Lun, 20 Xan 2020, 9:49
Asunto: Re: Circuito Coruña Corre 2020
E chegou a carreira do magnicidio (ou Matogrande) sen pena e sen gloria.
Alomenos esa é a impresión que me dá.
Dende a Volta á Ría de Ferrol non volvera a ningunha carreira, así que "a priori" tiña ganas de da-lo todo. E así, con esas gañas comecei o luns da semana anterior peeeeeeeeeeeeeeeeeeeero esas gañas foron...difunminándose??? e cheguei ao domingo con máis gañas de cama que de carreira.
Planteime en Matogrande, con mallas, dúas camisetas, mochila excursioneira e poucas ganas de correr pero como quería sacarlle proveito á carreira pensei en facer un modo "7 kms a ritmo de media maratón coruñesa" e foi o mellor que puiden facer.
Coma (casi) sempre subestimei o quencemento. Sorpréndeme como moita xente (Xente de aquí e de acolá - Álvaro Cunqueiro) é quen de saír a lume e ferro trotando como moito 5 minutos. Eu sei que se quero darlle teño que "romper a súar" e salír alto de pulsacións o que implica como mínimo uns 20 minutos de: -trote, -dinámicos, -rectas, -rectas, -rectas e máis rectas e logo sí, un borriquero dun par de minutos e para meta. Resumindo teño que saír un pouco "canso" como despois de facer a primeira serie.
Todo o devandito no párrafo anteriro non se cumpriu no día de onte. Falei, saudei e finalmente trotei uns 10 minutos pero iso non me valeu de moito, ben para non pasar frío que non é pouco.
Saída cara abaixo, estreita e multitudinaria. Acontece o normal un pouco de aglomeración pero sen grandes problemas, cando empezamos a subir escoito uns metros detrás a protesta dun modo pro "joder, es que así no se puede, no se puede", uns segundos despois o modo pro sube pola mediana e comeza a adiantar xente, un segundo despois outro corredor lle fai unha amable suxerencia "gilipollas pois sal diante"...hmmm despois de todo parece que a carreira se pon interesante.
A carreira van transcorrendo sen moita historia, prácticamente vou no mesmo grupo dende a saída, manténdome nese límite de ritmo alto pero con marxe ata que comezamos a primeira subida importante e ahí reagrupamos con outros que van diante. Empeza a baixada e logo os tobogáns. Nas baixadas apreto un pouco deixándome caer e dando zapatilla para descansar nas subidas. Seguimos así sen pena e sen gloria e sen atormentarme demasiado polo crono cando aparece esa rampiña de 250 metros durecha e ahí vexo ao "modo pro" que vai caneando dun lado a outro.
Pois que ben, por fin algo que facer. Subo , remato a subida e "modo pro" non dá máis xogo así que agora qué??? Sigo correndo así en "terra de ninguén" e comezo a pensar e apretar algo máis nos últimos quilómetros. Debería de poder, pero a cousa non sae moi aló, algo lle dou e sí empezo a pasar xente pero tampouco nada do outro mundo.
Entro en meta, como curiosidade no mesmo posto que o ano anterior a pesar de facer case medio minuto máis e pensando en que expediente cumplido e pouco máis.
Un pasiño máis cara C 21.