Mér, 24 Xuñ 2020, 14:53
Asunto: Re: El regreso de las competiciones
Non sei, volvendo enlazar a orixe do tema
Supoño que haberá que correr en boas condicións. Tal vez sería unha idea o feito de que as carriras foran por grupos de tempo que saíran cada X minutos como as contrareloxio de ciclismo, ao fin e o cabo pensando en carreiras pequenas de menos número de xente. Desgraciadamente a San Mrtiño non, por exemplo.
A min tampouco me preocupa volver a competir, xa que estou enganchando outra vez os entrenos con regularidade e ilusión. Tanta ilusión que ate me federei, polo tanto igual estreno algunha pista para entrenar como a de Monterrei en Ourense. E federeime no confinamento, así podería usar ambos horarios ou desprazarme.
Algunha carreira virtual teño feito. A verdade motívame mais saber que vou saír nunha clasificación que facelo por facer. Tales carrerias que fago son
www.confina2running.com/ e
www.26virtual.com/es/h...irtual-es/
Para min non son un timo, son o que son: carreiras virtuais onde subes o teu tempo. Só paguei por unha da Cruz Vermella en Championchip, pero era polo que era. Estas dúas que puxen son gratuítas.
A figura de coordinador de COVID sae en todolos traballos e protocolos, é incríble.
Falade smoito de verán, de setembro, etc. Veremos os rebrotes porque a xente xa baixou a guardia.
Eu corrín a do 8m en Ourense e non coñezo ninguén que a correra e se contaxiara por elo. Pero en Galicia aínda ten que vir o virus. Outra cousa e volverse a confinar, que como idea particular, creo que non o van facer. Pero repito que en Galicia, o noso presidente tivo moita presa para ter as eleccións.
Outro debate sería se é adecuado bares si e carreiras non, pero é o mesmo que os que paseaban aos cans no confinamento. Son cousas para outro foro e opinións particulares.
Seguro que nos sigue unindo o correr e sairemos desta.