Foros ›
XXXVII Carreira Popular San Xiao 19-01-2020 (Ferrol)
Foros de debate / Carreiras Populares en Galicia
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
David2k

Maratoniano
Maratoniano
13/09/15
122 Carreiras
39 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 08 Xan 2020, 23:55
Asunto: Re: XXXVII Carreira Popular San Xiao 19-01-2020 (Ferrol)

Yo creo que esto no se celebra. Ojalá me equivoque
Amina

Experto no foro
Experto no foro
1/09/14
0 Carreiras
3053 Mensaxes
La ciudad de las piruletas y nubes de colores
Respostar citando Envío Xov, 09 Xan 2020, 11:10
Asunto: Re: XXXVII Carreira Popular San Xiao 19-01-2020 (Ferrol)

Abrieron inscripciones

inscripciones.ranckr.c...r-san-xiao
JuanBellas

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
21/08/18
59 Carreiras
1184 Mensaxes
Cedeira
Respostar citando Envío Xov, 09 Xan 2020, 11:21
Asunto: Re: XXXVII Carreira Popular San Xiao 19-01-2020 (Ferrol)

Amina escribió:
Abrieron inscripciones

inscripciones.ranckr.c...r-san-xiao

Je...eu tíñaio claro: ata que Amina diga isto non se abre.... Ríndose

Grazas pola info. Guiño
franpp80

Novo foreiro
Novo foreiro
11/01/15
0 Carreiras
13 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 09 Xan 2020, 13:29
Asunto: Re: XXXVII Carreira Popular San Xiao 19-01-2020 (Ferrol)

Creo que no cuesta nada planificar las carreras para que no coincidan las de Ferrol con las de Coruña.
San Julián es el 9 de enero, por lo que corresponde la carrera el 12, y así no coincidir con matogrande que es el 19.
La tardanza en abrir inscripciones es lamentable.
Deberían aplazarla.
paidacana

Novo foreiro
Novo foreiro
18/06/18
206 Carreiras
46 Mensaxes
Santiago
Respostar citando Envío Xov, 09 Xan 2020, 17:27
Asunto: Re: XXXVII Carreira Popular San Xiao 19-01-2020 (Ferrol)

Inscrito. Haber como é a carreira.
chechu1

Foreiro Senior
Foreiro Senior
4/11/13
51 Carreiras
361 Mensaxes
Ferrol
Respostar citando Envío Xov, 09 Xan 2020, 23:12
Asunto: Re: XXXVII Carreira Popular San Xiao 19-01-2020 (Ferrol)

franpp80 escribió:
Creo que no cuesta nada planificar las carreras para que no coincidan las de Ferrol con las de Coruña.
San Julián es el 9 de enero, por lo que corresponde la carrera el 12, y así no coincidir con matogrande que es el 19.
La tardanza en abrir inscripciones es lamentable.
Deberían aplazarla.

San Julian es el 7 de Enero( patrón de Ferrol) y ciertamente, siempre solían ponerla el domingo siguiente a esa fecha. Este año personalmente me viene bien una semana más tarde Ríndose , pero también sería bueno alguna coordinación entre concellos para evitar coincidencias, pero eso es como pedirle peras al olmo. Muro Casi mejor dejarlo asi y que cada uno esté donde pueda, no fuese ser peor Silbar .
rapatundas

Foreiro infantil
Foreiro infantil
27/08/05
0 Carreiras
84 Mensaxes
ferrol
Respostar citando Envío Ven, 10 Xan 2020, 17:42
Asunto: Re: XXXVII Carreira Popular San Xiao 19-01-2020 (Ferrol)

Inscrito.
Primera vez que veo un teléfono de contacto en caso de que pase algo.

