Dom, 12 Xan 2020, 19:21
Asunto: Re: XX Carreira Popular Concello de Pontecesures
Mañán moi fría en Pontecesures, como levaba sen ir a ningunha carreira dende a Sin-Son, decidimos ir a esta.
Un pequeno quecemento e para a saida, situamonos alí uns minutiños antes, e a saida ainda se demorou un pouco da hora.
Eu como son diesel, xa non procuro ir a carreiras de menos de 10kms, así que saida dende a metade do grupo máis ou menos e alá que imos 1ºKm. moi rápido e sae en 4'15", pero no 2º xa ven a dura subida cara o campo de futbol, menos mal que ainda ten un descansiño, e despois unha boa baixada para despois llanear e dar por rematada a 1ª volta en 16'37", sorprendeume a de "galgos" que se apuntaron ós 4 Kms., notase que algúns equipos tiraron de estratexia ó facer conxunta a clasificación de equipos entras 2 carreiras.
Como vou moi cómodo e xa me coñezo o percorrido decido aumentar considerablemente o ritmo, km5 a 4'00, o 6 de subida procuro levalo o mellor posible, e despois todo o que queda e moi favorable o 7 tamén a 4' e os 760 mts. finais, sairon a un ritmazo para min de 3'56", así que 2ª volta en 15'58", case que 40" máis rápida que a 1ª.