Ven, 29 Nov 2019, 11:19
Asunto: Trail Series 2020 - XToSín Trail - Porto do Son 15-2-2020
www.trailseries.run
Sexta edición dos Revolutrion Trail Series consolidándose coma un dos circuítos de carreiras de montaña máis veteráns de Galicia e no que o ano pasado participaron máis de 1600 persoas nas 5 probas que o conforman.
Cada proba con identidade propia, cada percorrido diferente aos de edicións anteriores, cunha carreira que se estrea no circuíto (Trail do San Lois) e que ven para deixar unha pegada profunda nos camiños de Noia, cun sistema de puntuación que tenta manter a emoción ata a derradeira proba e os últimos metros (coma sucedeu nas edicións anteriores) onde @ mais forte durante máis de 100 días (105) levará a recompensa ao seu esforzo.
Outra das novidades importantes é a presencia e relevancia que lle queremos dar ás mulleres, promovendo que todos os equipos (si desexan puntuar coma equipo e optar aos premios por carreira e do circuíto) incorporen algunha muller nas súas filas; e que ademais acaden a importancia que deben ter dentro dun equipo para demostrar que este é o máis completo: elas rematarán de sumar na puntuación. Non vos perdades a nova nomenclatura das Categorías (non cambian as idades, só de nome)
Na páxina detallámosche as características técnicas e unha breve descrición de cada percorrido, e podes decidirte por participar en todo o circuíto ou elixir algunha das probas. Pero lembra que a inscrición individual por proba non da dereito aos premios, sorteos, e obsequios do circuíto.
Ante todo, e coma sempre convidámosche a ler con detalle o Regulamento xa que nel recóllense a maior parte das dúbidas que poidas ter, e no que tamén incorpórase que nesta edición non se facilitarán recipientes para os avituallamentos líquidos intermedios. Neste sentido queremos facer un chamamento á responsabilidade individual respeto aos residuos (sobre todo inorgánicos) para que levedes un cinto ou mochila no que non se vos caia, xa que temos atopado máis dos que a todos nos gustaría. Pola nosa parte, colocaremos nos avituallamentos recipientes para que os depositedes.
Comeza a aventura co TRAIL DA CIDÁ:
CARACTERÍSTICAS TÉCNICAS:
Distancia: 14 km.
Desnivel+: 629 m+
Hora saída: 11:00 h.
Tempo Máximo: 2:15 h.
Avituallamento Intermedio: km. 8
Tempo de corte: 1:25 h no km. 8
Meta volante: km. 2,2
Lugar de saída: Praza do Concello - Ribeira
Prezo: 10 €
Inscricións: 24/11/2019 - 22/1/2020
Última edición por Edu_Iglesias o Lun, 02 Mar 2020, 18:26; editado 2 veces