Dom, 29 Mar 2020, 19:15
Asunto: Re: Entrenar respetando medidas co-vid
Pois eu esta semana decidinme a facer leira running na finca pechada que teño diante da casa.
Ata o de agora non me apeteceu correr, xa que sigo indo a traballar e tamén estou aproveitando para desbrozar o monte que temos detrás da casa, onte pola mañán adiquei sobre 2h30'a esta tarefa, e como xa estaba "quente" e sudado, decidín probar a trotar, son uns 200 mts. de perímetro que poido aproveitar, teño que correr con coidado, xa que o terreo e algo irregular con herba en todo el, e ten un certo desnivel, polo que teño un tramo con algo de subida e outro de baixada
Leveino moito mellor do esperado, cada Km. máis ou menos cambio o sentido da marcha para non cargar sempre a mesma parte do corpo, e fixen algo máis de 9 Km. en 53 minutos, non puiden alongar ata a hora, xa que tiña que entrar a traballar pola tarde e xa ia algo xusto de tempo.
Así que coma obxetivo marcareime facer entre 8 e 10 Kms. un par de veces a semana.
Un saudo.