Joer…...
slowmotion

Foreiro Senior
Foreiro Senior
21/12/13
0 Carreiras
390 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 10 Xan 2020, 20:11
Asunto: Re: XXXVII Carreira Popular San Xiao 19-01-2020 (Ferrol)

Lo queremos todo, carrera gratuita y que abran con antelación las inscripciones, somos insaciables Mr. Green
https://youtu.be/56jiufbsjVE
ian1

Maratoniano
Maratoniano
8/05/12
0 Carreiras
57 Mensaxes
a coruña
Respostar citando Envío Dom, 12 Xan 2020, 20:04
Asunto: Re: XXXVII Carreira Popular San Xiao 19-01-2020 (Ferrol)

Apuntado y con ganas porque es la primera vez que voy a esta carrera.
chechu1

Foreiro Senior
Foreiro Senior
4/11/13
51 Carreiras
361 Mensaxes
Ferrol
Respostar citando Envío Dom, 19 Xan 2020, 12:27
Asunto: Re: XXXVII Carreira Popular San Xiao 19-01-2020 (Ferrol)

Pues un año más la San Xiao no decepciona: ambientazo, día soledado ( viento en algunos sitios pero mejor que algún año que nos diluvió), y lo mejor un lujo poder ir por dentro del Arsenal pocas carreras tienen un privilegio asi Aplauso , la organización como siempre chapeau todo perfectamente cortado y señalizado.

En lo personal, pues empiezan a pesar los años Silbar , pero aún asi disfrutándola.

Si la salud nos respeta, nos vemos en el 2021. Bailar
ian1

Maratoniano
Maratoniano
8/05/12
0 Carreiras
57 Mensaxes
a coruña
Respostar citando Envío Dom, 19 Xan 2020, 15:45
Asunto: Re: XXXVII Carreira Popular San Xiao 19-01-2020 (Ferrol)

Resultados.

www.rockthesport.com/e...ficaciones
JuanBellas

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
21/08/18
59 Carreiras
1184 Mensaxes
Cedeira
Respostar citando Envío Dom, 19 Xan 2020, 16:06
Asunto: Re: XXXVII Carreira Popular San Xiao 19-01-2020 (Ferrol)

A verdade é que onte sábado non tiña moi claro se saír a correr hoxe por Ferrol na San Xiao ou non.

As molestias que teño ao coller aire de maneira profunda parece que van remitindo, pero tampouco parecen querer dar carpetazo e que volvamos a ter unha situación completamente normal.

O que pasa que esta era unha carreira ao pé da casa e, se vamos por aí adiante a participar en distintas carreiras, desprazándonos incluso tras saír de traballar ás 7 da mañá tras un turno de noite, con mais motivo había que correr aquí.

Sería imperdoable non facelo. Ben é certo que si non se pode, non se pode. Pero, xa digo, como as molestias ían a menos...pois había que intentalo.

De tódolos xeitos metinme en cama onte sábado á noite có pensamento de que ao levantarme veríamos como estábamos. Pero sabía que tiña que estar realmente mal para renunciar.

Ademais, daban melloría de tempo para o domingo. Vento sé, pero, ao menos, non chovería.

E así foi.

Despertei cedo, coma sempre que hai carreira pola mañá, nese estado de emoción que, aos meus case 54 tacos, ven a ser o mais parecido que atopo a cando eras neno e despertabas cedo para ver os regalos de Reis.... Guiño

A miña ración de arroz branco (a única vez que non o tomo integral na semana), xunto coas dúas claras de ovo batidas e engadidas cando aínda está quente o arroz, na mesma pota.

Xa o dixen mais veces, pero a mestura de hidratos (arroz) con proteínas (claras de ovo) fai que os primeiros vaian pasando mais gradualmente ao torrente sanguíneo. Por iso é moi recomendable un simple prato de pasta, integral se se pode, con bonito, por exemplo.

Esa ración tomoia un par de horas antes da carreira, para dar tempo ao corpo a asimilala. Nese punto cada un debe buscar a súa propia fórmula adecuada, xa que non todos temos o mesmo metabolismo e procesamos os alimentos de maneira diferente.

Unha hora antes, a iso das 10, un té con canela e xenxibre, unha boa taza, e xa nada mais ata o momento da carreira.

Salgo para Esteiro, a carreira sae dese barrio ferrolán, e doume de conta de que me quedaran os manguitos, e o día non estaba para moitas florituras na roupa. Teño claro, eso sí, que a maneira mais cómoda para min é levando camiseta de tirantes, pero cando apreta o frío pola mañá....Incluso pensei levar guantes, pero desistín ao final. Non fixeron falta, realmente.

Como saín algo tarde, a iso das 10 e cuarto, xa era mais difícil aparcar cerca da saída.

Algo de quentamento dando unhas voltas pola zona. Ao non necesitar coller dorsal no mesmo día, todo é mais doado. Realmente, se podo, vou buscar sempre o dorsal o día anterior. Aparte de que, ao colocalo con imáns, postos na casa sempre quedarán mellor.

Carreiras de pequerrechos, que sempre alegran a vista, estaban a disputarse cando cheguei. Que gusto da ver as caras dos nenos esforzándose. Ás veces ata me pasa como un cosquilleo polo corpo cando ves un neno ou nena, que non coñeces de nada, pero que te emocionas véndoo correr.

Uns minutos antes de dar a saída xa anuncian polo altofalante que nos acheguemos á liña de saída.

E aquí xa cometín un "erro". Aínda que non vaias disputar a vitoria da carreira, é certo que a todos nos gusta quedar o mellor posible.

Coloqueime non na mesma liña, xa que esa zoa sempre está ocupada pola xente que sae a canón, e un tampouco quere entorpecer. Fun dos primeiros en chegar alí, e cando empeza a chegar mais xente, xa vexo que moitos quedan por diante desa liña, dando como consecuencia que, ao final, tiña mais xente, bastante mais, diante de min que detrás.

Ademais, aquela non era a saída real, senón a neutralizada, có que, ata a verdadeira saída, aínda me pasan algúns mais. Cousas que un descoñece, e que serven para futuras edicións.

O caso é que, tras darse a saída, foimos moi amodo ata chegar á Avenida de Esteiro, adiantando como podía nunha morea de xente.

Xa, pouco a pouco, a cousa vaise estirando, tratando de coller o teu ritmo, e notando as molestias menos fortes do que pensaba. Notándoas, si, pero non tanto como cría nun principio.

Neste punto teño que dicir que levaba a idea de irlle dando forma a un sistema que levo pensando por un tempo xa: o sistema trifásico, consistente en correr controlando tres parámetros ao mesmo tempo: potencia, ritmo en min/km é pulsacións por minuto. Da intersección deses tres subconxuntos ten que saír a carreira mais adecuada para min que podo facer nese momento.

Partindo do percorrido que me pasara un compañeiro, trazo uns ritmos en min/km en función das subidas/baixadas e chao do mesmo.

Para iso vai ben a función de PacePro de Garmin, que nos permite marcar un ritmo para cada km en concreto tendo en conta os desniveis.

No meu caso quixen tirar de sensatez e marquei un ritmo medio final de 4:10 min/km, algo similar ao que fixen en Ares na San Silvestre, mais difícil Ares, maís complicada esta por mor das molestias respiratorias.

Así marco eses valores en Garmin Connect:


Podendo regular se queres empezar mais lento e rematar mais rápido, ou ao revés, xa saco os parciais de cada km:


Desa maneira, creo unha sesión de adestramento nova, indicando os pasos a seguir, mostrando unha marxe de +/- 10 segundos sobre o ritmo obxectivo. Por exemplo, no primeiro km sae como obxectivo 4:18, pois eu marco entre 4:08 é 4.28:


E así é como saíron logo finalmente:


Pola outra banda, tamén levaba control da potencia, neste caso nunha marxe ampla, de 280 w a 320 w, mais que nada porque non me fiaba do meu estado de forma. En condicións normais deberíamos acoutar un pouco mais esa marxe. Saíu unha media de 302 w, un valor correcto para min nesa distancia. Normalmente a media maratón anda por 290 w, o 10k por 300 w e o 5k por 310 w.

E xa nas pulsacións tiña marcado como marxe entre 160 é 170, cravando a media en 165.

En resumen pode dicirse que como primeira experiencia estivo ben. Non chegaba nas mellores condicións, aparte de que o trazado era descoñecido para min. a zona do Arsenal frea bastante, cos continuos xiros e o seu pavimento de adoquíns.

Nese sentido, correr polas rúas de Ferrol non é o que mais me agrade, non. Vas continuamente con unha pisada moi irregular, o que fai complicado levar un ritmo constante, o verdadeiro obxectivo destas carreiras por asfalto, ao contrario dos trails.

Inda que non choveu na carreira, quedaban algúns charcos pola rúa, do día anterior. Poucos e tampouco supoñian un impedimento, que era algo que temía eu, xa que por zoas pódese volver bastante resbaladizo o chan.

Gustoume o detalle dos nenos ofrecendo auga no avituallamento, e mais aínda que o rapaz que levaba ao meu lado ofreceume o seu botellín. Eu non necesitaba beber, pero foi un detalle a ter en conta e que lle agradecín moito, aínda sen coñecelo de nada.

