Foros ›
San silvestre Mugardos/ares/mugardos
Foros de debate / Carreiras Populares en Galicia
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
Flamini

Novo foreiro
Novo foreiro
20/09/19
0 Carreiras
45 Mensaxes

Respostar citando Envío Sáb, 28 Dec 2019, 15:31
Asunto: Re: San silvestre Mugardos/ares/mugardos

Ya con dorsal y gorrito de papanoel!!! Ríndose
Saludos
slowmotion

Foreiro Senior
Foreiro Senior
21/12/13
0 Carreiras
390 Mensaxes

Respostar citando Envío Sáb, 28 Dec 2019, 21:05
Asunto: Re: San silvestre Mugardos/ares/mugardos

trasno16 escribió:
Yo echo de menos un mail de la organización. Supongo que habrá bastantes que vayan a Mugardos.
Muchas gracias a los que compartísteis la información!
Pues sí, muchas gracias por el aviso. Está también puesto el aviso en la página de la inscripción.
JuanBellas

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
21/08/18
59 Carreiras
1184 Mensaxes
Cedeira
Respostar citando Envío Dom, 29 Dec 2019, 17:25
Asunto: Re: San silvestre Mugardos/ares/mugardos

Ben, pois como o tema vai de compartir as experiencias que vamos tendo nas carreiras en formato crónica, pois aí vai a miña da carreira desta mañá entre Ares e Mugardos.

Levántome cedo. Realmente estase a converter nun hábito cada vez que teño unha carreira.
Xa me pasaba igual cando era neno e xogaba ao fútbol, que o día que tíñamos partido pola mañá xa estaba desperto unhas cantas horas antes. Algo así coma a ilusión dos Reis Magos....e gústame pensar que, pasados uns cantos anos xa, sigue habendo algo que xenera ilusión infinita en min.

Levo un tempo facendo probas acerca do que é mais conveniente cear a noite anterior e cear a mañá da carreira.
Cheguei á conclusión que non se require cea especial: tan só algo que estás habituado a comer e que sabes que che sentará ben e que che dará bó durmir.

Cousa aparte xa é o almorzo. Eu almorzo habitualmente un poridge (ou como se escriba) de avea integral, con froitos secos (noces...améndoas...pistachos...), algunha froita (kiwi....caqui...plátano...) xunto con bebida de avea caseira, con xenxibre fresco raiado e canela moída.
Pois ben, ese almorzo non me parece adecuado para as horas previas dunha carreira, xa que é moi rico en fibra, entre outras cousas, é que resulta moi beneficioso para o día a día, pero que tamén ten o inconveniente de que fai que vaias "descargar" ao W.C. con facilidade (algo de agradecer cando queres manter o peso), pero imaxinaros a que nos pode montar se me entran ganas en plena carreira....

Nese sentido estame dando bo resultado un prato de arroz branco (a única vez que non o tomo integral), xunto con un par de claras de ovo que mesturo ben có arroz aínda quente.

Aporta hidratos de rápida asimilación, pero fai que vaia pouco a pouco asimilándose no torrente sanguíneo por mor da proteína da clara de ovo.

O caso é que fai que me senta bastante ben nas 2-3 horas seguintes, tomándoo un par de horas antes da carreira.

Todo isto é moi relativo, xa que o que lle fai ben a un pode non facerllo a outra persoa, pero todo é probar, e simplemente escribo iso como idea por se lle sirve a alguén.

Marcho cedo para a carreira, entre outras porque quería aparcar cerca da meta é tomar algo con compañeiros polo Paseo de Ares na hora anterior.

Nese punto dáme algo de rabia o cruzarme con Amina nun bar e non poder sentarme con ela e os seus amigos (seguro que algún do Foro), pero é que xa quedara con alguén nese bar e dábame rabia por esa persoa e facela sentar con xente que non coñecera de nada.... Triste

Tomo un té, xa que o café faime ir ao baño con moita mais frecuencia. Aparte de que lin que a cafeina fai mais efecto na xente que non está moi acostumada a ela.....e eu tomo cafés a barullo durante a semana...

Falando falando....o caso é que nos achegamos ata a liña de saída apenas 25 minutos antes.

Ía ben abrigado, pero é cando me despoxo do anorak e pantalón de chándal cando son verdadeiramente consciente do frío que fai e cando me decato de que esquecín os manguitos na casa, xa que ía correr con camiseta de tirantes.

Pero ben....malo será.

O caso é que quentando pola sombra daba un....non sei como dicilo....pero que se pode resumir nas miradas que me botaba a xente mentres eles/as ían abrigados ata o pescozo....

Alternando raioladas de sol xa a cousa cambia....si, pero dando un par de largos cerca da saída un xa empeza a entrar en calor e xa non vexo tan mala cousa o que non fora mais abrigado.

No quentamento vou có rapaz có que tomara algo no bar xunto con outro compañeiro máis de traballo (os tres traballamos na mesma fábrica).

Algo que me enche enormemente de satisfacción, é ver a cantidade de xente que vas coñecendo nas carreiras....a través de Strava...ou mesmamente deste Foro. Xente que, normalmente, soamente ves nas carreiras, pero que che da unha inmensa alegría poder volver a velos/as e saudalos/as.

Así, entre saúdos e saúdos, e escapadas cara as raioladas de sol transcorre o quentamento.

Achégamonos cara á saída, xa con bastante xente agardando (alí daba o soliño....) e un dos compañeiros dí que quedemos case diante de todo. Eu, a verdade, non vos estou moi acostumado a empezar as carreiras tan adiante...."a ver se non entorpezo a naide", penso.

Esta é unha carreira que nunca correra, e non sabía como respondería nas costas que sí sabía que atoparíamos.

Ultimamente estame dando por aprender a correr por potencia, cunha cápsula de Stryd que coloco nos cordóns dunha zapatilla e que me vai dando os datos da potencia que vou desenrolando ao correr e que podo ver no reloxo.

Desa maneira, non é cuestión de querer correr a 4, 5 ou 19 minutos/km, senón tratar de manterse nuns valores para ti asumibles, tendo en conta a distancia: nun 5k poderás mover mais vatios que nunha media maratón, por exemplo, xa que e a mais curta a distancia.

Por iso tiña que tratar de manterme nuns valores de potencia e xa veríamos que ritmo en min/km saldría de aí.

A carreira empeza cunha pequena baixada dende a saía para logo enfilar o paseo marítimo de Ares. Chamoume a atención que o GPS do reloxo detectara aí desnivel negativo, e dicir, mais baixo que o nivel do mar....en fin.

Tras pasar polas rúas de Ares, enfilamos a estrada cara a Mugardos e, con ela, a primeira das subidas. Ao principio non é que teña moito desnivel, algo mais ao final, pero é bastante longa. O bo que ten é que podes tentar de manter un ritmo continuo, sen sobresaltos.

No meu caso tentando sempre de moverme nuns valores de potencia que non sobrepuxeran aqueles que consideraba como máximos para poder disputar con garantías a totalidade da carreira. Vexo que cando mais lento vou é a 5:10 min/km

Tras esa primeira subida xa empezamos un tramo mais suave con lixeiras baixadas e algo de chao, no que, como non me pasei de esforzo na subida, podo afrontar con mais garantías, baixando a 3:30 e llaneando logo a 4:10-4:20.

Encaramos a baixada a Mugardos, na metade do percorrido, e aquí tampouco tiña claro eu como ía ser a cousa. Pensaba que, talvez, nos meterían polo paseo, como fixeran o ano pasado, aparte de que lle daría mais beleza á carreira, pero non. Nada mais chegar abaixo de todo, comenzamos a subida de maneira, para min, demasiado brusca.

Isto fai que ralentice bastante o ritmo, mirando de non pasarme na potencia desenrolada, pero era complicado xa que o desnivel era bastante acusado, do 12-13% indícame logo a gráfica en Strava. Por aquí paso realmente lento a unha media de 5:16 e como tramo mais lento a 6:26 min/km.

