Foros ›
IV TRAIL VILA DE PADRÓN "DESAFÍO VÉRTICE" (05-SEP-2020)
Foros de debate / Carreiras de Montaña
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
CDM_Vértice

Organización
Organización
21/06/17
2 Carreiras
90 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 19 Xuñ 2020, 13:29
Asunto: IV TRAIL VILA DE PADRÓN "DESAFÍO VÉRTICE" (05-SEP-2020)

Ola a tod@s!
O Club de Montaña Vértice, coa colaboración dos Concellos de Padrón e Teo, organiza:
o IV Trail Vila de Padrón “Desafío Vértice”, que terá lugar o día 5 de Setembro, as 09:30h.
A saída será na aldea de A Agrela - Teo (xunto a Capela de Santa Ana), e chegada no Paseo do Espolón (Padrón).

Campeonato Galego de Clubs e 1ª Proba da Copa Galega de Carreiras por Montaña.
Modalidade competitiva con unha distancia de 21,5 kms.
Desnivel positivo aproximado de 1.500 m e un desnivel acumulado de 3.300 m.
Dificultade física: alta
Dificultade técnica: alta
1 Avituallamento (líquido)
Hora de saída: 9:30h
200 prazas


Apertura de inscricións en Galitiming.
Mais info no Facebook do CDM Vértice
Janeiro99

Novo foreiro
Novo foreiro
27/11/18
21 Carreiras
18 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 19 Xuñ 2020, 13:47
Asunto: Re: IV TRAIL VILA DE PADRÓN "DESAFÍO VÉRTICE" (05-SEP-2020)

Apertura de Inscripcions??
CDM_Vértice

Organización
Organización
21/06/17
2 Carreiras
90 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 19 Xuñ 2020, 13:59
Asunto: Re: IV TRAIL VILA DE PADRÓN "DESAFÍO VÉRTICE" (05-SEP-2020)

IV TRAIL VILA DE PADRÓN
“DESAFÍO VÉRTICE” 2020


Reglamento e Programa


MEDIDAS COVID19

A situación producida pola pandemia do COVID19, fixo que adoptemos unhas medidas de seguridade, así como cambios na organización desta edición, que son as seguintes:

1º- Solo se organizará a distancia longa, cambiándose a saída para as 9:30 da mañá.

2º- A proba será en autosuficiencia, polo que cada participante deberá portar os alimentos e líquidos que estime necesario.
A organización terá 1 avituallamento líquido no Km 10 aprox., no que solo se encherán vasos ou botellas que porten os corredores/as.

3º- Non existirán duchas o finalizar aproba.

4º- Será obrigatorio levar mascarilla posta nos autobuses, no traslado a saída.

5º- A saída está por determinar como se fará: en bloque os 200 participantes, en grupos de 25, con mascarilla ou non, etc., a data de hoxe (17/Xuño), a falta de que a Xunta de Galicia mais a Federación Galega de Montañismo, publiquen un protocolo final, que será de obrigado cumprimento.

7º- Unha vez chegado a Meta, será obrigatorio poñer a mascarilla, si non podemos gardar distancias.

8º- Si a proba se tivese que suspender polo COVID19, devolverase o importe da inscrición.

9º- Por último, facemos unha chamada o sentidiño, mantendo todas estas normas por tod@s.
Grazas.

1.- ORGANIZACION E TIPO DE PROBA

1.1.- O Club de Montaña Vértice, coa colaboración do Concello de Padrón e Teo, organiza o IV Trail Vila de Padrón “Desafío Vértice” 2020, que se celebrará o día 5 Setembro do 2020, con saída en A Agrela (Teo) e chegada en Padrón (Paseo do Espolón).

1.2.- Tipo de proba.

Distancia:
Modalidade competitiva con unha distancia de 21,5 kms.
Desnivel positivo aproximado de 1.500 m e un desnivel acumulado de 3.300 m.
Dificultade física: alta
Dificultade técnica: alta
1 Avituallamento (líquido)

Punto de corte :
O participante que sobrepase o tempo límite (3:00h desde a saída) no alto dos muíños eólicos (Km 14,5), deberá coller un desvío de maneira obrigatoria, que o levará as antenas do monte Meda, desde alí, seguirá o trazado da proba ata a meta, colocándose no final da clasificación.

2.-PERCORRIDO

2.1.- O itinerario, con saída xunto á capela de Santa Ana, na aldea de A Agrela, recorre os montes de Lampai en dirección o monte Meda, coroando as cimas máis importantes: Pena das Cruces, Pena de Agrela, Castelo de Roque e o Meda.
Todos os participantes será transportados en autobús desde Padrón ata a saída. Os autobuses sairán a partir das 08:30 do Campo do Souto (campo da feira).

