Foros ›
Autor
Mensaxe
olivier_marceau

Novo foreiro
Novo foreiro
17/09/19
0 Carreiras
5 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 26 Dec 2019, 18:16
Asunto: Re: San Silvestre Compostelana 2019

Sansilvestresantiago escribió:
olivier_marceau escribió:
Hola. Estou vendo que hai mais de 1100 inscritos na carreira de adultos...ésto vai ser unha trapallada... con todo o respeto.
Facer 5km con 1000 persoas para a xente que vai correr un pouquiño en serio é unha bestialidade. Pola zona vella non sei por onde se va a coller porque as ruas son estreitas. Como sempre os €€€€€ mandan, e a calidade da carreira baixa....
Quen organice ísto, se ten un pouco de decencia que limite as prazas para o 2020. E se eu me quedo fora, pois me quedo pero así non...

Ola olivier_marceau,
Na edición pasada había case 2.200 inscritos, dos cales1.846 eran da categoría absoluta, (https://www.carreirasgalegas.com/carreira/san-silvestre-compostelana-18/0d68ba09-2ede-6029-2ab3-39ea73d37fd7?fbclid=IwAR05B6dmfmZyW3hCa6QkVz-5tNCFLq6A7SWcqWc_YJWEHVJyLF_mPGZaixc) e a proba discorreu sin ningún tipo de problema.

A san Silvestre é unha proba festiva, onde a gran maioría vai a divertirse e non a competir, e para os que queren facer tempo, existe un caixón competitivo, polo que sairán diante sin que ninguén lles poida frear. Cada quen é libre de participar ou non, pero de ahí a que se ataque á organización... si fora perigoso, dende logo non se faría así. Unha aperta!

Bueno, o de que o ano pasado foran mais pois paréceme ben pero non unha xustificación.... Hai xente que quere correr e outra divertirse disfrazada, pero poñedes tempos de corte. Eu non chego o tempo de corte por pouco e en teoría non podo estar no caixón, é así? se é así, xa me vexo adiantando a papá noeles, renos, árbores de nadal e disfrazes diversos....
derek

Super Veterano
Super Veterano
25/04/06
0 Carreiras
2792 Mensaxes
Santiago de Compostela
Respostar citando Envío Ven, 27 Dec 2019, 10:46
Asunto: Re: San Silvestre Compostelana 2019

OLIVIER_MARCEAU, está claro que esto non é a San Silvestre Vallecana, pero calificar unha proba de trapallada con todo o despliegue de medios, policía, protección civil, empresas e técnicos e facer ademais ese comentario dos € tampouco me parece moi acertado pola túa parte e en certo modo irrespetuoso, xa que o Concello de Santiago cubre gran parte dos gastos da proba que é deficitaria nese senso clarísimamente por se o queres saber.
Eu corrín esta proba moitas veces e nunca tiven problema porque en canto saes da Praza do Obradoiro tes unha rúa de máis de 10 metros de ancho e un espazo de case un kilómetro no que podes adiantar sen problema. Os tempos de corte non me parecen esaxerados para nada, pero ese día podes falar cos xuices e explicarlle a situación para que che deixen sair diante. Ogallá todo saia ben porque Santiago mererece unha San Silvestre así e de seguro que se seguirá mellorando nas vindeiras edicións.
Sobre o comentario do dorsal, non ten ningún sentido e vai en contra do reglamento da `proba correr co dorsal do CorreSan. Esta é outra proba totalmente diferente.
Saúdos e a correr que é o que nos gusta.

El verdadero significado de las cosas se encuentra al tratar de decir las mismas cosas con otras palabras (Charles Chaplin).
Sansilvestresantiago

Novo foreiro
Novo foreiro
6/12/18
0 Carreiras
36 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 27 Dec 2019, 13:22
Asunto: Re: San Silvestre Compostelana 2019

ÚLTIMAS HORAS DE INSCRICIÓN!!!

Hoxe ás 23:59 pechamos inscricións. Non te quedes fóra da San Silvestre Compostelana!!!

Iscríbete xa en Frecha www.carreirasgalegas.com
Infórmate en Frecha www.sansilvestresantiago.com


olivier_marceau

Novo foreiro
Novo foreiro
17/09/19
0 Carreiras
5 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 27 Dec 2019, 19:59
Asunto: Re: San Silvestre Compostelana 2019

derek escribió:
OLIVIER_MARCEAU, está claro que esto non é a San Silvestre Vallecana, pero calificar unha proba de trapallada con todo o despliegue de medios, policía, protección civil, empresas e técnicos e facer ademais ese comentario dos € tampouco me parece moi acertado pola túa parte e en certo modo irrespetuoso, xa que o Concello de Santiago cubre gran parte dos gastos da proba que é deficitaria nese senso clarísimamente por se o queres saber.
Eu corrín esta proba moitas veces e nunca tiven problema porque en canto saes da Praza do Obradoiro tes unha rúa de máis de 10 metros de ancho e un espazo de case un kilómetro no que podes adiantar sen problema. Os tempos de corte non me parecen esaxerados para nada, pero ese día podes falar cos xuices e explicarlle a situación para que che deixen sair diante. Ogallá todo saia ben porque Santiago mererece unha San Silvestre así e de seguro que se seguirá mellorando nas vindeiras edicións.
Sobre o comentario do dorsal, non ten ningún sentido e vai en contra do reglamento da `proba correr co dorsal do CorreSan. Esta é outra proba totalmente diferente.
Saúdos e a correr que é o que nos gusta.

Eu creo que o tema do caixón deberia deixarse para quen queira correr....os que se disfrazen e vaian de trote pous atras non? por certo, tampouco hai que ter a pel tan fina, non matei a ninguen tampouco non?....e respecto a rua de 10m, esa é a primeira recta. quero ver eu por diante da policia municipal ou chegando a porta faxeira os 10m.
Bueno, debo ser eu que me gusta correr....e a min encantame que a xente disfrute.
E desculpas se alguen se sentiu ofendido...solo é unha opinion.
derek

Super Veterano
Super Veterano
25/04/06
0 Carreiras
2792 Mensaxes
Santiago de Compostela
Respostar citando Envío Sáb, 28 Dec 2019, 0:20
Asunto: Re: San Silvestre Compostelana 2019

OLIVIER_MARCEAU, a desfrutar que é o importante. A ver se consigues sair diante. Non ás ter problema. Saúdos

El verdadero significado de las cosas se encuentra al tratar de decir las mismas cosas con otras palabras (Charles Chaplin).
Sansilvestresantiago

Novo foreiro
Novo foreiro
6/12/18
0 Carreiras
36 Mensaxes

Respostar citando Envío Sáb, 28 Dec 2019, 12:40
Asunto: Re: San Silvestre Compostelana 2019

Aplauso Aplauso PECHAMOS INSCRICIÓNS RÉCORD DE PARTICIPACIÓN POR SEGUNDO ANO CONSECUTIVO‼️

MOITAS GRAZAS A TODXS por vir a despedir o ano con nós á #Sansilvestresantiago.

Nas vindeiras horas publicaremos info de interés, permanecede atentos.


Sansilvestresantiago

Novo foreiro
Novo foreiro
6/12/18
0 Carreiras
36 Mensaxes

Respostar citando Envío Sáb, 28 Dec 2019, 19:12
Asunto: Re: San Silvestre Compostelana 2019

RECOLLIDA DE DORSAIS

Lembrade que podedes recoller os vosos dorsais a partir das 16:00 horas de mañán domingo, no Centro Comercial As Cancelas.


Sansilvestresantiago

Novo foreiro
Novo foreiro
6/12/18
0 Carreiras
36 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 30 Dec 2019, 13:44
Asunto: Re: San Silvestre Compostelana 2019

INFORMACIÓN IMPORTANTE

Debido o un erro de impresión nos dorsais, o número de caixón que se asigna dos mesmos e incorrecto.

DORSAL BRANCO Frecha CORRESPONDELLE O CAIXÓN 2
DORSAL VERDE Frecha CORRESPONDELLE O CAIXÓN 1

Por favor, respectade os caixóns de saída para evitar incidencias.

MOITAS GRAZAS A TODXS‼️


Rufino

Montañés
Montañés
10/09/12
0 Carreiras
1038 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 30 Dec 2019, 22:38
Asunto: Re: San Silvestre Compostelana 2019

Boas, vaí haber gardarroupa?
Grazas.
Sansilvestresantiago

Novo foreiro
Novo foreiro
6/12/18
0 Carreiras
36 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 31 Dec 2019, 10:40
Asunto: Re: San Silvestre Compostelana 2019

Rufino escribió:
Boas, vaí haber gardarroupa?
Grazas.

Ola Rufino, non haberá. unha aperta!
Sansilvestresantiago

Novo foreiro
Novo foreiro
6/12/18
0 Carreiras
36 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 31 Dec 2019, 10:41
Asunto: Re: San Silvestre Compostelana 2019

XA ESTÁ AQUÍ A SAN SILVESTRE COMPOSTELANA‼️


Estades preparadxs???? Esperámosvos a todxs esta tarde na #PrazadoObradoiro ás 18:00 horas para despedir o ano como máis nos gusta.


dabos

Foreiro infantil
Foreiro infantil
25/12/08
0 Carreiras
96 Mensaxes
Santiago de Compostela
Respostar citando Envío Mar, 31 Dec 2019, 12:15
Asunto: Re: San Silvestre Compostelana 2019

Sansilvestresantiago escribió:
INFORMACIÓN IMPORTANTE

Debido o un erro de impresión nos dorsais, o número de caixón que se asigna dos mesmos e incorrecto.

DORSAL BRANCO Frecha CORRESPONDELLE O CAIXÓN 2
DORSAL VERDE Frecha CORRESPONDELLE O CAIXÓN 1

Por favor, respectade os caixóns de saída para evitar incidencias.

MOITAS GRAZAS A TODXS‼️


Hola, pues o cambiáis el nombre de los cajones en la salida y ponéis el 2 delante o tendrá que haber alguien controlando el acceso si no va a ser un caos.
Mucha gente ni se enterará del error del dorsal.
Jorjum

Foreiro infantil
Foreiro infantil
8/12/19
39 Carreiras
67 Mensaxes
SDC
Respostar citando Envío Mar, 31 Dec 2019, 18:25
Asunto: Re: San Silvestre Compostelana 2019

Por algunha razón aparezco DNS na clasificación final. Que me da igual pero ten que ser un erro porque eu acabei a carreira.
Amina

Experto no foro
Experto no foro
1/09/14
0 Carreiras
3053 Mensaxes
La ciudad de las piruletas y nubes de colores
Respostar citando Envío Mér, 01 Xan 2020, 0:23
Asunto: Re: San Silvestre Compostelana 2019

Jorjum escribió:
Por algunha razón aparezco DNS na clasificación final. Que me da igual pero ten que ser un erro porque eu acabei a carreira.

Boa noite Jorjum, contacta cos de Carreiras galegas e dilles o tempo que fixeches para que o amañen. As veces hai erros nas clasificacións pero se os avisas soen correxilo.
FleKy

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
8/01/07
244 Carreiras
1098 Mensaxes
pontecesures e tamen milladoiro
Respostar citando Envío Mér, 01 Xan 2020, 14:56
Asunto: Re: San Silvestre Compostelana 2019

Igual foi que o chip non marcou

You´ll never run alone





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos