/chocolate-platano-chocolatano/

Tes un blog de recetas de cocina!! O que se descubre lendo as crónicas das carreiras Sorriso

Sí, anque levo un tempo con él algo descoidado.
Para min publicar receitas de cociña é algo mais que sacar dúas fotos, ingredientes, dous detalles e xa está.
Métome moi a fondo no tema.
E para iso necesito estar ben de ánimos. Algo que ultimamente ando un pouco floxo.
Pero ben....nunca choveu que non escampara, e espero retomar algún día o tema de verdade.

Máis lonxe, máis rápido, máis feliz.
www.recetasbellas.com
Eloy

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
15/11/14
116 Carreiras
322 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 02 Dec 2019, 19:43
Asunto: Re: XXXIV Media Maratón Volta a Ría-Memorial Adolfo Ros 1-12-19

Tortux escribió:
https://www.rockthesport.com/es/evento/xxxiv-carreira-popular-volta-a-ria-memorial-ado/clasificaciones
No hay tiempos netos Confuso
Kinvara

Novo foreiro
Novo foreiro
2/09/19
25 Carreiras
11 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 03 Dec 2019, 14:59
Asunto: Re: XXXIV Media Maratón Volta a Ría-Memorial Adolfo Ros 1-

Muchas gracias por compartir vuestras impresiones de la carrera. Siempre es interesante conocer otras formas de enfrentarla y, al mismo tiempo, revivir la experiencia propia a través de la crónica de la vuestra, aunque en mi caso fuera un buen trecho más atrás...
Estoy interesado en conocer algo del tema de los potenciometros apuntado por Juan, pues lo desconozco absolutamente todo, aunque supongo que será más para abrir otro hilo y que la gente comparta ahí sus opiniones. Si veis que da para eso nos ponemos a ello.
También soy de la opinión de que las medias dejan un poso especial y, cuanto más difíciles, mayor es ese regusto agradable al terminarlas. No puedo ni imaginar lo que debe ser completar una maratón...
Finalmente me sumo a la opinión de que se debería mantener la carrera abierta hasta las dos horas y medía. Me parece una putada tremenda que, después de llevar más de dos horas corriendo, no te dejen llegar a meta con todos los honores. El año pasado si se hizo.
Kurty

Experto no foro
Experto no foro
26/03/05
493 Carreiras
3775 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 03 Dec 2019, 18:09
Asunto: Re: XXXIV Media Maratón Volta a Ría-Memorial Adolfo Ros 1-

Kinvara escribió:
r una maratón...
Finalmente me sumo a la opinión de que se debería mantener la carrera abierta hasta las dos horas y medía. Me parece una putada tremenda que, después de llevar más de dos horas corriendo, no te dejen llegar a meta con todos los honores. El año pasado si se hizo.

Eu non fun a media, pero alucino co do peche, e acabo de mirar as clasificacións, e hay, cerca de 30 descalificados, que polos tempos de paso no punto intermedio entendo que os descalificaron por ese motivo.
Inconcebible, que non den como mínimo 2:30 para o peche. Enfadado
JuanBellas

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
21/08/18
59 Carreiras
1184 Mensaxes
Cedeira
Respostar citando Envío Mar, 03 Dec 2019, 18:20
Asunto: Re: XXXIV Media Maratón Volta a Ría-Memorial Adolfo Ros 1-

Kinvara escribió:
Muchas gracias por compartir vuestras impresiones de la carrera. Siempre es interesante conocer otras formas de enfrentarla y, al mismo tiempo, revivir la experiencia propia a través de la crónica de la vuestra, aunque en mi caso fuera un buen trecho más atrás...

De nada!. Pola miña parte é un pracer, case unha obriga o compartir experiencias. Pero pásame neste tema e en calquera outro que aborde. Sempre pode haber pequenos detalles que a outr@s lles podan ser útiles.

Kinvara escribió:

Estoy interesado en conocer algo del tema de los potenciometros apuntado por Juan, pues lo desconozco absolutamente todo, aunque supongo que será más para abrir otro hilo y que la gente comparta ahí sus opiniones. Si veis que da para eso nos ponemos a ello.