Elevación máxima: 448 m
Elevación mínima: 13 m
Pendente máxima de subida: 40%
Pendente máxima de baixada: 41%
Distancia de asfalto acumulada: 0,7 km,s

3.- PROGRAMA

05 de Setembro (sábado)

07:30 – Apertura dirección de carreira e comezo da entrega de dorsais.
(Paseo do Espolón en Padrón- Zona de Meta)
08:30 – Inicio de transporte (autobuses) dos corredores para a saída en A Agrela, desde o campo da feira (O Souto).
09:30 – Saída da proba.
11:15 – Chegada prevista dos primeiros corredores.
12:30 – Corte horario no alto dos muíños eólicos (Km 14,5).
13:30 – Peche de Meta e cerimonia de entrega de premios

4.- PARTICIPACIÓN

4.1.- Cada participante debe ser consciente da lonxitude e dificultade da proba, que pode desenrolarse baixo condicións climáticas de calor, polo cal debe prever que a súa indumentaria e calzado sexan os adecuados para a práctica de carreiras de montaña.

A realización da inscrición implica que os corredores leron, entenderon e aceptan as condicións do presente Reglamento e participan baixo a súa enteira responsabilidade, afirman poseer unhas condicións físicas suficientes para a realización da proba.

4.2.- O percorrido estará señalizado pola organización con cinta plástica de color vivo, pintura, carteis indicadores ou outros elementos de señalización. E responsabilidade de cada participante localizar a señalización e seguila.

4.3.- Aínda que o percorrido, case na súa totalidade, non transcorre por estradas, en algún momento si se cruza ou se transita durante un pequeno tramo por elas. Polo tanto, estes tramos non estarán cortados o tráfico rodado, debendo os participantes respetar as normas de Tráfico e indicacións da Organización.
Importante prestar atención o cruce da N-550 (xa no casco urbano de Padrón), paso de peóns, onde haberá persoal xestionando ese punto (Km 20.
Coordenadas: 42º44´40.86´´N 8º39´22.72´O

4.4.- Será obrigatorio seguir o itinerario marcado e pasar polos controis reglamentarios establecidos.

4.5.- A Organización poderá realizar as modificacións que considere necesarias no percorrido, incluso a suspensión da proba, si as condicións meteorolóxicas así o aconsellan.

4.6.- O percorrido da proba discorre por paraxes naturais de gran beleza, polo que non debemos ensucialos nin deterioralos, arroxando desperdicios fora das áreas de control.

Será motivo de descalificación o incumprimento desta norma.

4.7.- O participante presta o seu consentimento a Organización do IV Trail Vila de Padrón “Desafío Vértice” 2020, para que poida ser utilizada a súa imaxe na promoción e difusión da proba, de tódalas formas posibles. Calquer persoa inscrita poderá prohibir a utilización expresamente, previa comunicación por escrito dirixida o CDM Vértice a través do seu mail: cdmvertice @ gmail.com
A Organización garantira o pleno cumprimento da Lei Orgánica 15/1999 de Protección de Datos de Carácter Persoal, e de acordo con disposto en dita lei, o firmante queda informado e presta o seu consentimento para a incorporación dos seus datos persoais aos ficheiros automatizados da Organización e o tratamento dos mesmos para a súa utilización en relación con xestións administrativas, comerciais e outras actividades propias da mesma. O participante porá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, mediante escrito dirixido o CDM Vértice a través do seu mail: cdmvertice @ gmail.com

5.- INSCRICIÓN

5.1.- A proba está aberta a todos os deportistas con idade mínima de 18 anos (cumpridos o día da proba). O límite de participantes será de 200 prazas. Si antes da fecha de peche de inscricións (02 de setembro de 2020), se chegase a dito número, non se admitirán mais participantes.

5.2.- As inscricións poranse formalizar a partir do día 22 de xuño de 2020, a través da páxina web galitiming.com/inscrip...-line.html rellenando o formulario habilitado a tal efecto, e efectuando a transferencia bancaria correspondente.

Prezo da inscrición: 15€
Existirán dous prazos de inscrición:
1º- desde o 22 de xuño ata o 31 de xullo (solo federados da Federación Galega de Montañismo). A Proba será Campionato Galego de Clubs de Carreiras por Montaña e 1ª Proba da Copa Galega.

2º- desde o 31 de xullo ata o 02 de setembro (federados e non federados)

Unha vez realizada a inscrición, solo se accederá a devolución do importe en caso de lesión ou enfermedade, sendo necesario a presentación dun certificado médico mediante correo electrónico a seguinte dirección: cdmvertice @ gmail.com

A inscrición e persoal e intransferible e supón a aceptación de este Reglamento e a renuncia a todos os dereitos contra a Organización, renunciando a toda acción legal que puidera derivarse da súa participación na proba. Unha vez realizada, baixo ningún concepto, pode ser utilizada por outra persoa diferente a inscrita.

