Ven, 19 Xuñ 2020, 13:59
Asunto: Re: IV TRAIL VILA DE PADRÓN "DESAFÍO VÉRTICE" (05-SEP-2020)
IV TRAIL VILA DE PADRÓN
“DESAFÍO VÉRTICE” 2020
Reglamento e Programa
MEDIDAS COVID19
A situación producida pola pandemia do COVID19, fixo que adoptemos unhas medidas de seguridade, así como cambios na organización desta edición, que son as seguintes:
1º- Solo se organizará a distancia longa, cambiándose a saída para as 9:30 da mañá.
2º- A proba será en autosuficiencia, polo que cada participante deberá portar os alimentos e líquidos que estime necesario.
A organización terá 1 avituallamento líquido no Km 10 aprox., no que solo se encherán vasos ou botellas que porten os corredores/as.
3º- Non existirán duchas o finalizar aproba.
4º- Será obrigatorio levar mascarilla posta nos autobuses, no traslado a saída.
5º- A saída está por determinar como se fará: en bloque os 200 participantes, en grupos de 25, con mascarilla ou non, etc., a data de hoxe (17/Xuño), a falta de que a Xunta de Galicia mais a Federación Galega de Montañismo, publiquen un protocolo final, que será de obrigado cumprimento.
7º- Unha vez chegado a Meta, será obrigatorio poñer a mascarilla, si non podemos gardar distancias.
8º- Si a proba se tivese que suspender polo COVID19, devolverase o importe da inscrición.
9º- Por último, facemos unha chamada o sentidiño, mantendo todas estas normas por tod@s.
Grazas.
1.- ORGANIZACION E TIPO DE PROBA
1.1.- O Club de Montaña Vértice, coa colaboración do Concello de Padrón e Teo, organiza o IV Trail Vila de Padrón “Desafío Vértice” 2020, que se celebrará o día 5 Setembro do 2020, con saída en A Agrela (Teo) e chegada en Padrón (Paseo do Espolón).
1.2.- Tipo de proba.
Distancia:
Modalidade competitiva con unha distancia de 21,5 kms.
Desnivel positivo aproximado de 1.500 m e un desnivel acumulado de 3.300 m.
Dificultade física: alta
Dificultade técnica: alta
1 Avituallamento (líquido)
Punto de corte :
O participante que sobrepase o tempo límite (3:00h desde a saída) no alto dos muíños eólicos (Km 14,5), deberá coller un desvío de maneira obrigatoria, que o levará as antenas do monte Meda, desde alí, seguirá o trazado da proba ata a meta, colocándose no final da clasificación.
2.-PERCORRIDO
2.1.- O itinerario, con saída xunto á capela de Santa Ana, na aldea de A Agrela, recorre os montes de Lampai en dirección o monte Meda, coroando as cimas máis importantes: Pena das Cruces, Pena de Agrela, Castelo de Roque e o Meda.
Todos os participantes será transportados en autobús desde Padrón ata a saída. Os autobuses sairán a partir das 08:30 do Campo do Souto (campo da feira).
Elevación máxima: 448 m
Elevación mínima: 13 m
Pendente máxima de subida: 40%
Pendente máxima de baixada: 41%
Distancia de asfalto acumulada: 0,7 km,s
3.- PROGRAMA
05 de Setembro (sábado)
07:30 – Apertura dirección de carreira e comezo da entrega de dorsais.
(Paseo do Espolón en Padrón- Zona de Meta)
08:30 – Inicio de transporte (autobuses) dos corredores para a saída en A Agrela, desde o campo da feira (O Souto).
09:30 – Saída da proba.
11:15 – Chegada prevista dos primeiros corredores.
12:30 – Corte horario no alto dos muíños eólicos (Km 14,5).
13:30 – Peche de Meta e cerimonia de entrega de premios
4.- PARTICIPACIÓN
4.1.- Cada participante debe ser consciente da lonxitude e dificultade da proba, que pode desenrolarse baixo condicións climáticas de calor, polo cal debe prever que a súa indumentaria e calzado sexan os adecuados para a práctica de carreiras de montaña.
A realización da inscrición implica que os corredores leron, entenderon e aceptan as condicións do presente Reglamento e participan baixo a súa enteira responsabilidade, afirman poseer unhas condicións físicas suficientes para a realización da proba.
4.2.- O percorrido estará señalizado pola organización con cinta plástica de color vivo, pintura, carteis indicadores ou outros elementos de señalización. E responsabilidade de cada participante localizar a señalización e seguila.
4.3.- Aínda que o percorrido, case na súa totalidade, non transcorre por estradas, en algún momento si se cruza ou se transita durante un pequeno tramo por elas. Polo tanto, estes tramos non estarán cortados o tráfico rodado, debendo os participantes respetar as normas de Tráfico e indicacións da Organización.
Importante prestar atención o cruce da N-550 (xa no casco urbano de Padrón), paso de peóns, onde haberá persoal xestionando ese punto (Km 20.
Coordenadas: 42º44´40.86´´N 8º39´22.72´O
4.4.- Será obrigatorio seguir o itinerario marcado e pasar polos controis reglamentarios establecidos.
4.5.- A Organización poderá realizar as modificacións que considere necesarias no percorrido, incluso a suspensión da proba, si as condicións meteorolóxicas así o aconsellan.
4.6.- O percorrido da proba discorre por paraxes naturais de gran beleza, polo que non debemos ensucialos nin deterioralos, arroxando desperdicios fora das áreas de control.
Será motivo de descalificación o incumprimento desta norma.
4.7.- O participante presta o seu consentimento a Organización do IV Trail Vila de Padrón “Desafío Vértice” 2020, para que poida ser utilizada a súa imaxe na promoción e difusión da proba, de tódalas formas posibles. Calquer persoa inscrita poderá prohibir a utilización expresamente, previa comunicación por escrito dirixida o CDM Vértice a través do seu mail: cdmvertice @ gmail.com
A Organización garantira o pleno cumprimento da Lei Orgánica 15/1999 de Protección de Datos de Carácter Persoal, e de acordo con disposto en dita lei, o firmante queda informado e presta o seu consentimento para a incorporación dos seus datos persoais aos ficheiros automatizados da Organización e o tratamento dos mesmos para a súa utilización en relación con xestións administrativas, comerciais e outras actividades propias da mesma. O participante porá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, mediante escrito dirixido o CDM Vértice a través do seu mail: cdmvertice @ gmail.com
5.- INSCRICIÓN
5.1.- A proba está aberta a todos os deportistas con idade mínima de 18 anos (cumpridos o día da proba). O límite de participantes será de 200 prazas. Si antes da fecha de peche de inscricións (
02 de setembro de 2020), se chegase a dito número, non se admitirán mais participantes.
5.2.- As inscricións poranse formalizar a partir do día 22 de xuño de 2020, a través da páxina web
galitiming.com/inscrip...-line.html rellenando o formulario habilitado a tal efecto, e efectuando a transferencia bancaria correspondente.
Prezo da inscrición: 15€
Existirán dous prazos de inscrición:
1º- desde o 22 de xuño ata o 31 de xullo (solo federados da Federación Galega de Montañismo). A Proba será Campionato Galego de Clubs de Carreiras por Montaña e 1ª Proba da Copa Galega.
2º- desde o 31 de xullo ata o 02 de setembro (federados e non federados)
Unha vez realizada a inscrición, solo se accederá a devolución do importe en caso de lesión ou enfermedade, sendo necesario a presentación dun certificado médico mediante correo electrónico a seguinte dirección: cdmvertice @ gmail.com
A inscrición e persoal e intransferible e supón a aceptación de este Reglamento e a renuncia a todos os dereitos contra a Organización, renunciando a toda acción legal que puidera derivarse da súa participación na proba. Unha vez realizada, baixo ningún concepto, pode ser utilizada por outra persoa diferente a inscrita.
6.- CATEGORÍAS E PREMIOS
6.1.- Categoría absoluta masculina e feminina
Subcategoría Veterana (+40) masculina e feminina
Trofeos os tres primeiros de cada unha das categorías (non acumulables).
7.- AVITUALLAMENTOS
7.1.- Debido a situación do COVID19, a proba disputarase en autosuficiencia, con un único avituallamento, no que solo se lle dará auga os participantes. Por esto, deberán portar vaso ou botella en chaleco ou cinturón, para que lle poidan dar auga.
Km. 10 – Despois de cruzar estrada CP-6502 - Líquido
8.- MOTIVOS DE DESCALIFICACIÓN
8.1.- Motivos de descalificación:
Non pasar polos puntos de control establecidos
Non realizar o recorrido completo
Non respetar o itinerario balizado ou a señalización do recorrido
Entrar na meta sin dorsal
Deixar lixo (envases o envoltorios ou calquer outro desperdicio), fora das zonas de avituallamentos e control)
Non prestar auxilio a outro corredor que o necesite
Participar baixo identidade falsa ou suplantando a outra persoa
9.- RETIRADA E ABANDONOS
9.1.- Calquer corredor porá retirarse da proba sempre que o desexe, advertindo o control máis próximo ou o persoal da Organización e entregando o dorsal.
Si por caso de accidente ou lesión o corredor queda inmobilizado e non pode chegar hasta un punto de control, tendrá que avisar o corredor máis cercan ou esperar o vehículo escoba. Existirá un nº de teléfono para emerxencias.
9.2.- A Organización porá retirar da carreira, baixo o seu criterio, os participantes que teñan problemas físicos evidentes, tales como vómitos, desorientación, desmaio, etc. que poidan poñer en perigo a súa saúde, ou aqueles que teñan mermadas as súas condicións físicas para continuar en carreira.
9.3.- Os participantes están obrigados a prestar auxilio os accidentados ou a aqueles que o requiran.
10.- ENTREGA DE PREMIOS
A entrega de premios farase a partir das 13:30h na liñea de Meta (Paseo do Espolón).
11.- OUTRA INFORMACIÓN
11.1.- A Organización disporá de servizos de asistencia médica.
11.2.- Coordenadas GPS
-Meta/Recollida de dorsal:
42º44´17.20´´N 8º39´41.72´O (Paseo do Espolón)
-Saída Trail:
42º47´00.85´´N 8º37´08.16´O (aldea de A Agrela)
11.3.- Todos os participantes oficialmente inscritos estarán cubertos por unha póliza de seguros concertada pola Organización, que cubrirá os accidentes que se produzan como consecuencia directa do desenrolo da proba e nunca como derivación de un padecemento ou tara latente, imprudencia, inobservancia das leis e do articulado deste Reglamento, así como os producidos nos desprazamentos o y desde o lugar en que se desenrola a carreira.
11.4.- A Organización reservase o dereito de admisión nesta proba.