Mér, 22 Xan 2020, 4:33
Asunto: Re: Dopping nas carreiras
Gracias por crear este tema, resulta moi interesante máis alá dos casos concretos. A min interesame o compoñente ético máis que se pillan a este ou aquel superando determinados límites legais.
JuanBellas escribió: |
Penso que non se debería xeneralizar (non digo que ti o fagas) e pensar que todos son así.
. |
Certo, o meu comentario ía en referencia a mostrar os resultados das análises, a que é un xesto efectista pero baldeiro de contido. Afortunadamente non creo que a día de hoxe se corran os riscos de hai 20 anos.
Os tempos cambian ao igual que o lugar onde se sitúa o listón ético respecto a estos temas. Ver o que comentades en Francia, por exemplo.
"Equivocarse", en este contexto, é un termo esquivo. Non tanto o "arrepentimento", pois podes estar arrepentido de equivocarte ao realizar as prácticas non autorizadas de xeito deficiente e que te pillen; ou podes arrepentirte de telas realizado.
Non son eu moito das condenas de por vida, pero tampouco de ver a xente ex-pro con un palmarés de doping
vir as carreiras populares e que o speaker de turno che venda as súas medallas e records como se non tivese pasado nada, por darlle caché a carreira, cando non son exemplo de nada, nin ter capacidade para correr moito/rápido significa NADA en termos absolutos. Non me estorba que participen e gañen a carreira (de verdade), moléstame o bombo que reciben e que sexan algún tipo de referente. É como se voltan a poñer a Rato na televisión dando leccións sobre xestión económica.
O que non pode é saír economicamente rendible facer trampa. Que as consecuencias, se te pillan, superen aos beneficios de telo intentado. Na miña opinión.
Non debería escribir estas cousas
pero se ninguén as di parecese que vivimos na arcadia feliz. A estas horas aínda teño ánimos para esto