Mér, 04 Mar 2020, 18:34
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (no taller)
Máis de un mes desde a última entrada.
Ganas me dan de citar a Javier Gutierrez, facendo do inspector Manuel Márquez , soltando a súa frase máis emblemática e recurrente... así de torcidas andan as cousas.
Pero mellor acougar , e comezarei citando a Kim Ki-taek, o pai de Ki-woo en "Parásitos": O mellor plan é non ter plan
Esa é exactamente a situación. Para qué facer cálculos se ó final nada sae como un quere.
Estaba todo organizado: a miña fisio coordinada coa xente do ximnasio. Táboas de exercicios de reforzo de pes, de glúteo medio. A perna sen molestias e sen inflamación. Ata me cheguei a atrever un día a botar unha carreira para non perder o bus.
Primeira sesión de ximnasio, suave, básica e sen problemas.Todo ben.
Paso pola fisio e a perna quedou mazada, pero polo visto tiña que ser así.
Segunda sesión de ximnasio, moderada pero sinxela, e en quente non notei nada... Ó dia seguinte foi como volver mes e medio atrás. Outra vez líquido, molestias e dores no xeonllo esquerdo.
Outra vez 10 dias de antiinflamatorios e parón
Hoxe tocou ir polo hospital de Fátima para programar as sesións de rehabilitación.
Atendeume un traumatólogo que era o optimismo en persoa: "Non pode vostede subir nin baixar escaleiras, cada vez que o fai esta acabando co tempo de vida desta articulación... E tampouco se queixe, acabo de despedir a unha nena de 13 anos que está peor que vostede. E se vostede vive nunha casa con dous niveis de escaleiras, mala elección!. E esquézase de que en seis meses poida estar mellor . As dores van estar aí sempre, e o único que pode facer e repetir cada día da súa vida os exercicios que lle van mandar facer os meus compañeiros"
En fín, se me aplico o conto, non podo estar tampouco no meu centro de traballo, onde o ascensor só está dispoñible para xente en cadeira de rodas.
Así que de momento a miña vida deportiva está limitada a facer de fotógrafa (como este domingo pasado na Carreira de Teis), ou de utillera siareira ( labor que me tocará o 21 de marzo na Nocturna de Ourense)
Xa quixera ter outras cousas que dicir, pero me volve a cabeza outra vez a frase de Javier Gutierrez facendo de Márquez
Última edición por Meigalicix o Mér, 04 Mar 2020, 20:35; editado 2 veces