Está é unha carreira que non ten grandes desniveis, pero as subidas polas distintas rúas, como cando hai que cambiar de rúa cara á de enriba e tes que subir de golpe un desnivel, sumado ao piso de adoquíns fai que sexa mais complicado do que parece.

Pola Praza de España xa se nota mais o vento en contra, ao abrigo polas rúas anteriores, e aí xa vexo como os valores de potencia empezan a dispararse. Eses son momentos perigosos, xa que aínda quedaban algo mais de 2 km e si fas un esforzo maior aí, logo valo acabar pagando, tendo en conta, ademais, que había unha pequena última subida antes da meta.

No tramo final encaramos a segunda pasada pola mesma zona do km inicial, e aí xa vexo que teño que acabar dando o que me falte por sacar, facendo ese último km a 3:40 min/km.

Levaba un certo recelo pola última subida de 250-300 metros antes da meta, pero ao final paseina mellor do que pensaba, adiantando varios postos, para un 86 final na clasificación xeral, 7º na miña categoría.

Agora que xa coñezo de primeira man o trazado, o ano que ven tentaremos de facelo mellor, xa que é unha carreira que merece moito a pena, totalmente gratuíta é moi ben sinalizada e controlada nos distintos cruces. Un 10 para a organización.

Unha carreira mais que sumamos, un cachiño de felicidade que metemos no noso saco de vida saudable, sobre todo cando estás na compaña de tan boa xente:


Vémonos no 2021. Guiño

Máis lonxe, máis rápido, máis feliz.
www.recetasbellas.com


Última edición por JuanBellas o Dom, 19 Xan 2020, 16:11; editado 1 vez
JuanBellas

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
21/08/18
59 Carreiras
1184 Mensaxes
Cedeira
Respostar citando Envío Dom, 19 Xan 2020, 16:08
Asunto: Re: XXXVII Carreira Popular San Xiao 19-01-2020 (Ferrol)

Editado.
Kinvara

Novo foreiro
Novo foreiro
2/09/19
25 Carreiras
11 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 19 Xan 2020, 19:18
Asunto: Re: XXXVII Carreira Popular San Xiao 19-01-2020 (Ferrol)

Magnífica San Xiao un año más.

Felicitar a la organización y dar las gracias a todos los que han colaborado para llevarla a cabo. Y todo ello de forma gratuita. Chapeau! Aplauso

Por si eso fuera poco, debe ser una de las poquísimas carreras en el mundo donde se ha corrido al lado de un submarino de la Armada en activo!. Abraiado

Poco más se puede pedir...
beuckelssen

Foreiro Senior
Foreiro Senior
9/08/12
88 Carreiras
959 Mensaxes
Valdoviño
Respostar citando Envío Dom, 19 Xan 2020, 21:27
Asunto: Re: XXXVII Carreira Popular San Xiao 19-01-2020 (Ferrol)

Este año se ha alargado la parte del arsenal respecto al pasado, además de incluir la subida por la calle San Francisco. Con eso supongo que se habrán añadido los metros que le faltaban a la carrera para llegar a los 10 km.

Todo perfecto en relación a la organización. Lo criticable ha venido por lo de siempre en las carreras gratuitas: la gente que se apunta y no va. Me he molestado en hacer la cuenta y el 25% de los inscritos en la carrera absoluta no la terminaron.


Por mi parte nada más aparcar me di cuenta de que me había dejado el reloj en casa. La carrera la registré con el teléfono, con cómicos resultados cuando íbamos entre los edificios, por cierto. Pero eso supuso que no podía ir mirando cada poco una pantallita que me indicase el ritmo. Y yo soy muy esclavo de eso.

Por lo tanto tocó correr por sensaciones. Empecé conservador para subir ritmo en la segunda mitad y al final me sentí bastante bien. Antes de empezar sabía que estoy de forma peor que en la San Xiao del año pasado, pero he descubierto con alegría que, no ando tan lejos como pensaba. Eso me anima para seguir sumando km estos meses de frío y en primavera intentar bajar alguna marca.

Un saludo

Pd: casi choco contra un "zombi moderno"; es decir, un chavalito mirando una pantalla de teléfono mientras cruzaba por el trayecto de la carrera. Muerto





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos