Dom, 08 Mar 2020, 20:07
Asunto: Re: VII CIRCUITO CORRENDO POLA COSTA DA MORTE
Pois hoxe comenzou unha nova edición deste bonito circuito ca 1ª carreira, coma sempre a de Camariñas.
Chegada para recoller o dorsal, e menuda cola que había, (xuntamonos unha chea de xente entre o 10 K e o 3 K) así que tras recollelo, a cambiarse con pouco tempo para quentar, ainda que retrasaron a saida uns 15 minutos.
Perfil moi duro, sobre todo os primeiros Kms. Saida de atrás, e pouco a pouco collendo ritmo, despois de moito subir, impresionante a baixada pola pista de terra cara o faro Vilán, pero en canto a rematamos toca subir outra vez bastante máis dun Km. ahí a xente xa vai tocada, 2 ou 3 van camiñando, eu ó meu ritmiño, cando coronamos xa case que está toda a dureza rematada, queda xa no derradeiro Km. unha subida dura pero corta e a subidiña na que rematamos na meta.
Un neto de 44' xustos (35" menos que no 2019, pero 3 minutos máis que no 2017), que me deixan máis que satisfeito, ainda que coma todos os anos esta carreira non chega ós 10 Kms.
Próxima parada do circuito o 19 de Abril en Vimianzo.