6.- CATEGORÍAS E PREMIOS

6.1.- Categoría absoluta masculina e feminina
Subcategoría Veterana (+40) masculina e feminina
Trofeos os tres primeiros de cada unha das categorías (non acumulables).

7.- AVITUALLAMENTOS

7.1.- Debido a situación do COVID19, a proba disputarase en autosuficiencia, con un único avituallamento, no que solo se lle dará auga os participantes. Por esto, deberán portar vaso ou botella en chaleco ou cinturón, para que lle poidan dar auga.

Km. 10 – Despois de cruzar estrada CP-6502 - Líquido

8.- MOTIVOS DE DESCALIFICACIÓN

8.1.- Motivos de descalificación:

Non pasar polos puntos de control establecidos

Non realizar o recorrido completo

Non respetar o itinerario balizado ou a señalización do recorrido

Entrar na meta sin dorsal

Deixar lixo (envases o envoltorios ou calquer outro desperdicio), fora das zonas de avituallamentos e control)

Non prestar auxilio a outro corredor que o necesite

Participar baixo identidade falsa ou suplantando a outra persoa

9.- RETIRADA E ABANDONOS

9.1.- Calquer corredor porá retirarse da proba sempre que o desexe, advertindo o control máis próximo ou o persoal da Organización e entregando o dorsal.
Si por caso de accidente ou lesión o corredor queda inmobilizado e non pode chegar hasta un punto de control, tendrá que avisar o corredor máis cercan ou esperar o vehículo escoba. Existirá un nº de teléfono para emerxencias.

9.2.- A Organización porá retirar da carreira, baixo o seu criterio, os participantes que teñan problemas físicos evidentes, tales como vómitos, desorientación, desmaio, etc. que poidan poñer en perigo a súa saúde, ou aqueles que teñan mermadas as súas condicións físicas para continuar en carreira.

9.3.- Os participantes están obrigados a prestar auxilio os accidentados ou a aqueles que o requiran.

10.- ENTREGA DE PREMIOS

A entrega de premios farase a partir das 13:30h na liñea de Meta (Paseo do Espolón).

11.- OUTRA INFORMACIÓN

11.1.- A Organización disporá de servizos de asistencia médica.

11.2.- Coordenadas GPS

-Meta/Recollida de dorsal: 42º44´17.20´´N 8º39´41.72´O (Paseo do Espolón)

-Saída Trail: 42º47´00.85´´N 8º37´08.16´O (aldea de A Agrela)


11.3.- Todos os participantes oficialmente inscritos estarán cubertos por unha póliza de seguros concertada pola Organización, que cubrirá os accidentes que se produzan como consecuencia directa do desenrolo da proba e nunca como derivación de un padecemento ou tara latente, imprudencia, inobservancia das leis e do articulado deste Reglamento, así como os producidos nos desprazamentos o y desde o lugar en que se desenrola a carreira.

11.4.- A Organización reservase o dereito de admisión nesta proba.
CDM_Vértice

Organización
Organización
21/06/17
2 Carreiras
90 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 19 Xuñ 2020, 14:02
Asunto: Re: IV TRAIL VILA DE PADRÓN "DESAFÍO VÉRTICE" (05-SEP-2020)

Janeiro99 escribió:
Apertura de Inscripcions??

Previsto a partir do día 22 de xuño, con dous prazos:
1º sólo federados ata o día 31 de xullo
2º tod@s (federados e non federados) ata o 2 de setembro.
Rufino

Montañés
Montañés
10/09/12
0 Carreiras
1039 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 19 Xuñ 2020, 14:59
Asunto: Re: IV TRAIL VILA DE PADRÓN "DESAFÍO VÉRTICE" (05-SEP-2020)

Moitas grazas pola info.
Un saudo e sorte ca organización.
Saudos.
Pablooooo

Novo foreiro
Novo foreiro
10/10/19
100 Carreiras
21 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Ven, 19 Xuñ 2020, 16:59
Asunto: Re: IV TRAIL VILA DE PADRÓN "DESAFÍO VÉRTICE" (05-SEP-2020)

Gracias pola info!
Sorte coa organización!
CesGti

Montañés
Montañés
9/12/09
666 Carreiras
1302 Mensaxes
ROIS
Respostar citando Envío Lun, 22 Xuñ 2020, 19:03
Asunto: Re: IV TRAIL VILA DE PADRÓN "DESAFÍO VÉRTICE" (05-SEP-2020)

ahi estara TRIBU TRAIL cun ejercito de gladiadores !!!!!


por onde pasamos,non medra a herba!!!!
Rufino

Montañés
Montañés
10/09/12
0 Carreiras
1039 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 25 Xuñ 2020, 8:40
Asunto: Re: IV TRAIL VILA DE PADRÓN "DESAFÍO VÉRTICE" (05-SEP-2020)

CesGti escribió:
ahi estara TRIBU TRAIL cun ejercito de gladiadores !!!!!


por onde pasamos,non medra a herba!!!!

Se mal non me lembro no trazado tamén había zonas de toxos, xa postos....
Saudos.
cK13

Montañés
Montañés
26/11/15
0 Carreiras
2123 Mensaxes
Caldas de Reis
Respostar citando Envío Dom, 28 Xuñ 2020, 9:24
Asunto: Re: IV TRAIL VILA DE PADRÓN "DESAFÍO VÉRTICE" (05-SEP-2020)

....Y mira que dije que no volvería despues de lo mmucho que sufrí........pues ya estoy apuntado
CDM_Vértice

Organización
Organización
21/06/17
2 Carreiras
90 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 14 Xul 2020, 9:36
Asunto: Re: IV TRAIL VILA DE PADRÓN "DESAFÍO VÉRTICE" (05-SEP-2020)


CDM_Vértice

Organización
Organización
21/06/17
2 Carreiras
90 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 29 Xul 2020, 18:05
Asunto: Re: IV TRAIL VILA DE PADRÓN "DESAFÍO VÉRTICE" (05-SEP-2020)

Boas tardes!, recordamos que a partir do dia 31 de xullo, as inscripcións estarán abertas para tod@s: federad@s e non federad@s.

Web inscripcións
ManuelCR

Maratoniano
Maratoniano
21/12/14
0 Carreiras
218 Mensaxes
PontepicosTrail
Respostar citando Envío Mar, 25 Ago 2020, 18:22
Asunto: Re: IV TRAIL VILA DE PADRÓN "DESAFÍO VÉRTICE" (05-SEP-202

Podeis poner perfil del recorrido. Gracias.
CDM_Vértice

Organización
Organización
21/06/17
2 Carreiras
90 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 26 Ago 2020, 7:58
Asunto: Re: IV TRAIL VILA DE PADRÓN "DESAFÍO VÉRTICE" (05-SEP-2020)

Bos días, este é o perfil da proba, destacar que o avituallamento 1º e 3º non existirán. Sólo teremos un (o que antes era o 2º), que será sólo líquido (agua e isotónico).
Recordade levar vaso ou botella, sólo serviremos neses envases.


CDM_Vértice

Organización
Organización
21/06/17
2 Carreiras
90 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 26 Ago 2020, 9:58
Asunto: Re: IV TRAIL VILA DE PADRÓN "DESAFÍO VÉRTICE" (05-SEP-2020)

Actualizamos as medidas COVID-19 para o IV Desafío Vértice:

1º- A proba será en autosuficiencia, polo que cada participante deberá portar os alimentos e líquidos que estime necesario.
A organización terá 1 avituallamento líquido no Km 10 aprox., no que solo se encherán vasos ou botellas que porten os corredores/as.

2º- Non existirán duchas o finalizar a proba.

3º- Será obrigatorio levar mascarilla posta nos autobuses, no traslado a saída. A saída dos autobuses comenzará as 8:30, no Campo da Feira.

4º- Na zona de saída: mentras esperamos a dar a saída, os participantes deberán manter a mascarilla posta. Unha vez que a proba comence, @s corredores/as poderán sacar a mascarilla cando así o desexen, así como volver a poñela cando o vexan necesario (avituallamento, cercanía con outros participantes, etc). A saída será en bloque.

5º- Unha vez chegado a Meta, será obrigatorio poñer a mascarilla.

6º- Todo participante está obligado a entregar firmada a Declaración Responsable o recoller o dorsal. (adxuntamos enlace)

7º- Os Federados, terán que mostrar a licencia o recoller o dorsal, non se retendrá dita licencia por parte da Organización.

8º- No caso de abandonos, temos un protocolo específico para recoller estos abandonos.

9º- Por último, facemos unha chamada o sentidiño, mantendo todas estas normas por tod@s.
Grazas.
Declaración Responsable
Kurty

Experto no foro
Experto no foro
26/03/05
494 Carreiras
3779 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 27 Ago 2020, 16:01
Asunto: Re: IV TRAIL VILA DE PADRÓN "DESAFÍO VÉRTICE" (05-SEP-202

Pois eu como non son un corredor montuno, non me enterei da celebración desta proba, que me queda cerca da casa. E como só son 200 os participantes, xa están pechadas as inscripcións.
Se alguén non pode asistir, e se pode formalizar o cambio da inscripción mercaríalle o dorsal.

Graciñas.





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos