Mar, 07 Abr 2020, 12:23
Asunto: Re: Correr Descalzo
Para aquelas persoas que mostraron curiosidade por
correr descalzas este é un bo momento para aprender.
Na túa casa, da cociña ao cuarto e volta

trotando amodiño, case no sitio, pero sen zapatillas nen calcetíns.
Descálzate. Con xeito e amodiño, notarás como corres con unha postura máis erguida e apoias o pé de forma suave.
Ollo! non intentes inventar nada, nin facer experimentos como aterrar coa punta do pé ou historias así. Simplemente
descálzate, anda un par de minutos e ponte a trotar moi suavemente. Non é complicado, non sí?
O risco de pisar vidros rotos, cacas de perro, pillar hepatite, tétanos, etc. é mínimo (espero

). Só hai que ter coidado coas cadeiras e mesiñas do salón, pódenche deixar as canelas finas.
Est.2008 mastodon.gal - Libros "Run&Endurance"