Se tes Facebook, estes grupos están bastante ben para resolver calquera dúbida:

-Oficial de Stryd (en inglés, inda que é fácil seguir as traduccións : https://www.facebook.com/groups/strydcommunity/

-Stryd en español : https://www.facebook.com/groups/1350528851634221/

-Grupo levado por Steve Bateman, un estudioso de Stryd : https://www.facebook.com/groups/from1runner2another

-Grupo levado por Palladino, outro estudioso do tema : https://www.facebook.com/groups/PalladinoPowerProject/

A min estame custando cambiar o chip, empezar a pensar en vatios en vez de min/km. Realmente non penso que chegue aos extremos que aí propoñen de pensar, única e exclusivamente en potencia.

Sigo sendo da idea de que é necesario compaxinar datos de distintas fontes.

Un exemplo: hai veces que a potencia que estás a desenrolar nese momento non é moi alta, estás nun valor que, teoricamente, poderías aumentar, indo a un ritmo mais alto. Pero que pasa?, pois que igual levas as pulsacións moi altas e non es capaz.

Por iso digo que seguramente siga controlando varias métricas, xa que o control por potencia presenta outras vantaxes a facelo por pulsacións, como estaba facendo ata agora.

No seu momento abrín un fío dedicado a ese tema, pero non parece que interesara moito. Se che parece podes seguir nel: http://www.correrengalicia.org/index.php?name=Forums&file=viewtopic&t=21887

Máis lonxe, máis rápido, máis feliz.
www.recetasbellas.com
Moinante

Novo foreiro
Novo foreiro
24/10/11
0 Carreiras
11 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 03 Dec 2019, 19:15
Asunto: Re: XXXIV Media Maratón Volta a Ría-Memorial Adolfo Ros 1-12-19

Hola, simplemente hacer un pequeño apunte: ¿os habéis fijado que el la clasificación aparecen los DNI de los participantes?
Habrá que tener cuidado con las carreras que cronometre Rockthesport. Lo suyo es dar un número falso, pero después si te da un telele en la carrera y hay que tirar de seguro...
En fin, que es una chorrada; pero no me parece necesario dar tanta información gratuitamente.
Un saludo!!
JuanBellas

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
21/08/18
59 Carreiras
1184 Mensaxes
Cedeira
Respostar citando Envío Mar, 03 Dec 2019, 19:21
Asunto: Re: XXXIV Media Maratón Volta a Ría-Memorial Adolfo Ros 1-12-19

Moinante escribió:
Hola, simplemente hacer un pequeño apunte: ¿os habéis fijado que el la clasificación aparecen los DNI de los participantes?
Habrá que tener cuidado con las carreras que cronometre Rockthesport. Lo suyo es dar un número falso, pero después si te da un telele en la carrera y hay que tirar de seguro...
En fin, que es una chorrada; pero no me parece necesario dar tanta información gratuitamente.
Un saludo!!

Pois non caera no detalle. Pero tes razón.

Se é necesario dar o DNI no momento do rexistro polo tema do seguro, paréceme ben, pero tampouco hai necesidade de mostrar logo ese dato en público. Non ten sentido.

Máis lonxe, máis rápido, máis feliz.
www.recetasbellas.com
Moinante

Novo foreiro
Novo foreiro
24/10/11
0 Carreiras
11 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 03 Dec 2019, 19:24
Asunto: Re: XXXIV Media Maratón Volta a Ría-Memorial Adolfo Ros 1-12-19

Moinante escribió:
Hola, simplemente hacer un pequeño apunte: ¿os habéis fijado que el la clasificación aparecen los DNI de los participantes?
Habrá que tener cuidado con las carreras que cronometre Rockthesport. Lo suyo es dar un número falso, pero después si te da un telele en la carrera y hay que tirar de seguro...
En fin, que es una chorrada; pero no me parece necesario dar tanta información gratuitamente.
Un saludo!!

Yo mismo me respondo: justo antes de escribir el mensaje anterior le envié un mail a Rockthesport avisando del tema y me acaban de responder: ha sido un error y lo repararán de inmediato.
Aprovecharé para apuntar los datos de un par de corredores antes de que los borren, para cuando me compre el satisfayer Demo sorrindo





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos