Xov, 11 Xuñ 2020, 7:12
Asunto: Re: Me llamabais loco pero soy un visionario
Eu penso que cun pouco de sentido común... hai sitio para todos nos espazos públicos. Facer un carril dun metro de ancho para correr por ahí como se fora unha cinta... non me gusta moito. Vamos, eu non o vexo viable aquí en Santiago. Non me imaxino os sitios máis utilizados para correr (Brañas de Sar, río Sarela, Alameda, parque do Restollal...) duplicando o espacio dispoñible para uso exclusivo dos corredores. Que non utilicen un material axeitado, tampouco me parece ben. Coma sempre, facendo as cousas a medias. Xa non che digo que no momento de que exista ese carril van pasar dúas cousas:
- Que xente andando ou paseando o can o utilice.
- Que no momento de que un corredor pise fóra do carril (porque o vas ter que facer por exemplo cando adiantes a alguén) sexa recriminado.
Vamos, que evitar conflictos... non creo que o consigan. E contentar os corredores... xa veremos. Agora con este que están facendo xa veremos que resultado da.
Eu o que sí faría e gastando catro pesos
sería marcar distancias nos sitios máis transitados polos corredores para facilitar as series.