Enfiamos a parte final, tras pasar polo punto de hidratación, que non uso, e xa cara a Ares.

Aquí xa podo ir correndo mellor. Realmente é neste tipo de trazados nos que un atópase mais a gusto, inda que sexan longos, pasando a unha media de 4:10 min/km ata o inicio da última subida.

Nesa última subida, xa cando as forzas van quedando como gotas que se leva o vento, xa procuro non tirar todo o traballo por terra, sabedor de que, dende o seu punto mais alto aínda quedarían 2 km, ben é certo que con baixada e logo algo de chao....pero que había que facelos.

Por iso subo algo ralentizado a unha media de 4:48 min/km.

A partir do alto desta última subida empezamos a facer a baixada final, e é aí onde me decato de que o traballo o feito con anterioridade, a maneira de afrontar os kms. pasados, non foi de todo mal feito, xa que empezo a pasar a varios corredores que por alí andaban.

Fago a baixada a 3:27 de media, con puntos de 3:08, para logo enfiar a recta final, Recta final que estaba coronada por unha última pequena subida que disputo ao spring con outro compañeiro.

Entramos a un tempo, pensaba que él entrara un chisco antes, pero o primeiro que fixen foi darlle a man e felicitalo pola súa carreira. Logo vexo na clasificación que estou 1 segundo por diante....da igual, coma se fose ao revés.

O caso é desfrutar e compartir momentos difíciles, de sufrimento (ás veces penso que algo de masoquistas si que temos....) con outra xente. Xente coa que sempre que podo animo na propia carreira no seu tramo final....como se a min me sobrasen as forzas ou fose eu do público....Algúns que xa coñeces....outros que empezas a tratar precisamente opor compartir eses momentos complicados....

Carreira moi linda que era a primeira vez que corría pero que xa estou esperando o ano que ven para repetir.

Ao final, o mellor de todo e xuntarte con amig@s que fai tempo que non ves para tomar algo mentres falamos de mil cousas....incluída a carreira Guiño



Máis lonxe, máis rápido, máis feliz.
www.recetasbellas.com


Última edición por JuanBellas o Dom, 29 Dec 2019, 19:01; editado 1 vez
JuanBellas

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
21/08/18
59 Carreiras
1184 Mensaxes
Cedeira
Respostar citando Envío Dom, 29 Dec 2019, 17:27
Asunto: Re: San silvestre Mugardos/ares/mugardos

O que non consigo e poñer unha foto nos posts.
Súboa ao meu blog e de ahí enlazioia...pero nada Chorando
OrEK

Maratoniano
Maratoniano
7/01/18
99 Carreiras
495 Mensaxes
Lugo
Respostar citando Envío Dom, 29 Dec 2019, 18:12
Asunto: Re: San silvestre Mugardos/ares/mugardos

Boa crónica Juan, noraboa pola carreira!

O das fotos, mirache que non exceda o limite de px?
JuanBellas

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
21/08/18
59 Carreiras
1184 Mensaxes
Cedeira
Respostar citando Envío Dom, 29 Dec 2019, 18:16
Asunto: Re: San silvestre Mugardos/ares/mugardos

OrEK escribió:
Boa crónica Juan, noraboa pola carreira!

O das fotos, mirache que non exceda o limite de px?

Grazas!, inda que tampouco foi nada doutro mundo, pero para min, e tendo en conta as dificultades, facela a 4:11 min/km xa é bastante.

Vou mirar o que comentas do límite de px. Pensando
Amina

Experto no foro
Experto no foro
1/09/14
0 Carreiras
3053 Mensaxes
La ciudad de las piruletas y nubes de colores
Respostar citando Envío Dom, 29 Dec 2019, 18:45
Asunto: Re: San silvestre Mugardos/ares/mugardos

Gracias pola crónica Juan . O do café xa quedará para outra carreira Sorriso

E o da foto, se xa a tes subida no teu blog, podes facer unha cousa. Ponte enriba da foto co rato e dalle clic ao botón dereito. No menú desplegable selecciona a opción que di algo como "Copiar dirección de imagen".

