Foros ›
Maratón de Málaga 2019 (15/12/2019)
Foros de debate / Carreiras fóra de Galicia
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
sonsuso

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
9/10/11
0 Carreiras
1338 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Lun, 16 Dec 2019, 19:10
Asunto: Maratón de Málaga 2019 (15/12/2019)

Boas!

Comento algunhas cousiñas sobre a Maratón de Málaga, na que participei onte. Tampouco direi demasiado, pero polo menos abrir o fío por se no futuro alguén pensa correla ou quere saber algún detalle, pois para que poida preguntar por aquí.

Pleno decembro e temperatura moi agradable. Un pouco de fresquete pero porque había moito vento (algo puntual), senón sería a ideal!

Un percorrido esencialmente chan, aínda que con matices, e que son dúas voltas distintas. Digo dúas voltas, porque percórrese a cidade por dous circuítos distintos, pasando na media maratón xusto ao lado da saída. Os primeiros 23km son case totalmente chans (excepto unha subida tendida dun quilómetro no km 2 e a correspondente baixada despois). Chans e con ambiente. É unha primeira media maratón moi cómoda. A partir do km 24 segue sendo completamente chan, pero desanxelado. O única interesantillo é que se vai por dentro das pistas de atletismo que hai na zona do pavillón Martín Carpena, pero do 24 ao 34 apenas hai público e faise durillo de cabeza. Sobre todo porque do 34 ao 38 hai varios subes e baixas que se vas tocado te matan. No km 38 está o estadio da Rosaleda e xa todo cara meta. A partir do km 39 todo moi favorable, e do 40 unha pasada o ambiente. Sobre todo o último quilómetro e medio polas calles peatonais do centro. Por non dicir a rúa Larios e logo a longa recta de meta coa xente facendo un pasillo estreito. A última parte e a meta son unha auténtica pasada!

Sobre o resto de cousas: a feria da maratón e a entrega do dorsal moi ben e moi cómoda (no pavillón Martín Carpena, a 1h creo andando do centro, onde está a saída), non dan camiseta (nin da maratón nin finisher), dan unha chaquetita moi finita coa bolsa do corredor, saída moi ben organizada cos caixóns (media maratón e maratón misturados nos caixóns e saída conxunta, pero sen ningún problema, gustoume). E non sei se me esquezo algo máis...

O dito, aquí queda a crónica técnica e algúns detalles por se hai algunha persoa interesada no futuro.

Apertas!

PD: é Bronze Label, por se a algunha persoa lle interesan esas cousas.
Theblackswan

Foreiro infantil
Foreiro infantil
20/11/12
0 Carreiras
62 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 16 Dec 2019, 21:41
Asunto: Re: Maratón de Málaga 2019 (15/12/2019)

Gracias por compartir a túa experiencia.
Estaba valorando correla o ano q ven e tereina en conta no momento de tomar a decisión.

Gracias de novo.
chogori

Maratoniano
Maratoniano
21/04/08
0 Carreiras
119 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 17 Dec 2019, 8:10
Asunto: Re: Maratón de Málaga 2019 (15/12/2019)

Gracias pola crónica e pola información.

Saludos!
rosetas

Maratoniano
Maratoniano
22/05/12
345 Carreiras
1093 Mensaxes
A CORUÑA
Respostar citando Envío Mér, 18 Dec 2019, 11:11
Asunto: Re: Maratón de Málaga 2019 (15/12/2019)

Gracias por la crónica. Aplauso Aplauso
Queda anotado en la lista de futuribles Guiño





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos