Mar, 19 Mai 2020, 7:53
Asunto: Re: STRAVA
A min os cambios non me parecen nin ben nin mal
Paréceme positivo que simplifiquen os plans de suscripción, aínda que me parece moi cara para o que realmente ofrece. E iso que eu son suscriptor "involuntario". Levo dous anos aproveitando múltiples ligazóns a ofertas de summit gratuíto por un ou dous meses, pero na última metín a pata e non a din de baixa nada máis collela e o rematar o periodo promocional renovaronme a suscripción anual. Non pasa nada, non me doe pagar por algo que uso pero non era o esperado
Aínda así, creo que a suscripción non merece moito a pena xa que moitas desas funcións xa as teño en outros sitios. A analise das zonas cardiacas xa a teño en Garmin, por exemplo. Se había algo que valoraba no Strava era esa curva de Fitness que, con as limitacións que ten, dame unha idea xeral da miña condición que correlaciona bastante ben coas miñas sensacións. Pero xa nin eso preciso, xa que a partir dos datos almacenados en Garmin, fixen un script para calcular por min mesmo esa curva de xeito mellorado (considerando o pulso de todo o día e non só das actividades rexistradas como tal). Así que a principal motivo para a suscripción no meu caso, xa non é necesario. Outras das cousas que proporciona, coma o RAP, tamén as podo calcular eu de xeito automático.
O Strava está moi ben no punto de vista social (motiva ver as actividades que fan os teus contactos), ainda que tamen ten eivas importantes nese sentido (a falta de mensaxes privadas entre usuarios, por exemplo). O dos segmentos, buehh, pode ser divertido pero non lle dou moita importancia (aínda que procuro crear os segmentos que creo que poden ser interesantes). Das opcións que máis me gustan está o Flyby, en especial en carreiras, que te permite ver que usuarios estiveron preto teu (por exemplo, permiteme saber que onte casi me cruzo con un contacto meu. Non nos vimos por 10 segundos)
En resumo, que me parece ben o que fagan. Pola miña parte, cando se acabe a suscripción non voltarei a buscar promocións, aínda que me quede sen saber as clasificacións nos meus segmentos favoritos