Con iso copiado, vaste a túa mensaxe e na la opción "formato de texto" tes un icono dunha cámara. Fas clic no icono e saéche un pop-up onde podes pegar o que copiaches da imaxe no paso previo. Dalle a aceptar.

Publica de novo a mensaxe e debería aparecer a túa foto. Xa me dirás se te funcionou Guiño
JuanBellas

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
21/08/18
59 Carreiras
1184 Mensaxes
Cedeira
Respostar citando Envío Dom, 29 Dec 2019, 19:03
Asunto: Re: San silvestre Mugardos/ares/mugardos

Amina escribió:
Gracias pola crónica Juan . O do café xa quedará para outra carreira Sorriso

E o da foto, se xa a tes subida no teu blog, podes facer unha cousa. Ponte enriba da foto co rato e dalle clic ao botón dereito. No menú desplegable selecciona a opción que di algo como "Copiar dirección de imagen".

Con iso copiado, vaste a túa mensaxe e na la opción "formato de texto" tes un icono dunha cámara. Fas clic no icono e saéche un pop-up onde podes pegar o que copiaches da imaxe no paso previo. Dalle a aceptar.

Publica de novo a mensaxe e debería aparecer a túa foto. Xa me dirás se te funcionou Guiño

Vale.....xa o teño decidido, a próxima carreira, dame igual cal sexa, voute levar ao cablo dende a saída ata a meta.... Aplauso

P.D.....Estou pensando que a vindeira carreira é a media maratón da Coruña....bah!, da igual... Moi feliz

Máis lonxe, máis rápido, máis feliz.
www.recetasbellas.com
maseda

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
3/03/11
0 Carreiras
1339 Mensaxes
A Coruña
Respostar citando Envío Dom, 29 Dec 2019, 22:37
Asunto: Re: San silvestre Mugardos/ares/mugardos

Otro año más en esta san Silvestre despidiendo el año compitiendo. Ultimamente no voy a tantas carreras pero puestos a elegir una a final de año tenía que venir. Carrera de las populares de verdad sin muchos artificios. Sólo lo justo. Buen avituallamiento final, buen trato, precio económico, duchas con agua caliente que son un lujo y encima sorteo de cestas de navidad que no tenían por qué pero lo hacen. Y un recorrido con rampas bastante exigente entre Ares y Mugardos de 10km así aproximados. No necesito más. Ya van 3 ediciones que corro y la disfruto.
Encima hoy acompañó el día. Hacia un poco de fresco pero estaba el día ideal para correr. Y si encima se mejora con respecto a otros años pues mejor. Aunque el recorrido por lo que veo en la vuelta por Mugardos cambió el sentido de la vuelta con respecto al año pasado y no se puede usar como referencia.
Un placer haber pasado la mañana ahí en compañia de Ángel, Laura y Jose Maria.
Killoke

Experto no foro
Experto no foro
16/06/06
0 Carreiras
3353 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 29 Dec 2019, 23:03
Asunto: Re: San silvestre Mugardos/ares/mugardos

Una mañana perfecta para correr, es bonito ir y venir Ares- Mugardos ó al reves...
lihto

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
12/06/11
654 Carreiras
4778 Mensaxes
K-pax
Respostar citando Envío Lun, 30 Dec 2019, 9:36
Asunto: Re: San silvestre Mugardos/ares/mugardos

Día precioso para correr,aunque a primera hora la helada era completa,gran ambiente popular y como siempre muchos amigos,esas cuestas parece que cada año son mas duras.......o nos estaremos haciendo mayores,volveremos.
Baralloco

Foreiro Senior
Foreiro Senior
28/01/14
3 Carreiras
367 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 31 Dec 2019, 14:49
Asunto: Re: San silvestre Mugardos/ares/mugardos

Todo correcto a nivel de organización salvo un detalle. Non me parece de recibo que transcurrida 1h 10' de tempo de carreira ordenaran retirarse a xente que ainda non rematara. Por favor, estamos a falar dunha carreira de fin de ano, non de un campeonato galego. Si algún dos afectados era a primeira vez que participaba, non creo que lle quedaran ganas de repetir.
aresano

Maratoniano
Maratoniano
22/08/11
0 Carreiras
87 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 01 Xan 2020, 10:49
Asunto: Re: San silvestre Mugardos/ares/mugardos

Máxime cuando en el reglamento de carrera se definia un tiempo maximo de carrera de 70 minutos. Yo llegue en 66 minutos y los ultimos 2 km por el arcen....
Amina

Experto no foro
Experto no foro
1/09/14
0 Carreiras
3053 Mensaxes
La ciudad de las piruletas y nubes de colores
Respostar citando Envío Mér, 01 Xan 2020, 15:40
Asunto: Re: San silvestre Mugardos/ares/mugardos

La segunda vez que hago esta carrera. En el último momento tuvieron que modificar el recorrido saliendo de Ares en lugar de hacerlo desde Mugardos, pero para mí fue casi mejor porque solo había participado una vez en esta carrera hace dos años, y así varié el recorrido.

Llegamos tempranito, recogimos el dorsal y nos fuimos a tomar el café de rigor pre-carrera a una cafetería con vistas al mar. Se agradecía estar allí sentado, al sol, ya que fuera hacía un frío terrible, como luego podríamos sufrir en nuestras propias carnes cuando de regreso al coche tocó sacarse las capas de ropa para quedarse en modo "carrera". En la cafetería coincidimos con otros runners, como Juanbellas, que acudían allí a tomar la dosis de cafeína/teína que nos ayudaría a enfrentarnos a los 10km.

Casi se pasaba más frío calentando que quedándose parado al sol, así que al final fue lo que hice y aproveché para charlar con conocidos que se iban acercando al cajón de salida.

Y de repente, ya estábamos saliendo. Fueron 10km duros, con subidas de las que hacen daño, y aunque intentaba animarme pensando que todo eso que estaba subiendo, de regreso lo iba a bajar, seguían siendo duras.

Llegada a meta y avituallamiento de fruta, agua e isotónico. Duchas al lado, con la pega de que en el vestuario de chicas, de 2 duchas sólo 1 funcionaba, así que tocó hacer cola.

No hubo suerte con los sorteos de las cestas. De 4 que íbamos en el coche, a ninguno nos sonrió la suerte (y casi mejor, en el maletero no cabía nada más!).

Ah, junto con el dorsal nos dieron el típico gorrito de papá Noel. Lo estrené el día 31 por la tarde en un entrenamiento que hice por el paseo marítimo de A Coruña, para soltar pierna de tanta San Silvestre de fin de semana. Ya que salía a entrenar en fin de año, al menos hacerlo un poco más "navideño" con el sombrero.
ConcellaríadeportesARES

Novo foreiro
Novo foreiro
25/12/19
0 Carreiras
2 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 01 Xan 2020, 21:33
Asunto: Re: San silvestre Mugardos/ares/mugardos

Feliz Ano a todas e todos! Moitas grazas por participar nesta proba un ano màis. Tamén queremos pedir desculpas a Aresano e Baralloco polo detalle que contan ao respecto da eliminaciòn de corredores ao remate da proba aludindo ao límite de tempo. Pois efectivamente tratouse dun erro por parte da Policía Local de Mugardos que aínda non sabemos porque razòn fixo iso xa que logo eran as súas funciòns nen estaba acordado que fose así. Teremos en breve unha xuntanza e tentaremos pedir explicaciòns e de de logo agardamos qye non volte a pasar. Ao respecto doutro tema comentado sobre o mal funcionamento dunha ducha nun vestiario feminino dos dous habilitados tamén pedimos disculpas por elo.
O dito, grazas mil a todas e a todos. Feliz 2020





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos