Lun, 23 Dec 2019, 17:48
Asunto: Re: SIN-SON 2019 (Porto do Son) - 22/12/2019
Pois un ano máis fiel a cita ca Sin-Son, cando cruzabamos a Ponte sobre a ría, a eso das 9:30, estaba arrollando e cun vento infernal, que sacaba as poucas gañas de correr que levaba.
Pero ó chegar a Porto do Son e despois en Portosín, ainda que o vento nalgunhas partes era un auténtico vendabal, a choiva xa nos respetou durante toda a xornada.
Gran cantidade de xente, pero bastantes ausencias respecto ó nº de inscritos, imaxino que o temporal que padecemos estes días fixo que algúns se replanteasen a sua presenza.
Moitísimos coñezidos e ainda que quentei algo, lieime a falar e cando fun para o meu caixón, o A, aquelo xa estaba a rebosar, e ainda que avancei algunhas posicións, tivenme que situar bastante atrás, pistoletazo de saida e 22" despois pasamos polo arco, os primeiros mts. máis que correr, andando, pero é o que ten a saida desta carreira (moi estreita e mala colocación da xente nos caixóns de saida respecto ós seus ritmos), 1º Km. en 5'03", 2º en 4'26" e 3º, xa entrando na praia de Coira, onde nos freaban as rachas de vento en 4'28", como é lóxico adiantando moitísimos corredores, saida a estrada que vai cara o Son, e antes de chegar ó Km.4 o GPS, quedase sen batería (lóxico, xa que non o puiden cargar, quedamos sen luz as 17 h. do Sábado ata o Domingo as 14:00), así que a correr por sensacións, e xa estamos na metade da carreira onde está o cronometraxe, tras superar a costa de acceso a Guieira, toca un tramo de baixada e chan, ata chegar ó punto clave da carreira, que é a longa e dura subida do outro extremo da Praia da Aguieira, ahí peguei un cambio de ritmo, (xa que creo que ó non levar referencias, fun cómodo de máis), subindo a moi bo ritmo ata rematala, breve recuperación no tramiño de baixada e a dalo todo nos 2 kms. finais.
Chegando moi enteiro en 44'07" neto, que está moi ben para o día que tivemos e as poucas gañas de competir que tiña.
Un saudo e a agardar por máis.